XUNTANZA REDE OU. 10 de febreiro de 2017 (O Carballiño)
Venres 10/02/2017  

Acta en pdf: 170210 – Acta – Carballiño

 

XUNTANZA REDE OU. 18 de decembro de 2016 (Ourense)
Domingo 18/12/2016  18h30

Acta en pdf: acta_redeou_orzamentos2017

XUNTANZA REDE OU. 27 de novembro de 2016 (Ourense)
Domingo 27/11/2016  17h

Acta en pdf: 161127-acta-ourense

XUNTANZA REDE OU. 16 de outubro de 2016 (Toén)
Domingo 16/10/2016  17h

Acta en pdf: 161016-acta-toen

XUNTANZA REDE OU. 31 de xullo de 2016 (Pereiros, Taboadela)
Domingo 31/07/2016  17h

Acta en pdf: acta_xuntanza_160731

Reunidos representación de Taboadela, Toen, Punxín,X de Ambía, Beariz,
Carballiño e Ourense.
1º Repasar borrador da rede.
Apróbase un documento base con achegas e sen pechar. Estudiase a
posibilidade de facer un órgano para poder pedir subvencións, dominios de
internet, e unha representación ante órganos públicos en caso de necesidade.
Quedando clara a independencia e cada grupo en apoiar ou desmárcase
destes temas. O marco para definir estas propostas podería ser unha
asociación cultural ou similar, sempre tendo clara a función da rede e non
suplantar a ninguén nin e máis ben por motivos de eficacia e administración.
Queda nomeado un grupo momentáneo para pór a funcionar este borrador,
rexeitando Xabier e Bernardo á súa inclusión nos órganos de traballo.
Coordinador: Carlos Toén, voceiros: Joaquín Punxín e José Antonio Taboadela,
secretario: X. Ambía, tesoreiro: Beariz.
Se non hai trocos de última hora todo esto estará ata próxima reunión onde se
decidirán definitivamente, sendo o prazo de representación dun ano
prorrogables.
2º Análisis das eleccións e marea constituinte.
Os asistentes ás mesmas David, Carlos, Bernardo, Xabier, comentan as súas
impresións, son todas positivas. A rede manifesta o seu apoio ao constituínte e
transmite á súa dispoñibilidade a cooperar dende o ámbito rural, a espallar a
mensaxe e colaborar na campaña da marea.
Así mesmo faise saber a necesidade de apostar máis polo rural na campaña
para tentar atraer votos dos pobos, xa que pénsase que nas últimas eleccións
o rural quedou sen explotar o seu potencial de votos cara a marea, sempre en
tono positivo e constructivo; defecto foi unha aportación miña é de sentir común
nos presentes. Só Punxín comenta que seus votantes de cambio intelixente
son só PSOE e PP, máis o represnetante de Punxín concorda que o enemigo
á batir e actual xunta.
Mandarase á prensa unhas declaracións de apoio á marea e a dispoñibilidade
da Rede a colaborar na campaña.
3º Outros:
Fálase de ampliar a colaboración a concellos limítrofes como a Cañiza para
axudalos no que se poida mentras non teñan unha rede ou similar na súa
provincia. O fundamental é ampliar a idea de colaboración entre os diferentes
actores políticos e non políticos pero que teñen o que teñan os mesmos
principios e mesmas metas. Quedando clara a vontade de non inmiscuirse
noutras provincias máis ala do plano de compartir información e axuda mutua,
sin ter voto na redeou. Repártese o territorio entre os asistentes para falar
directamente cos grupos, asociacións etcc, que teñan inquedanzas de mudar
as cousas no seu concello sempre dende o prisma progresista
Por último, queda definido o sábado 17 setembro para próxima xuntanza. Xa se dirá o concello

REUNIÓN COS 3 ALCALDES. 14 de xullo de 2016 (Santiago de Compostela)
Xoves 14/07/2016  17h15 
OBXECTIVO: Reunión dos procesos municipalistas das 7 cidades e os alcaldes do cambio

Comezan os “alcaldes do cambio” cunha introducción á reunión agradecendo a asistencia de todos os procesos municipais convocados e explicando os motivos da súa carta conxunta: a necesidade de crear un espazo único onde tódalas partes confluintes se poidan sentir cómodas. Explican que tiveron unha xuntanza con máis alcaldes de procesos similares e que, ademais desta á que fomos convocadas, tamén terán unha coa mesa de diálogo das Mareas en Común así como dos partidos políticos que poidan estar interesados nesta confluencia.

Propoñen unhas liñas xerais para unha convocatoria aberta que propicie este espazo común, e piden a opinión de cada participante da reunión.

Esta proposta sería a celebrar os días 23 ou 30 de xullo, en Vigo. Na que se traten temas como as primarias, a forma de goberno, os principios políticos e o programa, partindo da base dos documentos das desenvolvidos participativamente polas Mareas en Común e dando a oportunidade a quen non participou neles á súa enmenda. Explican a necesidade de que nesta xornada haxa unha participación indicvidual e expoñen as súas dúbidas entre as opcións de convocatoria aberta ou crear un censo previo, ven a través da suma dos existentes ou creando un novo asinando o seu propio manifesto.

Para organizar esta convocatoria propoñen a creación dunha comisión xestora, dunhas 9 persoas de consenso, da que forman parte eles mesmos, asumindo a responsabilidade da súa convocatoria, e sen cotas por ningunha parte. As funcións desta comisión serían de intendencia, a elaboración da orde do día e a metodoloxía a utilizar.

Acto seguido fixemos unha rolda de opinións de cada unha das participantes. Na que parece que houbo unha boa aceptación da iniciativa e concretamente sobre o día 30 e a cidade de Vigo, a necesidade da creación dese espazo único, sobre partir da base dos documentos das Mareas en Común e sobre a creación desa comisión xestora, á que se propuxeron algúns nomes. Sobre o censo, e ante as dificultades legais da fusión de bases de datos pola lei de protección de datos, pareceu máis acaida a creación dun novo asinando a súa carta, no que se fomentará a adscripción facendo un chamamento a través dos xa existentes.

Pola nosa parte explicamos que neste tipo de reunións, ás que estamos encantadas de asistir e celebramos a súa convocatoria polo ben do proceso, non temos capacidade de decisión, xa que non traballamos por representatividade. Que a proposta que fan vai na liña do que temos falado e aprobado na nosa asemblea e que o método máis acaido é o que eles mesmos explican, de participación individual.

Sen máis tempo, debido ao número de intervencións, rematamos a reunión agardando que o resto de convocados asistan e teñan unha boa sintonía coa proposta dos tres alcaldes.

XUNTANZA MAREAS EN COMÚN. 9 de xullo de 2016 (A Estrada)

Sábado 09/07/2016  10h00 

Resumo dos acordos:
1. Valorar positivamente o traballo realizado polas activistas das distintas mareas nos encontros das Mareas en Común, desde xaneiro ata xuño, que teñen dado un exemplo de xenerosidade para construír un espazo común de convivencia e intervención política.

2. Ratificarse nos documentos aprobados durante a Marea Viva –Organización Interna, Código Ético, Forma de Goberno e Regulamento de Primarias– como ADN central para a construción dun proceso participativo, democrático e asembleario.

3. Valorar positivamente a declaración dos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol no seu chamamento á confluencia baseado na superación do formato da coalición de En Marea, á ampliación dos axentes do espazo de cambio e á aceptación dos documentos de Mareas en Común como base metodolóxica da confluencia.

4. Asumir Mareas en Común como unha metodoloxía que se ofrece a todos os axentes do cambio en Galicia (partidos, mareas, persoas, movementos…) que ten como única función asegurar a construción das estruturas participativas descritas nos documentos de MeC.

5. Constituír un grupo de negociación para iniciar o diálogo cos axentes do cambio e trasladarlles a metodoloxía e os documentos das Mareas en Común. Tamén impulsará a convocatoria dunha asemblea constituínte na que se constrúa o novo espazo de confluencia, tal e como se defende no manifesto dos tres alcaldes.
Tamén se acordou que esta comisión negociadora tentase organizar canto antes unha xuntanza técnica con todos os axentes do cambio, para preparar a metodoloxía da asemblea constituínte. A data límite que marcou o plenario foi o 17 de xullo, debido á urxencia dos prazos. En resposta a este mandato, o luns enviouse unha carta aos partidos que forman parte de En Marea e aos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol: http://goo.gl/w7jTnq

Durante o encontro, os grupos de traballo realizaron presentacións breves dos documentos aprobados na Marea Viva, con especial atención ao traballo que hai que desenvolver de agora en adiante. Aquí podedes estas intervencións en vídeo: https://goo.gl/W5SAJB

Documentos da xornada:

Máis información:

XUNTANZA CON VECIÑAS DA CAÑIZA. 1 de xullo de 2016 (A Cañiza)
Venres 01/07/2016  17h30 
OBXECTIVO: pór en marcha un movemento municipalista ao xeito das “mareas”

Despois de explicarnos a difícil realidade política  que teñen nesa comarca onde a liña que separa o ámbito político do persoal e case einexistente, o grupo promotor da iniciativa comenta que o seu plan de traballo pasa pola creación dun partido instrumental, a consolidación dun grupo de persoas implicadas e comprometidas no proceso, o facerse visible á cidadanía e a realización de actividades participativas na rúa.
Solicitan dos grupos afíns ou de natureza municipalista, como OUeC, colaboración e axuda que neste primeiro momento concretaríase en acudir ás súas invitacións ás actividades que organicen. Nesa mesma liña solicítannos poder participar en eventos e actividades organizadas por OUeC para poder, de ser o caso, poñelas en práctica na Cañiza.

REUNIÓN POLA CONFLUENCIA. 30 de xuño de 2016 (Local de Compostela Aberta. Santiago de Compostela)
Xoves 30/06/2016  20h no local de Compostela Aberta
OBXECTIVO: Fortalecer o processo de confluencia e impulsar um calendario conxunto e consensuado de aqui ás eleiçons autonómicas.

ASISTENCIA: de xeito particular  e non como OUeC

PROPOSTA PARA A CONFLUENCIA

1. Formación dunha ‘Mesa Constituínte ‘ de ‘En Marea’ que:
A. Impulsada e avalada polos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol (e outras alcaldías que se queiran sumar)
B. Teña representación das principais mareas, organizacións políticas e intermareais.
C. Inicie a territorialización do proceso de confluencia
D. Incorpore como punto de partida as metodoloxías e o traballo realizado por ‘Mareas en Común’.
E. Aproveite a marca e o traballo de ‘En Marea’.
F. Calendarice o proceso de cara as autonómicas
G. Defina o código ético da candidatura.

2. Circunscripción da coordenadora de ‘En Marea’ ao traballo relacionado estrictamente co Grupo Parlamentar

REUNIÓN CON REPRESENTANTES DE EN MAREA. 28 de abril de 2016 (Espazo en Común)
Xoves 28/04/2016  19h no Espazo en Común

Reunión previa á “rendición de contas”  de EnMareaParticipan: Vanesa Angustia, Elena Cardezo, David Bruzos, Antón Gómez-Reino e Xaime Subiela.

As deputadas de EnMarea amosan a súa vontade de colaboración coas candidaturas municipais. OUeC concorda e explica a súa necesidade para ter un fío de información directa coa administración central do estado.

Dende En Marea preguntan que é o que màis lle preocupa nestes momentos a OUeC de ámbito estatal. Preguntamos sobre o Ave en Ourense (estación intermodal). Comentamos os proxectos que hai sobre a mesa e a proposta de OUeC, unha estación intermodal única. Falamos tamén sobre o caso da Praza de Abastos e sobre o Claustro de San Francisco. As deputadas de EnMarea explican que non teñen máis información que nós, anque fixeron as preguntas pertinentes no congreso só queda esperar unha resposta, que nunca chegou.

Comentamos tamén, outros temas nos que se está a traballar e que poden ser de interese para as deputadas de EnMarea, como o PXOM, a Cárcere antiga e Bemposta.

Tamén mostran interese en saber que opina OUeC sobre EnMarea. Ante o que OUeC mostra o noso descontento por como se iniciou o proceso. Explicamos que con vontade e cos principios que rixen a OUeC, se os comparten, participación aberta , transparencia e horizontalidade, que nos podemos chegar a entender. En Marea explica que está dando pasos para correxirse e fálase do regulamento de En Marea, ao cal lles respondemos que falta por tratalo nunha asemblea, polo que aínda non temos unha opinión ao respecto.

E finalmente fálase de como pode haber confluencia entre tódolos procesos municipalistas e de crear lóxicas onde nin haxa vencedores nin vencidos. En Marea tamen di que hai problema de tempos, dependendo de cando se celebren as eleccións galegas.

ENCONTRO COA MAREA DE PONTEVEDRA. 21 de marzo de 2016 (Espazo en Común)
Luns 21 de marzo de 2016

Reunidas representantes da Marea Pontevedra e Ourense en Común en Ourense o día 21 de Marzo.

As compañeiras da Marea de Pontevedra explican a razón da reunión, crear un contacto con iniciativas semellantes ás súas. Comentan que xa tiveron unha reunión coa Marea Atlántica. Por outro lado, tamén, é obxectivo unir lazos de cara ao futuro e ver, entre todas, como se afrontan as vindeiras eleccións e como se xestionará o proceso de Mareas en Común. Evidencian que a candidatura para as estatais non é o xeito polo cal gostarían concorrer ás nacionais. Comentan tamén que os tempos corren na nosa contra e que hai que tomar pulo para dar un paso adiante. Expresamos nós tamén a nosa disconformidade de como se fixeron as cousas nas eleccións estatais. E desta volta participamos dende o principio no proceso Mareas en Común. Tal e como faremos en calquera outra iniciativa á que nos conviden. Comentamos que agora mesmo se está traballando a bo ritmo, anque a veces asemelle que nas reunións.

Falamos das posibilidades de estruturar este proceso, das pros e contras dunha estrutura territorial e das novas relacións de colaboración que se están a facer entre as mareas, coma a Rede provincial de Ourense ou diferentes experiencias que se están a levar na provincia de Pontevedra.

Con respecto á velocidade comentamos que os grupos de traballo están funcionando moi ben, pero que o tempo non para. Falamos da necesidade de crear unhas listas, un programa pero tamén de que hai que ter un proceso cohesionado, con confianza e que teña proxección de futuro, soporte para un futuro goberno.

Ademais, tamén falamos de mobilidade municipal. Xa que Pontevedra é un modelo referente, pedimos outro punto de vista sobre o plan de mobilidade de Ourense, que ten moitos problemas. Explican que en Pontevedra o modelo de cidade é máis que un PXOM, xa que tamén indica a xestión dos espazos. Medidas como pacificación do tráfico, con máis de 300 lombos. Pero que non hai solucións máxicas, xa que estes tamén teñen problemas. Explican que este modelo non é todo ouro o que reluce e para tomalo como referencia hai que facelo con moita cautela.

Preguntamos como se planifica un modelo deste tipo. Comentan que non existe, que en Pontevedra o Goberno municipal vai improvisando e cambiando o PXOM con modificacións parciais. E que hai que ter moito coidado de non beneficiar demasiado a unhas zonas peatonalizándoas en detrimento de outras.

Rematamos cun acordo de seguir estando en contacto e colaborar en calquera cousa que precisemos as unhas das outras.

XUNTANZA REDEOU. 17 de abril de 2016 (Ribadavia)
Domingo 17/04/2016  20h30 en Ribadavia

A rede de candidaturas veciñais de Ourense reuniuse este domingo en Ribadavia continuando co traballo de colaboración e coordinación entre candidaturas veciñais municipais que constitúe o espazo Rede Ou.
A nosa vocación continúa a ser a de compartir problemáticas e necesidades para por en común solucións ás mesmas desde cada un dos nosos Concellos, pero tamén sendo conscientes que unicamente desde o ámbito municipal non virá a solución a todas as nosas problemáticas actuais.
É por isto que no contexto actual, a dunha hipotética repetición das eleccións xerais e das vindeiras eleccións autonómicas, estamos obrigados e obrigadas a plantexarnos a nosa colaboración e coordinación máis aló do ámbito municipal. Así, hoxe foi unha xornada convocada arredor do debate para as vindeiras convocatorias electorais, debate no cal déronse unha serie de acordos unánimes:
– Existe unha demanda de participación, e esta debe darse a través da adscrición a nivel individual.
– É necesario que existan espazos de participación no nivel máis próximo á cidadanía.
– E é imprescindible que exista un único espazo de confluencia para os vindeiros procesos electorais a través da permeabilidade e encontro de todas as iniciativas que ao longo do País están xa a traballar para unha Marea Galega .
– Por último, deuse unanimidade arredor da continuidade do espazo de Rede Ourense como lugar de debate e coordinación entre as diferentes mareas e candidaturas veciñais que a compoñen.

REUNIÓN COA ASOCIACIÓN COMERCIANTES A PONTE. 26 de abril de 2016 (Espazo en Común)
Martes 26/04/2016  20h30 no Espazo en Común

A representante da Asociación manifesta a nula vontade do alcalde de destinar á Praza de Abastos ao obxectivo que tiñan as subvencións que se utilizaron para a súa reforma, e que non eran outros que potenciar o pequeno mercado e non as grandes superficies nin a especulación. Tal apreciación baséase nas palabras do alcalde na xuntanza que tivera cos comerciantes tales como “un mercado aquí no tiene sentido” ou “aquí estaría bien una pinacoteca”, ademáis de indicar que os locais ían saír moi caros, tal e como se comprobou logo na realidade o que indica, segundo os comerciantes, un nulo desexo de viablidade da praza por parte do concello.

Entre as ideas que aportan os representantes da Asociación figuran a de darlle un dobre uso: mañá mercado e tarde locais para degustación con un uso cultural engadido (exposicións, actos culturais,…). Coidan que deberían ser persoas emprendedoras as que optasen aos locais para poner en valor non só o espazo da Praza senón o barrio ou, a lo menos, o seu entorno.

Habería que facer un estudo real dos gastos de mantemento e utilización da praza e, en base a eles, cobrar polos locais.

Entre as acción que está a levar a cabo a Asociación figuran a recolleita de sinaturas nos
diferentes locais comerciais da Ponte e posteriormente unha previsible manifestación/concentración multitudinaria diante da Praza.

Solicitan o apoio de OUeC e achegan un enderezo electrónico para podérmonos manter
informados en ámbalas dúas direccións.

REUNIÓN CON DO E PSOE. 15 de marzo de 2016 (Local de Democracia Ourensana na Casa do Concello
Martes 15/03/2016  17h no Local D.O no concello
Reunidos: representantes dos 3 grupos municipais.
A reunión convocada a instancias de DO tiña como obxecto falar sobre unha posible
moción de censura ao goberno actual do PP, así como do traballo que está a realizar a
oposición e en que poderían colaborar de forma conxunta para realizar un mellor
traballo.
– Gonzalo dende DO comeza expondo a situación actual, indicando que el está en
política para cambiar o mundo , e que este cambio débese levar a cabo mediante a
acción. Polo que eles propoñen realizar unha moción de censura, pide saber cal é o
posicionamento do resto de grupos da oposición. Tamén os insta a que se teñen
algunha idea que non sexa a moción de censura que a expoñan.
– Miguel Caride, propón levar unha orde nos temas a tratar polo que relata unha serie
de puntos a ter en conta:
1. Estamos de acordo co diagnóstico da falta de xestión por parte do PP.
2. Xa coñecemos a postura de OUeC en relación á moción de censura e sobre
co-gobernar, ao xa ter falado antes da investidura do actual goberno. Agora Hai un
matiz, que é a valoración dos 8 meses de goberno.
3. Falta coñecer cal é o posicionamento do PSOE en relación a dita situación.
4. Se a moción de censura non é viable, sería interesante traballar en como
establecer liñas para unha acción conxunta.
5. A estratexia do PP da a sensación de ser de unha inactividade actual , para
posteriormente pasar a unha hiperactividade cando se chegue ás próximas eleccións,
e máis ca posibilidade de prorrogar os presupostos.
– Javier Rey dende o PSOE, indica que cando chegue Barquero poderá dar unha
resposta máis detallada, o que si pode afirmar é que a moción de censura non está na
axenda ao rexerse por unha serie de procesos orgánicos dentro do partido ademais
dos diversos escenarios políticos que se lles aveciñan. Indica tamén que para un
suposto ou posible goberno conxunto, habería que pórse de acordo en que e como se
vai a gobernar, así como implementar a confianza do PSOE para gobernar con DO.
Conclúe afirmando que hai que deixar de facer oposición da oposición, e crear un
mellor ambiente para coordinarnos.
– Gonzalo recalca que o alcalde ten o cazo polo mango, agás no PXOM, que precisa
do PSOE, ou nos orzamentos, aínda que os pode prorrogar. O poder da oposición
queda relegado, a non poder incidir en moitísimo temas, caso da banda de música…
– Barquero, o cal se incorpora á reunión, incide ao igual que o seu compañeiro en que
a posición é non falar de moción de censura ata o momento, non está na axenda e a
futuro xa se verá. O partido está noutros procesos. Polo que se focaliza en que o
enfoque da reunión sexa para articular unha posición de oposición, xa que se poden
facer diversas cousas: orzamento, PXOM, transporte metropolitano. Sería moi
interesante articular a oposición, sobre todo con OUeC, sendo consciente dos diversos
puntos de vista que ten cada partido. Traballar en base ao diálogo, xa que o que máis
dano fai a este goberno e que as mocións aprobadas non se cumpran, para o que é
necesario que toda a oposición se implique. Recalca a utilidade das mocións, aínda
que estas non sexan vinculantes.
– Gonzalo entende que isto é só unha estratexia cara o 2019 para desgastar ao
goberno, para el a oposición serve pero só para as seguinte eleccións.
– Caride, chegados a este punto, realiza unha síntese do falado ata o de agora:
o Descártase a moción de censura.
o Reafírmase que se está de acordo na diagnose sobre o goberno por parte da
oposicións.
o Medidas para unha oposición colaborativa ou comúns:
§ Non facer oposición da oposición.
§ Posición PSOE temas chave, segundo Barquero:
– En relación ao PXOM, indica que votará a favor dado que xa o fixo
anteriormente e debe ser coherente. O que si, incide en que acadar o
maior número de informes técnicos que doten de maior seguridade ao
plan. Así, as alegacións que teñan o ok dos informes técnicos as apoiarán.
En relación ao modelo de xestión proposto polo PP, demandarán unha
xustificación técnica para dar o seu apoio a dito cambio.
– No tocante a Orzamentos, recalca que xa se puideron ter presentado,
aínda que o goberno tende a empregar diferentes argumentacións para
gañar tempo, caso do Plan Económico –Financeiro ou da elaboración da
RPT. Mostran que o problema real é técnico a causa da carga de traballo
e o reducido persoal para tal tarefa.
– Carlos García de OUeC indica que:
– Seguimos ca mesma liña xa mostrada en reunións anteriores con DO,
aínda que como é lóxico todo pode cambiar.
– Unha moción de censura debe ir apoiada ou baseada nun programa de
goberno acorde e factible aos obxectivos de OUeC que buscan un avance
real para o noso concello. E para tratar sobre dito tema é necesario ir
todos da man.
– Para nós a oposición si ten unha tarefa dobre: presentar mocións para a
mellora do gobernos e fiscalizar o seu traballo. Constrúese con mocións,
ademais de facer unha labor didáctica ca cidadanía. O mundo cámbiase
educando á xente, non dando un “golpe de estado”
– Posibilidade de coordinarse como oposición conxunta mediante o traballo
cas mocións e a fiscalización.
– Barquero, recalca de novo os tempos que cada partido debe ter e seguir, a política
ten os seus tempos, xa que Gonzalo insiste en facer algo para cambiar o goberno, non
para gastalo.
– Martiño, di que se o PSOE non está, non ten lugar falar de moción de censura.
Indica a necesidade de crear un clima de traballo a través dunhas liñas que faciliten
crear un contexto no que se visualicen as dinámicas desenvoltas no concello, e seguir
a traballar mediante as mocións e a fiscalización do traballo do goberno, en aras de
mostrar á cidadanía a labor que dende o concello se está a levar. Polo que se fai clave
que DO non se absteña nas votacións das mocións.
– Caride fai unha síntese. Dous temas base: os tempos, marcados por cada partido,
e principalmente polas propias dinámicas do PSOE dada a súa estrutura e carácter de
partido federal, non como DO e OUeC que son de ámbito provincial e local.Óptase
pois por centrarse no outro gran tema, o traballo conxunto a través de unha oposición
coordinada tanto a nivel de mocións como de fiscalización, en base aos puntos en
común e respectando sempre as ideas de cada agrupación. Partindo de ditas
dinámicas, se verá como se vai traballando e valorando dita colaboración,aproveitando
que se comparte unha diagnose común sobre a xestión do goberno. Por todo isto,
acórdase establecer reunións mensuais de traballo colectivo para a articulación de
accións conxuntas.

REUNIÓN DE APERTURA CO SUBDELEGADO DO GOBERNO. 19 de febreiro de 2016 (Subdelegación do goberno en Ourense)
Venres 19/02/2016 12:30h
Reunidos: Emilio Rodríguez e Trinidad Domínguez de OUeC, e Roberto Castro Subdelegado do Goberno
Tras a presentación dos integrantes, os membros de OUeC expuxeron o obxecto da reunión, que era ademais de dar a coñecer persoalmente ao Subdelegado a organización, saber un pouco máis en profundidade as tarefas que se están a desenvolver dende a Subdelegación do Goberno e que afectan á cidadanía. Así mismo, se lle comunica que seguindo cos nosos principios de transparencia, se levantará un acta para que dita información alí intercambiada sexa de coñecemento público.Primeiramente, o Subdelegado do Goberno levou a cabo unha valoración da relación co Concello, a cal ten un cariz totalmente institucional, que se visualiza ademais de en actos determinados, nas dúas Xuntas Locais de Seguridade que se realizan cada ano. Ademais de todo o tocante á relación e colaboración entre a Policía Local e a Nacional, así como en todo o vinculado a temas de violencia de xénero. En xeral, valora que a relación é positiva, sen conflitos nin controversias cos diferentes grupos que conforman o Concello, agás as denuncias cursadas no tocante ao cumprimento de normativa para a contratación de persoal.

Posteriormente, falouse da situación e problemas actuais, na que se subliñou os 2 asasinatos sen resolver, un en Ourense e outro en Vilanova dos Infantes. Tamén se nomearon os roubos menores, destrozos por seguros, delitos a través de internet e similares, pero destacando que Ourense ten unha taxa de delincuencia por habitante de 25‰. Faise referencia as concentracións e manifestacións comunicadas, as cales foron numerosas nos últimos tempos, e cun cariz, polo xeral, civilizado e respectuoso.

 

Seguidamente, convérsase sobre un dos últimos temas acaecidos na cidade que espertou certa controversia, en relación ao rapaz que a Policía Nacional identificou no Entroido por ir cun cartel referenciando a ETA aos titiriteiros detidos en Madrid. Especifícanos como foi o proceso: a policía considerou que podería ser un delito, identificouno e deu traslado ao xulgado para que fora alí onde se valorará. Fálase sobre o trasfondo do Entroido e a parodia e escarnio que leva implícito, e a posible indefensión que subxectivamente poida ser traspasada á cidadanía neste tema. Explicamos a preocupación que esta situación xera ante a posible repetición deste ataque ás liberdades individuais, tanto nesta festa coma noutras vindeiras, coma os Maios. Dende a súa posición, o Subdelegado do Goberno recalca a boa vontade, manter a prudencia e respecto, seguindo a liña desenvolta pola Subdelegación nas súas tarefas nos últimos tempos. E que fará o que esté na súa man para que non se repita no futuro.

Finalmente, despedímonos e agradecemoslle de novo a súa atención e pronta resposta a nosa petición de cita.

REUNIÓN CO PSdeG-PSOE. 22 de xuño de 2015 (Magma Espacio)
Lugar: Magma Espacio Centro de Coworking, Rúa Bedoya 27.
Data e hora: luns 22 de xuño de 2015, ás 19:45h
Polo PSdeG-PSOE: José Ángel Vázquez Barquero e Mª Carmen Rodríguez Dacosta.
Por Ourense en Común: Martiño Xosé Vázquez, Martiño Ramos e Emilio Rodríguez.

photo_2015-06-23_10-20-46     Foto da xuntanza de OUeC co PSdeG-PSOE

As dúas organizacións políticas comezamos falando sobre a necesidade de debater sobre o balance entre transparencia e estratexia. O debate prosegue cara a necesidade das boas formas e nesa liña o candidato á alcaldía por parte do PSdeG-PSOE José A. Vázquez Barquero expresa a súa aposta por reunirse con forzas de progreso coas que poida ter unha sintonía para desenvolver proxectos de cidade. Feito polo que fai un chamamento ás boas formas e o entendemento.

As integrantes de OUeC presentes comparten a posición da organización e a aposta por un diálogo fluído e compartido entre as diferentes opcións políticas do Concello de Ourense, feito polo que se mantivo unha reunión semellante con Democracia Ourensana. A proposta orixinal de OUeC era reunirse con ambas formacións ao mesmo tempo, pero as presentes comprenden as razóns da negativa do PSdeG-PSOE a facelo. OUeC introduce no debate a proposta presentada perante o actual rexedor municipal, Jesús Vázquez, de incorporar ás diferentes forzas da oposición na Xunta de Goberno (ver Acta da xuntanza do martes 16 de xuño). Unha posición en prol da transparencia e a participación que o alcalde denegou inmediatamente malia a comprometerse a contar co equipo técnico.

Asemade, OUeC, co asentimento do PSdeG-PSOE, defende que é necesario un aforro con respecto ao gasto pero que este debe ser proporcionado e equitativo. Xa que logo calquera redución debe ir acompañada dunha revisión salarial, comezando polo propio alcalde que a día de hoxe sería o rexedor galego mellor pagado.

As representantes do PSdeG-PSOE tamén son conscientes de que estes recortes teñen que ser para todas. A posición socialista ao respecto é que “se hai que apretar o cinto e recortar aos grupos tamén ao salario do alcade e do grupo de goberno”.

No referido á representación das diferentes organizacións nas xuntas e consellos municipais OUeC fai unha lectura positiva a nivel interno pero negativa para o resto, albiscando un certo reparto tendencioso negativo para o propio PSdeG-PSOE. Reflexión á que o voceiro José A. Vázquez Barquero responde defendendo o reparto polo que se prima ao grupo con menos efectivos dentro da institución municipal. Do contrario organizacións pequenas non poderían desenvolver o seu traballo de oposición. Para garantilo o PSdeG-PSOE aposta por unha discriminación positiva en favor de OUeC.

A xuntanza avanza e OUeC fai entrega de varios documentos constituíntes da organización para poñelo en coñecemento do PSdeG-PSOE: Código de Ética Política, Código de Boa Gobernanza e Programa Participativo. Sobre este último documento fanse varias reflexións programáticas nas que o voceiro socialista apunta a posibilidade de chegar a ter algunhas propostas conxuntas dentro do Concello de Ourense. Prosegue a liña argumental falando brevemente sobre termalismo, urbanismo e outros proxectos de cidade a futuro.

Todas as presentes concordan na necesidade de devolver un estado de normalidade e bos modais aos plenos do concello e faise un chamamento conxunto a manter abertas todas as vías de diálogo e traballar en prol de Ourense e as súas veciñas.

Levántase o encontro ás 21:15.

REUNIÓN CO ALCALDE DE OURENSE. 16 de xuño de 2015 (Casa do Concello de Ourense)

Xuntanza co alcalde do Concello de Ourense, despois da súa investidura no pleno do pasado sábado 13 de xuño de 2015, para tratar temas vinculados á conformación da nova corporación municipal.

Asisten, por parte do novo equipo de goberno: Jesús Vázquez en calidade de alcalde e Jorge Pumar en calidade de responsable de Servizos Xerais do Concello de Ourense. Por Ourense en Común: Miguel Doval, Ledicia Piñeiro e Martiño Xosé Vázquez.


Acta da xuntanza:

Unha vez atendidos os medios comunicación presentes na sala o encontro comeza nun clima de cordialidade no que se comparten experiencias sobre o acelerado dos acontecementos no último mes e medio.

Comeza a intervención Miguel Doval informando de que en compromiso coa defensa da transparencia procederemos a levantar acta do encontro. Jesús Vázquez e Jorge Pumar aceptan e recoñecen o adecuado deste proceder.

Jesús Vázquez introduce o motivo do actual encontro, sendo este a conformación da nova corporación. Xa que logo, e antes de proceder a presentar a proposta do equipo de goberno, quere coñecer as demandas a este respecto de todos os grupos municipais, neste caso concreto as de Ourense en Común.

Ledicia Piñeiro informa da postura consensuada na asemblea de Ourense en Común do mércores 10 de xuño a tal respecto. Do mesmo xeito que se recolle no Código Ético, defendeuse que as persoas electas como concelleiras poderían recibir remuneración pola súa actividade, fixándose un tope salarial en base a un argumentario de necesidades e adaptado a criterios de eficiencia e fiscalización. Estas remuneracións están xustificadas no feito de que a vontade das concelleiras electas de Ourense en Común é levar adiante todas as encomendas posibles do programa participativo e para realizar esta labor é obrigado solicitar reducións de xornadas nos respectivos postos de traballo.

Miguel Doval introduce no debate que non se pretende xerar novos gastos e que, por exemplo, aceptaremos calquera das dependencias municipais sexa do tamaño que sexa, tendo maior ou menor visibilidade. Este será un espazo puramente de traballo.

Jesús Vázquez informa que está previsto que estas dependencias serían repartidas en función da representación institucional acadada despois das eleccións municipais do 24 de maio. Así que estas quedarían do seguinte modo:

Representación 2011 2015
Grupo máis votado na oposición Partido Popular Democracia Ourensana
2º grupo na oposición Bloque Nacionalista Galego Partido Socialista de Galicia
3º grupo na oposición Democracia Ourensana Ourense en Común

Jorge Pumar informa de que cada organización ten dereito, ao marxe da asignación por grupo, a un equipo informático e material de oficina. Jesús Vázquez fai un chamamento ao uso moderado do mesmo no que concordan todas as persoas presentes no encontro.

Jesús Vázquez informa asemade que variará a posición dos grupos no pleno respecto á sesión de investidura procurando unha disposición que satisfaga a todas as organizacións políticas.

Continua Jesús Vázquez informando que a súa aposta pasa por reducir o gasto na medida do posible e un punto chave son as dedicacións exclusivas, termo no que concorda Ledicia Piñeiro pero sinalando que participar en política debe estar ao alcance de todas as persoas e non só daquelas que teñan medios económicos para facelo. É por isto polo que Ourense en Común aposta polas dedicacións parciais moderadas no gasto e que permitan o desenvolvemento paralelo dunha actividade profesional.

Miguel Doval recorda que sen ser o seu caso por estar xubilado as súas compañeiras terán que asumir reducións de xornada e estas deben ser compensadas. Asemade sexa cal fora a opción tomada esta debe ser porcentual e equilibrada co resto de organizacións políticas, razón pola que propón que a cada grupo lle corresponde cando menos a metade dos concelleiros que ten.

Jesús Vázquez disinte de tal oferta porque na súa proposta está non aumentar o gasto e alí onde fóra posible reducilo, tanto no equipo de goberno como no da oposición. Propón deste modo manter a situación actual doutros grupos coa mesma representación cunha persoa con dedicación exclusiva e outra de libre designación para labores de administración ou puramente técnicos. Lembra ademais que a asistencia a comisións, xuntas ou plenos ten a súa compensación económica.

Ledicia Piñeiro fai unha reflexión sobre non caer en comparativas de dedicacións vs. compensacións por asistencia porque no fondo ambas gravan o erario público.

Jorge Pumar recorda que as persoas con dedicacións totais ou parciais non teñen ese tipo de retribucións.

Jesús Vázquez e Miguel Doval rematan concluíndo que é necesario afondar nos debates en profundidade sen caer na demagoxia, especialmente en temas tan sensibles na actualidade como a xestión de fondos públicos.

Jesús Vázquez informa da súa proposta de racionalización de comisións e xuntas de área quedando como segue:

2011 2015
Comisión de suxestións e reclamacións (una vez ao mes) 7persoas
(2PSDG, 2PP, 2BNG, 1DO)
7persoas
(3PP, 2DO,1PSDG,1OUeC)
Consello municipal de deportes (cada semana) 5persoas
(2PSDG, 1PP, 1BNG, 1DO)
5persoas
(2PP, 1DO,1PSDG,1OUeC)
Comisión de contas
(unha vez ao ano)
7persoas
(2PSDG, 2PP, 2BNG, 1DO)
7persoas
(3PP, 2DO,1PSDG,1OUeC)
Xuntas de área
(cada semana)
A1.Urbanismo e vivendaA2.Infraestruturas e medio ambienteA3.Facenda, persoal e servizosA4.Cultura, educación, turismo e termalismoA5.Benestar socialA6.Promoción económica, emprego e comercio
6persoas
(2PSDG, 2PP, 1BNG, 1DO)
7persoas
(2PP, 2DO,2PSDG,1OUeC)
Comisión de pleno
(unha vez ao mes)
9persoas
(3PSDG, 3PP, 2BNG, 1DO)
7persoas
(3PP, 2DO,1PSDG,1OUeC)

Jorge Pumar recorda a necesidade de que o novo grupo municipal cumprimente varios trámites necesarios: voceira, constitución, certificado en Facenda, CIF…

Jesús Vázquez informa da súa proposta de reducir a asignación por grupo non tendo unha cantidade fixada pero si por baixo dos 450€ por grupo e concelleira asignado na actualidade. Proposta de dotación aproximada 375€.

Martiño Xosé Vázquez reflexiona sobre a inexperiencia das concelleiras de Ourense en Común neste tipo de negociacións e apela á moderación no gasto pero tamén á necesaria equidade no reparto. Non deben existir grupos de primeira e de segunda, todas as voces deben estar representadas. Asemade prosegue presentando a necesidade de superar barreiras entre grupos e fai a proposta de que estes podan participar dalgún modo nas Xuntas de Goberno.

Proposta referendada por Ledicia Piñeiro quen afirma que sería unha medida innovadora e garantiría un clima de conciliación e a necesaria participación en tódolos ámbitos da vida municipal.

Jesús Vázquez descarta tal proposta malia a garantir que estes encontros non serán pechados só a integrantes do equipo de goberno senón que queren contar coa presenza das traballadoras municipais para garantir unha boa gobernabilidade.

Martiño Xosé Vázquez pregunta sobre a folla de ruta marcada pola nova corporación e os fitos do cronograma, tendo en conta o contexto estival no que nos encontramos e a cantidade de medidas urxentes que requiren atención.

Jesús Vázquez confirma a necesidade de superar todos estes trámites iniciais para poder activar canto antes todos os temas pendentes e informa dos eventos inmediatos como serán o Pleno de Constitución para inicios da próxima semana e a inminente convocatoria da Xunta de Portavoces.

Facendo un chamamento colectivo a manter abertas todas as vías de diálogo e traballar en prol de Ourense e as súas veciñas levántase o encontro ás 13h.

REUNIÓN CO RESTO DE FORZAS POLÍTICAS DO CONCELLO E CO CLUBE OURENSE BALONCESTO SAD. 5 de xuño de 2015 (Pazo dos deportes Paco Paz)
Hoxe venres 5 de xuño de 2015 ás 10 horas, mantivemos unha xuntanza co Clube Ourense Baloncesto SAD (COB), que estaba representado polo seu presidente Antonio Gavilanes e tres representantes máis.

A esta xuntanza tamén foron invitados representantes do Partido Popular, Partido Socialista de Galicia – PSOE e Democracia Ourensana no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Asistiron dous representantes do PP, Mario Guede e Jesús Vázquez, unha representante do PSOE, Juana Ageitos, dous representantes de DO, entre eles Gonzálo Pérez Jácome e dous representantes de OUeC, entre eles Miguel Doval.

A reunión desenvólvese a porta pechada e comeza coa entrega por parte dos representantes do COB a tódolos grupos políticos dun documento informativo no que se indican os trámites e prazos para a inscrición do COB na ACB. O presidente do COB expón un resumo do documento e invita aos grupos políticos a posicionarse respecto ao mesmo de cara a acadar os apoios de orzamento precisos.

O Sr. Gavilanes, na súa exposición subliña dous termos por riba dos demais:

  • O día 14 de xuño como data na que se debería ter acadado o apoio do Concello. Coa posibilidade de negociar coa ACB unha demora nos prazos, sempre que se tivera garantía do voto favorable.
  • Das cantidades que se reflicten no documento, 1.500.000 de euros serían financiados vía aval (no que o Concello podería ser avalista) e os restantes 800.000 euros (400.000 que figura no apartado n) e 400.000 máis do que logo sería o presuposto da campaña que ascendería a 1.000.000 de euros en total).

O Sr. Gavilanes lémbralles aos membros electos da corporación local a condición de propietario por parte do Concello dun 23% das accións. Que co investimento que suporían os 400.000 euros aumentarían en valor.

A continuación intervén un dos representantes do PP, Jesús Vázquez, que sinala a importancia de coñecer a opinión do persoal técnico do Concello de Ourense en canto aos prazos para facilitar o orzamento necesario. Chama a atención sobre o máximo permitido por lei que o Concello podería aportar e sinálase a cifra de 200.000 euros. O seu grupo, polo ben da cidade, sería proclive a apoiar ao COB asumindo que só co apoio da Deputación e o Concello non sería abondo e que se precisaría un patrocinador ou varios que lle quiten carga a ambos.

Por parte de DO intervén o Sr. Pérez Jácome, que fai unha consideración persoal na que compara os 400.000 euros que o Concello destina á Banda de música municipal co que custaría o ascenso do COB, parecéndolle o investimento ao COB un mellor xeito de gastar os cartos por parte do Concello. Por outra parte está en contra de tal investimento e xustifica a súa postura na idea que ten de non dar cartos do Concello á promoción dun espectáculo.

Continúa OUeC, e o Sr. Doval subliña que será a asemblea de OUeC a que tomará a decisión sobre este asunto. Nunha exposición persoal afirma que é favorable a axudar ao COB non como un investimento na promoción dun espectáculo, senón como promoción da actividade deportiva no Concello. Indo máis alá do propio proxecto de canteira do COB nun proxecto no que puidese participar toda a cidade (como exemplo sinala aos centros educativos). Subliña a disposición, na medida do posible, por parte de OUeC a falar con empresas da cidade para facilitar un posible patrocinador.

Volve a intervir o PP, neste caso o Sr. Guede, quen amosa dous documentos dos anos 2003 e 2008, dos acordos do COB co concello na súa estadía tanto na ACB (co goberno do PP) como na LEB (coa vixencia do goberno bipartito entre PSOE e BNG). Tales documentos serían exemplos do xeito no que se debería artellar un hipotético acordo de investimento do concello no COB tendo en conta cantidades e requisitos.

Por último intervén a representante do PSOE, a Sra. Ageitos, que desculpa a ausencia do Sr. Barquero debido a un compromiso adquirido con anterioridade. Sinala a disposición positiva do PSOE a axudar ao COB con unha partida do orzamento, pero mantendo unhas esixencias que fosen máis aló do plano profesional e se incidise en visitas a colexios, escolas deportivas, etc. Subliña a necesidade dun novo accionista privado para acadar o investimento necesario para a viabilidade do COB na ACB.

Posición de Ourense en Común: Para tódalas decisións a tomar, en OUeC remitímonos ao Programa Participativo e nel non se contemplan as subvencións a Sociedades Anónimas Deportivas como é o caso do COB. Porén, en OueC non renunciamos a sentarnos e dialogar con ninguén e, como indicou Miguel Doval na reunión, poderíamos estudar este asunto se a inversión tivese un retorno efectivo na promoción da actividade deportiva de base e como un proxecto global no que se involucrase toda a cidade.Ademais, queremos subliñar que certos asuntos non nos parecen prioritarios para as nosas veciñas tendo en conta o momento de emerxencia social que vivimos. Aproveitamos a ocasión para convocar un pacto de todos os axentes sociais, organizacións políticas, sindicais, patronais e movementos sociais para erradicar a pobreza e as desigualdades que a xeran: “un pacto polo emprego digno e a vivenda digna”. Tal acordo é a verdadeira prioridade para a xente de OUeC.

REUNIÓN CON DEMOCRACIA OURENSANA. 1 de xuño de 2015 (Magma Espacio)

Lugar: Magma Espacio, Rúa Bedoya 27.
Data e hora: luns 1 de xuño de 2015, ás 19:00 horas
Por DO: Miguel Caride, Gonzalo Pérez Jácome e Eloy Mojón.
Por Ourense en Común: Martiño Ramos, Martiño Xosé Vázquez e Trinidad Domínguez.

photo_2015-06-01_22-33-32

Comezamos transmitindo os parabéns mutuos polos resultados electorais. OUeC agradece o recoñecemento de Gonzalo Pérez Jácome no seu discurso na noite electoral polo resultado que acadou Ourense en común.

Comeza a intervención Miguel Caride expoñendo que a aposta de goberno que fai DO é a de crear unha alternativa á maioría simple do PP conformando un pacto de gobernanza municipal no que estarían DO, PSOE e OUeC. Xustifícao dende un punto de vista legal e político. A primeira susténtase en que a lei 27/2013 supón un retroceso democrático ao reducir as competencias do pleno e aumentar as da Xunta de Goberno e Alcaldía polo que resulta imprescindible para DO acadar esta última para garantir a aplicación do seu programa electoral así como dos acordos que propón para o pacto de gobernanza. Exemplifícao no sistema de aprobación de orzamentos ou do PXOM.

Dende o punto de vista político para DO a maioría conformada por PSOE, OUeC e DO sería suficiente para lexitimar un goberno municipal alternativo ao do Partido Popular. Ese pacto de goberno tería como máximas a transparencia total, a redución do gasto e control da xestión econónica e financeira, orzamentos participativos, auditoría da contratación e remunicipalización de servizos, priorización de necesidades nos servizos sociais e vivenda, e PXOM. Nesta proposta a alcaldía recaería na forza política representada por máis concelleiros, a tenencia primeira na segunda forza e a tenencia segunda na terceira con maior representación cunha participación proporcional e por competencias no goberno municipal e todo baseado nun pacto común de gobernanza.

Por parte de Ourense en común Martiño Xosé Vázquez agradece o ofrecemento de Democracia Ourensana e trasládalles a postura do proceso municipalista de non conformar pactos de goberno con outras forzas políticas tal e como se recolle no punto 6.2 do Código de Boa Gobernanza aprobado en asemblea en datas anteriores á celebración das eleccións municipais. Neste código, prosigue Martiño, indícase que non se entrará a formar parte dun goberno que non encabece Ourense en común e que quedará en mans da asemblea a decisión de dar soporte a outra candidatura para que forme goberno.

A reunión continúa poñendo en común aqueles aspectos programáticos das dúas forzas nos que non hai concordancia: Ourense en común aposta pola progresividade fiscal fronte á reducción lineal do 20% que propón Democracia Ourensana, o sentido da Transparencia máis radical e definido tal e como aparece recollido no programa participativo de OUeC ao igual que acontece co sistema de contratación público no que entrarían en xogo criterios de sustentabilidade ou o respecto aos dereitos laborais.

Miguel Caride intervén para indicar que a proposta constitúe de momento apenas un programa de mínimos e que pola súa banda abriríase un proceso negociador no que se tentarían atopar os puntos en común.

Por parte de OUeC reitérase o posicionamento de non acadar pactos de gobernos con outras forzas políticas polo que calquera outra vía de diálogo ficaría aberta agás a que está a formular Democracia Ourensana. Porén OUeC, en cumprimento do seu principio de transparencia, daría conta da proposta de Gobernanza conxunta á Asemblea en Común que se realizará na segunda semana de xuño.

Por parte de Democracia Ourensana resáltase a importancia da presencia de Ourense en común nun pacto de goberno municipal de progreso para o Concello de Ourense pola concordancia que atopan coas liñas programáticas e os métodos que está a utilizar e traslada novamente a vontade de colaborar para aportar unha nova visión á política municipal local. Así mesmo queren facer pública a decepción pola nova maioría absoluta acadada polo Partido Popular na Deputación de Ourense, argumento que afonda na necesidade dun cambio político no concello e na provincia.

Rematamos a reunión deixando aberta a porta á comunicación no plano institucional e reiterando a nosa aposta pola transparencia como método e non só como principio comunicando que a acta da reunión se fará pública á maior brevidade posible.

REUNIÓN CO PARTIDO POPULAR DE OURENSE. 29 de maio de 2015 (Museo Municipal de Ourense)

Lugar: Museo Municipal de Ourense. Rúa Lepanto 8.
Data e hora: venres 29 de maio de 2015, ás 12:00 horas
Polo PP: Jesús Vázquez, Francisco González Bouzán.
Por Ourense en Común: Miguel Doval, Emilio Rodríguez Tilve, David Bruzos

CGKx7mrWEAEpPrp
Fotografía Periódico Barrios

Miguel comeza indicando que é norma en Ourense en Común levantar acta e facela pública, seguindo a forma de traballar de forma transparente.

Comeza Jesús Vázquez indicando que están facendo reunións con todos os grupos políticos, tanto os que teñen representación institucional como cos que non a teñen pero que sacaron un número importante de votos (non obtiveron representación por non chegar ao mínimo marcado pola lei electoral). Considera que é moi importante falar e debater. Que non habendo maiorías absolutas o importante é dialogar para buscar o mellor para o concello, e que a cidadanía así o demanda.

Jesús Vázquez tamén indica que eles son claros na súa proposta para o día 13 de xuño (acto de investidura): van votar á súa candidatura e tentar gobernar en minoría, pero buscando apoios concretos co resto de organizacións políticas. Que a súa proposta é non levar adiante pactos de goberno, senón pactos puntuais que permita favorecer o crecemento da cidade e a benestar dos veciños. O seu compromiso é de transparencia e cumprimento de programas. Cre que todos nos debemos aos veciños, tanto os que sacamos 10 concelleiros, como os que sacamos 8, 6 ou 3 concelleiros. Tamén insiste en que non vai a facer críticas ao resto de organizacións políticas porque queren unha corporación respetuosa.

Miguel resalta tamén Ourense en Común ten aprobado o Código de Boa Gobernanza, no que se indica que non entraremos en pactos de goberno. Poderanse dar apoios puntuais en cuestións que aparezan no noso programa. Di que esas propostas que saen no programa, son propostas que saen de escoitarnos a todas as viciñas e viciño do Concello: cubrir as necesidades básicas e pés na terra, estar ca xente e solventar os seus problemas.

Jesús Vázquez di que coinciden plenamente nesas liñas de traballo. Que o PP non renuncia a grandes infraestructuras culturais, pero que a prioridade é a mesma que indica Miguel.

Miguel exemplifica diferencias que existen entre o PP e OueC, coma no PXOM. Jesús concorda en que haberá diferencias pero que de seguro que hai tamén puntos en común, como revisar a ordenación para que non queden fóra construccións feitas no seu momento de forma completamente legal. E Tanto Miguel como Jesús coinciden en potenciar as zonas máis rurais do concello, como Palmés, Velle, Lonia, Santa Eulalia, etc…

Jesús insiste, a súa proposta é votar o día 13 a investidura do Partido Popular. Non provocaran a ingobernabilidade, e se non saen investidos poñeranse a favorecer a gobernabilidade con quen saia elexido alcalde de Ourense.

Miguel indica a postura de OueC respecto ao acto de investidura do día 13 de xuño, recollido no seu Código de Bon Goberno: non pactar gobernos con ninguén, nin entrar a formar goberno con ningunha forza política.

Remata a reunión coa intervención de Francisco (Partido Popular) e Emilio Rodríguez (OueC) concordando en que as vías de diálogo se manteñan sempre abertas. Teremos máis concordancias ou discrepancias, pero o diálogo é bon. É moi necesario que teñamos aberta a porta para falar.

Deixa un comentario

Your email address will not be published. Required fields are marked *
Podes usar estas etiquetas e atributos de HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>