Primarias 2019

Por terceiro ano consecutivo a xornada RePensar OueC, celebrada o pasado 27 de xaneiro, servía para avaliar o estado do proceso municipalista e trazar a folla de ruta de cara a 2019. Un novo impulso!

Despois de máis de oito horas de reflexión conxunta, por máis de medio cento de persoas participantes na xornada, aprobouse o Regulamento de Primarias garante dos seguintes principios:

– Ser transparente en todas as súas fases.
– Dar reflexo da pluralidade de persoas que integran Ourense en Común.
– Garantir un equilibrio entre a apertura do proceso e o grado de aceptación das candidatas entre as participantes de Ourense en Común.
– Ofrecer un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran ao proceso de elección.
– Garantir a participación cidadá no proceso de elección.
– Establecer un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento.

📥 DESCARGA O REGULAMENTO EN FORMATO .pdf 

 

Seguindo o cronograma establecido xa é posible:

📌 INSCRIBIRSE NO CENSO  ✍ PARA PODER VOTAR NAS PRIMARIAS DE OURENSE EN COMÚN ❗Ata o 18 de febreiro ❗

👉 Enche o seguinte formulario web:

https://www.cognitoforms.com/Ouec1/CENSOPRIMARIASOURENSEENCOMÚN2019

 

📌 PRESENTAR CANDIDATURA 👤 PARA ENCABEZAR A LISTA  DE OURENSE EN COMÚN NO ANO 2019 ❗Ata o 17 de febreiro ❗

👉 Enche o seguinte formulario web:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeirr2oZAzVh781VkbNstlCo1Y5F2YHXEcC7XB3WaraN0Jvpg/viewform

 

Para calquera dúbida, contactar co Comité Electoral a través do 📩 correo electrónico 📩ouec.2019@gmail.com