Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Jácome buscará la reprobación del alcalde de Ourense en un pleno extraordinario en febrero.

DO renuncia a plantear mociones en los plenos porque nunca se cumplen.

Dende Ourense en Común observamos con preocupación novamente como a estratexia política de Democracia Ourensana non avanza na mellora dos servizos municipais. Anteponse o beneficio partidista ás necesidades das veciñas e veciños de Ourense. Todas as críticas vertidas ata o momento pretenden crear un contexto de ingobernabilidade e responden á mesma estratexia política que só pretende xerar un contexto apropiado para unha moción de censura que permita a G.P. Jácome ser alcalde, único interese e fin último destas iniciativas.

“Dixémolo no pasado e o seguimos dicindo, se Gonzalo Pérez Jácome e Democracia Ourensana queren en verdade abrir o debate sobre o carácter vinculante das mocións plenarias, que o faga de forma seria instando a modificar o regulamento e aportando emendas.

De ser así dende Ourense en Común estaremos encantados de participar e facer participe á cidadanía da discusión. É dicir, traballando que para iso estamos aquí e temos unha remuneración pola nosa labor. Así é que renunciar a presentar mocións e a presentar unha proposta de modificación do regulamento é en verdade unha omisión directa das súas funcións na institución municipal e amosa que pouco ou nada lle interesa máis que ser alcalde. Algo que en verdade non nos sorprende pois o seu grupo amosa unha desidia alarmante en tanto a labor de fiscalización e control en xuntas de área, propostas, achegas de emendas a ordenanzas, consellos municipais, etc.

Nós non viñemos para cambiar cadeiras, todas e cada unha das persoas que co seu voto nos puxeron aquí fixérono para que traballaramos por mellorar Ourense e as súas condicións de vida.

Non compartimos case nada co Partido Popular e así pode analizarse comparando ambos programas electorais. Situámonos en polos opostos en materia de política social, económica, renovación democrática,  modelos de xestión, etc. pero a reprobación da acción do alcalde entendemos que só debe chegar cando a súa xestión sexa ineficiente ou ataque directamente os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Ata o momento a maioría dos problemas estaban xa cando se constituíu a actual  corporación. Para nós a primeira grande proba deste equipo de goberno chegará coa prioridade de gasto nos orzamentos, pois esa si será a primeira grande decisión de Jesús Vázquez como alcalde.