Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Las taquillas de la estación de autobuses y de tren estarán a 83 metros de distancia Alcalde y arquitectos chocan por la estación de autobuses.

Dende Ourense en Común non apoiaremos ningunha actuación que non contemple a intermodalidade real e efectiva entre os diferentes medios de transporte: autobuses interurbanos, área metropolitana e transporte urbano, así como co resto de liñas de ferrocarril de proximidade.

“A integración da Alta Velocidade en Ourense debe permitirnos suturar aqueles barrios divididos por máis de medio século como é o caso da Ponte con Río Arnoia ou San Francisco e a zona da Granxa. As actuacións arquitectónicas subordinadas deberán así primar a utilidade e suprimir barreiras na mobilidade urbana. Se a actuación arquitectónica da nova estación de autobuses limítase á construción dunha dársena a 1000 metros da Estación de Tren entendemos que non ten razón de ser e é preferible manter a súa ubicación actual.

Ourense en Común tivo acceso ao comunicado oficial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Ourense e comparte a súa análise técnica especialemente na necesidade de que calquera actuación no ámbito sexa practicada dende un punto de vista integral e non parches illados. Confrontar con ese colectivo dende o punto de vista político como fai o alcade D.Jesús Vázquez Abad amosa o claro interese de instrumentalización que se pretende con esta infraestrutura a poucos meses dunha cita electoral”.

 

Protesta de los trabajadores de Linorsa

Dende Ourense en Común seguimos insistindo na necesidade de crear unha comisión informativa e de seguimento das concesións municipais tal como solicitamos en pleno e foi votado en contra por Partido Popular e Partido Socialista.

“Dende Ourense en Común entendemos que unha das nosas principais encomendas na corporación é a de fiscalización e control da actividade municipal. Razón pola que solicitamos no pasado pleno do venres 8 de xaneiro a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións municipais que votaron en contra o Partido Popular e Partido Socialista, coa abstención de Democracia Ourensana. Son moitas as razóns: incumprimentos no prego de contratación da empresa de Axuda no Fogar, os desaxustes que detectamos no matadoiro, etc. O caso da empresa Linorsa é un novo exemplo e obriga ao equipo de goberno a tomar medidas se mantén a situación actual de precariedade laboral, así é que o Concello de Ourense é co-responsable da súa situación”.

 

Más de 9000 peregrinos usaron la Vía de la Plata el año pasado. Casi la mitad pernoctaron en el albergue de la capital ourensana.

Dende Ourense en Común seguimos advertindo da inseguridade deste camiño en varios tramos do concello, nomeadamente na zona de Seixalbo.

“A inseguridade dos peregrinos no acceso ao concello en Bemposta e Seixalbo é alarmante debido ao itinerario compartido coa estrada OU-105. Esta foi unha das demandas recollidas na asemblea destes barrios e que dende Ourense en Común estamos comprometidos a solucionar. Ademais seguimos insistindo no deficitario estado dos sendeiros e rotulado así como o afastamento do itinerario dos recursos termais de Ourense. Polo que moitos peregrinos pasan por Ourense sen nin sequera visitar A Chavasqueira, Tinteiro, Muíño…Non estamos aproveitando todas as nosas posibilidades.”

 

Un joven herido eleva a veinte los atropellados en la ciudad durante el 2016

Dende Ourense en Común seguimos a analizar con preocupación os datos de atropelos e os vinculamos ao grave problema de mobilidade da cidade de Ourense, cun elevadísimo tráfico, transporte público ineficiente, ausencia de medidas de seguridade viaria, etc. razóns todas polas que seguimos comprometémonos a traballar en prol do obxectivo común de pacificar o tráfico e construír unha cidade para as persoas. Actualmente seguimos agardando a convocatoria dunha reunión dos catro grupos municipais para materializar os acordos da Mesa da Mobilidade en materia de atropelos. Esta en principio debería tomar forma a próxima semana sen falta.

“Na mesa da mobilidade do pasado 29 de xaneiro presentáronse decenas de propostas complementarias que deben ser analizadas e sintetizadas nun plan de acción programado con obxectivos a curto e medio prazo. É o momento de abandonar partidismos e chegar a un acordo estratéxico de cidade que reserve partidas orzamentarias para a súa implementación e permita avanzar nese obxectivo común”.