Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

 Jácome quiere reprobar al alcalde de Ourense para «destapar su gran mentira»

Dende Ourense en Común observamos con preocupación novamente como a estratexia política de Democracia Ourensana non avanza na mellora dos servizos municipais. Anteponse o beneficio partidista ás necesidades das veciñas e veciños de Ourense. Todas as críticas vertidas ata o momento pretenden crear un contexto de ingobernabilidade e responden a mesma estratexia política que só pretende xerar un contexto apropiado para unha moción de censura que permita a G.P. Jácome ser alcalde, único interese e fin último destas iniciativas.

“Dixémolo no pasado e o seguimos dicindo, se Gonzalo Pérez Jácome e Democracia Ourensana queren en verdade abrir o debate sobre o carácter vinculante das mocións plenarias que o faga de forma seria instando a modificar o regulamento e aportando emendas. De ser así dende Ourense en Común estaremos encantados de participar e facer participe á cidadanía da discusión. É dicir, traballando que para iso estamos aquí e temos unha remuneración pola nosa labor. Así é que renunciar a presentar mocións e a presentar unha proposta de modificación do regulamento é en verdade unha omisión directa das súas funcións na institución municipal e amosa que pouco ou nada lle interesa máis que ser alcalde. Algo que en verdade non nos sorprende pois o seu grupo amosa unha desidia alarmante en tanto a labor de fiscalización e control en xuntas de área, propostas, achegas de emendas a ordenanzas, consellos municipais, etc.

Nós non viñemos para cambiar cadeiras, todas e cada unha das persoas que co seu voto nos puxeron aquí fixérono para que traballaramos por mellorar Ourense e as súas condicións de vida.

Non compartimos case nada co Partido Popular e así pode analizarse comparando ambos programas electorais. Situámonos en polos opostos en materia de política social, económica, renovación democrática,  modelos de xestión, etc. pero a reprobación da acción do alcalde entendemos que só debe chegar cando a súa xestión sexa ineficiente ou ataque directamente os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Ata o momento a maioría dos problemas estaban xa cando se constituíu a actual  corporación. Para nós a primeira grande proba deste equipo de goberno chegará coa prioridade de gasto nos orzamentos, pois esa si será a primeira grande decisión de Jesús Vázquez como alcalde.”       

Os socialistas farán públicas durante todo o ano as súas declaracións de bens

Dende Ourense en Común recibimos con agrado que os partidos tradicionais comprendan que é necesario avanzar en medidas de rexeneración democrática que devolvan a confianza ás institucións.

Na web de Ourense en Común pode consultarse dende que entramos na corporación todo o patrimonio dos nosos concelleiros e persoal de apoio. É unha obriga do noso Código Ético e renóvase anualmente para render contas perante a veciñanza. Alegrámonos de que por fin os partidos políticos tradicionais, que ata o de agora agochaban esta información, comprendan a necesidade de avanzar de cara ao cumprimento efectivo da Lei de Transparencia e afondar na necesaria renovación democrática despois de anos vivindo de costas á sociedade.

Non comprendemos pola contra as reservas presentadas por Democracia Ourensana a presentar as súas declaracións porque, segundo eles, afastaría aos empresarios que quixeran participar en política. Se a súa actividade empresarial é legal e fixeron todo de forma correcta non deberían ter nada que agochar”

Limiar demanda resultados trala celebración da Mesa da Mobilidade

Dende Ourense en Común compartimos a preocupación da Federación Limiar e comprometémonos a traballar en prol do obxectivo común de pacificar o tráfico e construir unha cidade para as persoas. Actualmente estamos agardando a convocatoria dunha reunión dos catro grupos municipais para materializar os acordos da Mesa da Mobilidade en materia de atropelos.

“Na mesa da mobilidade do pasado 29 de xaneiro presentáronse decenas de propostas complementarias que deben ser analizadas e sintetizadas nun plan de acción programado con obxectivos a curto e medio prazo. É o momento de abandonar partidismos e chegar a un acordo estratéxico de cidade que reserve partidas orzamentarias para a súa implementación e permita avanzar nese obxectivo común”.