Pedimos diálogo cos colectivos estudiantís para actualizar os horarios das bibliotecas municipais

Pedimos diálogo cos colectivos estudiantís para actualizar os horarios das bibliotecas municipais

• O grupo traslada ao pleno municipal a necesidade de que as horas de servizo das bibliotecas se adapten á demanda.
• O estudantado reclama maior compatibilidade coas súas necesidades fronte ao limitado e discontinuo das actuais horas de apertura.

    Ourense en Común defenderá no pleno do próximo venres unha moción coa que traslada as demandas de diferentes colectivos estudiantís cos que o grupo mantivo xuntanzas en datas recentes. Así, o grupo solicitará ao goberno que tamén abra o diálogo e escoite, para “dar un servizo que cubra as necesidades, con horarios actualizados á realidade das usuarias”.

    A moción, xurdida e guiada en colaboración con representantes de organizacións estudiantís, defende ás bibliotecas como lugares de formación permanente, inclusión social, e como “portas de acceso público á información, advertindo de que “dos horarios depende que se cumpra a misión para a que estes espazos foron deseñados.

    Actualmente, as bibliotecas municipais ofrecen un horario descontinuo e limitado, abrindo arredor de tres horas durante a mañá e outras tres horas pola tarde, nalgún caso só ata as 19h30, “un cuadrante que choca fronte á conciliación coa rutina diaria dunha grande franxa de usuarias, especialmente de estudantes, dos diferentes niveis académicos ”.

    Desde o grupo, aclaran que a moción non pretende determinar que horario é mellor, senon poñer o foco nas usuarias, para darlles a oportunidade de explicar as súas demandas e ser partícipes da xestión dos centros, concretándose uns horarios acordes, que cubran as necesidades reais e dean un servizo axeitado”.

Deixa un comentario

Your email address will not be published. Required fields are marked *
Podes usar estas etiquetas e atributos de HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>