Outro desastre na xestión de Belén Iglesias. Os prazos nas axudas de cultura teñen que impulsar, non estrangular as iniciativas
16 Outubro, 2018
0
•     As subvencións da Concellería convócanse “a touro pasado” e afogan ao tecido cultural da cidade.
•     Logo da realización dunha actividade, entidades culturais e comisións de festas teñen que agardar ate máis dun ano para saber se teñen ou non axuda económica desde o Concello.
•     OUeC require anticipar os prazos na convocatoria de axudas “teñen que funcionar para impulsar a creación artística e reconstruir o fervedoiro cultural de Ourense, non para lastrar as iniciativas”.
•     O grupo insiste na necesaria retirada do cargo á edil responsable “para salvar ao tecido cultural do exterminio. Destruíu nos últimos tres anos o feito nos setenta anos anteriores”.

    Ourense en Común saía hoxe en defensa dos “necesarios incentivos, en forma, en prazo e efectivos” para a promoción da cultura no Concello de Ourense, algo que dínnon existe coa xestión do Partido Popular, que nos últimos tres anos vén desmantelado todo o feito no medio século anterior”.

    O grupo entende os prazos da convocatoria de subvencións a entidades e asociacións veciñais comooutro estrangulamento nas mans de Belén Iglesias, que ademais de facelo mal, non quere escoitar”, lembrándolle á edil que tén pendente de convocar ao Consello Municipal de Cultura desde o mes de xuño, en que decidíu adiar a convocatoria por unha intervención cirúrxica.

    Miguel Doval, representante de OUeC no Consello, remite ás reiteradas peticións que entidades e asociacións teñen trasladado á concelleira nese foro, pedindo a rectificación nas datas de publicación das bases, para optimizar os prazos e os recursos, e “estimular de verdade a cultura, non afogala”.

    Doval exemplifica nun hipotético evento ou iniciativa cultural a problemática orixinada polos prazos das subvencións: Se unha entidade sen fin de lucro ou unha asociación veciñal desenvolve unha actividade no mes de decembro, non saberá ate xaneiro de dous anos despois se contará co apoio do Concello. Para entón, esa entidade ou asociación xa tivo que asumir e adiantar todos os gastos derivados da produción e realización da actividade,  abonar taxas por ocupar a rúa, e incorporar ao Concello na cartelería, sen saber aínda se estará apoiando”, concluíndo que é un sinsentido”.

    O grupo califica a situación cultural do Concello de “insostible”, e insiste na petición de dimisión de Belén Iglesias, que “levou á cultura á situación máis deficitaria dos últimos anos, a agresión é inaudita e o escenario desolador. Hai que detela”.