Ourense en Común pide explicacións ao goberno polas podas intensivas nos Remedios. “Non solucionarán o problema dos estorniños”.
26 Outubro, 2018
0
•   Os expertos aconsellan técnicas máis sustentables para disuadir e desplazar ás colonias. “As podas non resolven, só trasladan o problema e son unha perda de tempo”.
•   Cunha inversión mínima -2.000 euros- o Concello contaría cun plan anual efectivo para o control dos estorniños.
•   Ao evidente deterioro das zonas verdes da cidade pola falta de mantemento, súmase o arboricidio de podas e talas que o goberno do PP está a acometer reiteradamente.

    Ourense en Común solicita ao equipo de goberno “explicacións” pola decisión de podar as árbores situadas no parque da rúa Pardo de Cela, fronte ao pavillón dos Remedios. Manifestan desde o grupo que “é un erro podar as árbores e ademáis non solventará a situación dos estorniños, que volverán. Solicitaremos información para saber en que documento ou criterios basearon esta nefasta solución e pediremos tamén responsabilidades”.

    Se o concello quere evitar a concentración dos estorniños no casco urbano,  especialmente polas molestias que os excrementos poden xenerar en parques e rúas, “debe informarse das medidas de control para evitar que as aves cheguen ao centro da cidade” .

    Logo de contactar cun experto biólogo e ornitólogo, Ourense en Común propón  alternativas máis sustentables, xa levadas a cabo noutros concellos, empregando técnicas combinadas de cetrería e sons disuasorias, “o que se fai é desplazalas do durmidoiro óptimo que actualmente escolleron, a un subóptimo e logo a outro, e así sucesivamente”.

    Montserrat Valencia, edil de Ourense en Común, analiza que “a poda das árbores é outro claro exemplo da incompetencia e a falta de interese polo medio ambiente do PP no concello. A solución pasa por contactar con especialistas, e elaborar un proxecto para o control anual do estorniño, e deixar as árbores tranquilas. Evitamos danos no mobiliario urbano e nas árbores, damos resposta a unha demanda veciñal lóxica, e promovemos solucións sostibles e non parcheados inútiles”.