Ourense en Común pedirá en pleno fondos para recuperar o centro histórico
13 Agosto, 2018
0
•    O goberno municipal incumpre o acordo para retirar os apeos que ocupan dende hai máis dunha década o espazo público.
•    O abandono e a degradación son evidentes 25 anos despois da aprobación do primeiro plan especial de recuperación (PERI).
•    A desidia do goberno de Jesús Vázquez retrasando a reforma do PERI non o fará posible ata 2021.

    Ourense en Común facía público na mañá de hoxe que pedirá, no próximo pleno ordinario a celebrar o 7 de setembro, a dotación dunha partida específica para retirar os apeos e apuntalados de fachadas queinvaden desde hai máis dunha década o espazo público do centro histórico e cuxo abandono e degradación  poñen en grave risco a seguridade das persoas”.

    O voceiro do grupo, Martiño Xosé Vázquez, alertaba na última comisión de urbanismo de que algúns andamios metálicos instalados de forma provisional para sustentar unha fachada en ruína están cedendo”.A situación é grave. Non falamos só dun problema estético, que tamén, falamos dun risco para a seguridade das persoas que, como as veciñas da Rúa Liberdade observan alarmadas como a estrutura cada día cede un pouco máis. E cal foi a solución do goberno? Calzar o andamio con táboas e poñer unha cinta de plástico arredor”.

    Ourense en Común censura afalta de dilixencia do concelleiro responsable en materia de urbanismo e o pouco agarimodo goberno de Jesús Vázquez para co corazón histórico da cidade. Tivemos que insistir en decenas de comisións para que o señor Cudeiro instara aos técnicos da oficina do PERI a requirir aos propietarios de edificios da rúa Hernán Cortés que retiraran os apeos da rúa. Son edificios declarados en ruína técnica dende o ano 2005”, informa Martiño Xosé Vázquez.

    Os requirimentos foron feitos, pero ante o silencio dos propietarios o Concello só ten unha vía posible: executar a actuación de oficio e remitirlle os gastos aos mesmos, xunto coa correspondente sanción; unha actuación contemplada no borrador de orzamentos fiscalizado de disconformidade pola intervención municipal, “razón pola que instaremos en pleno á dotación dunha partida específica vía modificación de crédito que permita acometer esta actuación por vía de urxencia.