Ourense en Común inicia unha recollida de sinaturas pedindo a dimisión de Belén Iglesias como edil de cultura
31 Xullo, 2018
0
•    O grupo recolle na plataforma Change.org o “clamor” fronte a unha situación que cualifican de “inaudita e de emerxencia” para a cultura no Concello de Ourense.
•    No pleno do mes de xuño, PP e DO salvaron da dimisión á concelleira, votando en contra dunha moción de OUeC pedindo o seu cese tras coñecerse a cancelación do OUFF.
•    A lista de agravios á cultura en mans de Iglesias Cortés “empeza a ser incontable”.

    Ourense en Común iniciaba esta mañá unha recollida de sinaturas na plataforma Change.org, lanzando un SOS pola cultura no Concello de Ourense.

    O grupo pide de novo a dimisión de Belén Iglesias como edil de cultura, pola “incontable lista de agravios” da que é responsable, “perpetrando unha agresión sistemática e inaudita á cultura”.

    Na petición formulan un relatorio do currículo de iniciativas e eventos desmantelados por causa da “xestión fatal” da concelleira, e auguran un escenario que “urxe salvar de emerxencia das mans de Iglesias Cortés, antes de que estas feridas de morte sexan irreversibles”.