Ourense en Común apremia ao goberno a mediar para implantar a xornada única no CEIP de Seixalbo
12 Setembro, 2018
0
• Por unanimidade, a corporación aprobou no mes de xuño unha moción do grupo solicitando o cambio, tal e como pide o 95% da comunidade educativa.
• Os douscentos alumnos e alumnas do colexio comezaron hoxe o curso sen cambios. A partir de outubro terán “un horario antipedagóxico imposto pola empresa do transporte”.
• Pais e nais mobilizábanse esta mañá ás portas do centro baixo o lema “XORNADA ÚNICA XA!”
• Martiño X. Vázquez insta ao alcalde a aproveitar a visita de Feijoo do sábado, “que lle pida que devolva as botellas de viño co que o agasallan as empresas do transporte, e que pense na conciliación e educación dos nenos e nenas”.

    Ourense en Común rexistraba hoxe un escrito dirixido á alcaldía e á concellería de educación, apremiando a dar cumprimento á moción do grupo aprobada por unanimidade da corporación no pleno do pasado mes de xuño, pola que se instaba ao goberno municipal a promover perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un cambio na xornada lectiva do CEIP Seixalbo.

    Martiño X. Vázquez, voceiro de Ourense en Común, defende queo horario escolar ten que ser fixado baixo criterios pedagóxicos, para garantir a calidade do ensino”, e denuncia asgraves consecuencias” que sofre o alumnado do CEIP de Seixalbo pola negativa do transporte para manter durante todo o curso escolar o horario continuado dos meses de xuño e setembro. O edil cuestiona a vontade da Xunta de adaptar o transporte ás necesidades reais de cada centro, e considera inadmisible” que neste caso as condicións sexan “pautadas pola empresa dos buses, que o único que busca é facturar o máximo posible”.

    Martiño Xosé urxe ao goberno a poñer solución ás demandas da comunidade educativa, que hoxe se mobilizaban ás portas do colexio, e a mediar coa Xunta para dar cumprimento  inmediato ao acordo plenario. O alcalde pode aproveitar a visita de Feijoo do próximo sábado para pedirlle que devolva as botellas de Vega Sicilia que intercambia por contratos de transportes, e que empece a pensar na educación dos nenos e nenas baixo criterios pedagóxicos e non de rendibilidade empresarial ou persoal”.