Ourense en Común apremia ao goberno a liberar de taxas o uso do espazo público, tal e como acordou o pleno.
31 Agosto, 2018
0
•     Máis de trinta actividades gratuitas promovidas por colectivos autoxestionados encheron de cultura, artes e xente as zonas máis degradadas do casco histórico durante os meses de xullo e agosto.
•     O goberno intentou reprimir onte o último evento do VeránÉarte, un festival satírico sobre a actualidade municipal, política e social “que incomodou ao ego do alcalde”.
•     Ourense en Común denuncia a persecución ás iniciativas culturais na rúa e apremia a Jesús Vázquez a cumprir o acordo plenario do pasado mes de xullo en defensa do espazo público como “ben común”, e “non como valor mercantil”.

    Ourense en Común posicionábase esta mañá en defensa dos colectivos ourensáns que baixo o paraugas do Espazo Cultural Alternativo Autoxestionado e Asociativo -EsCuA-  viviron onte outro episodio do látego represor de Jesús Vázquez e o seu goberno contra a cultura de Ourense”.

    Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, entende comotorpe agresión á liberdade de expresióno comunicado emitido onte polo Concello de Ourense prohibindo o Festival Internacional do Barbaña a escasa media hora de celebrarse; unha iniciativa que pechaba a programación do Veránearte, que nos meses do verán encheu de actividades, “e sen incidencias”,  a contorna sur do casco histórico da cidade, “a máis degradada e abandonada por este goberno”.

    O alcalde motivaba hoxe a censura no impago de taxas, pero Ourense en Común aclara que “quen non cumpre é o Concello”, lembrando que “existe un acordo plenario para liberar de taxas o uso do espazo público sen fins de lucro”. Un uso do que un exemplo sería o caso das actividades promovidas por EsCuA.O propio Partido Popular votou a favor desa moción, aprobouse por unanimidade”.