Ourense en Común solicitará en pleno a constitución dunha comisión de investigación da concesionaria do Matadoiro Municipal

Ourense en Común solicitará en pleno a constitución dunha comisión de investigación da concesionaria do Matadoiro Municipal

O grupo Ourense en Común detectou diferenzas desfavorables para a institución municipal nos recontos de cabezas de gando realizados pola concesionaria Matadero de Ourense S.L.

“Dende Ourense en Común entendemos que unha das nosas principais encomendas na corporación é a de fiscalización e control da actividade municipal. Razón pola que solicitamos, no pasado pleno do venres 8 de xaneiro, a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións municipais. Moción votada en contra polo Partido Popular e Partido Socialista, coa abstención de Democracia Ourensana.

“A negativa de Partido Popular e PSOE a xerar ese espazo para avaliar a execución pasada, presente e futura das distintas concesións municipais, obríganos a un esforzo extra para ter acceso a expedientes, contratos, inventarios e outra documentación. Malia a estas dificultades analizamos varias concesións de servizos municipais, entre elas á referida ao matadoiro municipal, concesión cedida á Sociedade Limitada Matadero Ourense.”

“Unha vez analizada unha pequena mostra desta actividade, segundo datos facilitados pola Concellería de Comercio, comparada cos listados de control de sacrificio regulamentario que tamén exerce o persoal funcionario responsable da área de Sanidade; evidéncianse grandes diferenzas en favor da concesionaria e en detrimento dos intereses da institución local”.

A xestión do matadoiro municipal atópase na actualidade en prórroga de cinco anos de man da concesionaria Sociedade Limitada Matadero de Ourense. Prorrogación acordada en Xunta de Goberno Local en xuño de 2013 despois de 20 anos de xestión privada dende que no ano 1993 acordárase a súa privatización.

Malia a incerteza inicial recollida na Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2012, derivada dos informes xurídicos e de intervención que advertían sobre a inexistencia de informes do servizo sobre a conveniencia para o interese público da citada prórroga e a inexistencia de compromisos de inversión do adxudicatario; acordouse fixar un canon adicional de 4.644,33€ ao mes para manter o equilibrio económico do contrato e mellorar a oferta realizada pola concesionaria e manter a explotación do servizo no período de vixencia da citada prórroga.

O grupo municipal Ourense en Común, na súa obriga de fiscalización e control da labor de goberno, ten analizado en detalle varias concesións de servizos municipais para avaliar o seu grao de cumprimento, oportunidade, etc. Contexto no que se enmarca a solicitude de información sobre as taxas por sacrificio deste matadoiro municipal na Xunta de Área de Promoción Económica, Emprego e Comercio o 22 de setembro de 2015 e seguintes.

Segundo a información recollida, a actividade da concesionaria municipal no servizo de matadoiro precisa de forma complementaria da presenza de persoal funcionario do Concello de Ourense. A súa labor enmárcase no control da báscula de pesado para evitar calquera tipo de anomalía ou irregularidade. Así é que a empresa Sociedade Limitada Matadero de Ourense debe aboar unhas taxas que varían en función das cabezas de gando sacrificadas.

Unha vez analizada unha pequena mostra desta actividade, segundo datos facilitados pola propia concellería, comparada cos listados de control de sacrificio regulamentario que tamén exerce o persoal funcionario responsable da área de Sanidade; evidéncianse grandes diferenzas en favor da concesionaria e en detrimento dos intereses do propio Concello de Ourense (ver gráficos anexos). Razón pola que o grupo municipal Ourense en Común instará no Pleno Ordinario do Concello de Ourense do próximo venres a constitución dunha Comisión de Investigación da concesionaria Sociedade Limitada Matadero Ourense con representación de todos os grupos municipais e técnicos competentes na materia a fin de dilucidar eses posibles desfases e desigualdades no inventariado.

 

Mes

Control sanitario de sacrificio

Taxas municipais Matadero de Ourense S.L.

Diferenza

Decembro 2014

3952

2451

1501

Xaneiro 2015

1157

866

291

Febreiro 2015

1572

1158

414

Marzo 2015

2122

1498

624

Abril 2015

1411

1057

354

Maio 2015

1353

968

385

 

  • Comparativa e diferenza datos en cabezas de gando segundo concesionaria e administración responsable en materia de sanidade.