Ourense en Común solicitará en pleno avanzar na inclusión social das persoas con necesidades e afastarse da visión asistencialista practicada polo Partido Popular nos seis primeiros meses de mandato

Ourense en Común solicitará en pleno avanzar na inclusión social das persoas con necesidades e afastarse da visión asistencialista practicada polo Partido Popular nos seis primeiros meses de mandato

O grupo Ourense en Común instará en pleno a crear ferramentas de diagnose e valoración para garantir que a administración local cubra as necesidades das persoas usuarias dos Servizos Sociais. De igual modo esixirán unha maior premura na implantación do programa Ourense Integra e dotar de persoal e medios os servizos

Dende Ourense en Común analizan con preocupación as carencias do Concello de Ourense en materia de Servizos Sociais. Así é que afirman que estos “atópanse saturados, é complicado levar a cabo unha visión multidisciplinar e individualizada de cada caso”. Ademáis disto, a maior das problemáticas sinaladas polo grupo municipalista son os prazos de atención en situacións de emerxencia, chegando a estenderse segundo referencian ata un mes a primeira cita de valoración. “Temos un equipo de profesionais que intentan cubrir as necesidades dun servizo que precisa algo máis que unha restructuración de persoal como pretende o Partido Popular, precisa ser dimensionado e repensado dende o núcleo”.

“Dende Ourense en Común defendemos a inclusión activa, e para que esta sexa eficiente é necesario que deixemos de intentar solucións erróneas. Debemos dar un paso máis na acción social e repensar os servizos sociais que o Concello de Ourense está a ofrecer. Como facelo? Dándolle voz ás traballadoras e as persoas excluídas, implementando medidas innovadoras que dimensionen o servizo atendendo as demandas de urxencia e ás características das necesidades podería ser un bo comezo”.

“Dende Ourense en Común defendemos que débese procurar a combinación renda e apoio para que as persoas afectadas poidan levar unha vida digna con vinculacións co mercado laboral en forma de oportunidades de emprego ou formación profesional e cun mellor acceso aos servizos públicos e especialmente aos servizos sociais”.