Montse Valencia León

Montse Valencia León

Candidata número 2 Ourense en Común

Data de nacemento: 06/11/1976
Áreas de goberno: Xustiza social, Sustentabilidade ambiental, Benestar animal

Nada en Vigo levo máis da metade da miña vida en Ourense do que coñecín outros tempos aos que lembro con nostalxia. Levo anos vivindo no Couto. Noutro tempo, cando estudaba no campus, fun veciña das Lagoas. Arraigada ao Xurés, pola familia, pola beleza, polo rural que nos precisa.

Teño a certeza de que outro Ourense é posible. As potencialidades da nosa cidade baséanse na cantidade de recursos propios que ten e que están sendo xestionados incorrectamente, pola falta de coidados, sociais e ambientais. Ourense padece unha crise continua, perpetuada no tempo por políticas que o sumiron no colapso: desigualdade e pobreza, insustentabilidade e quebra. Debemos recuperar Ourense!

Preséntome na candidatura de Ourense en Común porque sinto a responsabilidade de mudar as cousas; porque sinto a necesidade de forxar outro futuro para as xeracións actuais e futuras; porque quero dicirlle ás nais que a súa loita foi necesaria; porque as vellas formas de facer política esgotan as posibilidades dun cambio; porque quero contribuír ao ben común e porque sinto que este escenario municipalista que tivo o seu precedente no 2015, preséntase cun equipo capaz de liderar o cambio que Ourense precisa.

Info
Licencieime en Dereito e especialiceime en Medio Ambiente, promovendo procesos participativos onde todas as persoas puideran aportar facéndose co-responsables da defensa do contorno. Ecoloxista e feminista, como necesidade de crear un novo paradigma alternativo ao modelo de sociedade actual.

Economista colaborativa, solidaria e alternativa: creo na economía social, como modelo económico necesario para alcanzar un desenvolvemento máis equilibrado económica e socialmente.

Son nai, que entra en continuas contradicións entre o apego e o exercicio profesional; entre os coidados e a política. Diversos papeis, moitos escenarios, unha soa persoa.

EQUIPO