María Durán

María Durán



Data de nacemento: 25/09/82
Áreas de goberno: Sustentabilidade, Medio Ambiente, Xestión Residuos, Mobilidade

Defínome como unha persoa comprometida socialmente e crítica co que me rodea. Son sobre todo optimista, con ganas de ser parte da solución en non do problema. Por iso son activista do movemento ecoloxista e social dende hai catorce anos en diferentes colectivos (APDR, SGHN e Amigos da Terra). Ademais son socia cooperativista de Árbore Consumo Consciente e Som Energía, así como fundadora de Aldea S.C.G.

Cheguei dende Pontevedra a Ourense para dedicarme á miña paixón, a Educación Ambiental e fágoo na organización ambientalista Amigos da Terra, na que levo dez anos traballando pola economía circular, pola mobilidade sustentable, pola redución dos residuos en Galicia e amosando as vantaxes dun modelo baseado na compostaxe.

Tento pensar globalmente e actuar localmente, facendo política dos actos cotiáns: por Ourense desprázome en bici, merco a través do grupo de consumo Semente aínda que produzo tamén parte dos meus alimentos, consumo só enerxía renovable na miña vivenda e tamén teño os meus aforros na banca ética. Este xeito de vida é o que defende Ourense en Común e por iso dei un paso adiante e preséntome na súa candidatura. Porque soño con poder vivir nunha cidade que lidere o movemento pola xustiza climática. Xuntar farémolo realidade.

EQUIPO