Alberto Fortes Nóvoa

Alberto Fortes Nóvoa



Data de nacemento: 15/04/1987
Áreas de goberno: Rexeneración Urbana, Habitabilidade

Nacín aquí, en Ourense, e nos 32 anos que teño, estiven vinculado dunha maneira moi forte coa cidade de Ourense. A pesar de vivir durante temporadas longas fóra da cidade, todas as fins de semana e vacacións volvía a cidade, xa que é un referente para min.

Dende novo estou a participar en procesos, asociacións e movementos sociais, no que a colaboración é un dos papeis fundamentais para levalas adiante, e con toda esta experiencia para transformar o espazo municipal nun lugar que debe ser de todas.

Preséntome en Ourense en Común, polo grupo de persoas que forman a candidatura que engloban a xente vinculada a cidade con moita experiencia en procesos e dinámicas sociais.

Info
A miña vida estivo dunha maneira ou outra ligada a cidade de Ourense, nacín no barrio do Couto, para de ben cativo mudarme para A Ponte, e posteriormente emigrar a cidade da Coruña, mantendo Ourense como lugar de visita todos os fines de semana e vacacións. A piques de cumprir a maioría volvín a estudar o último curso de Bacharelato ao IES das Lagoas e vivir na Rabaza. A día de hoxe a miña vida transcorre entre Ourense e A Coruña.

Posteriormente estudei arquitectura, e dende ese momento moitos conceptos como o traballo colaborativo, a participación, os movementos sociais, o asociacionismo, a cooperación, … Moitos deses conceptos seguen a día de hoxe vinculados a min, nalgunhas das iniciativas nas que sego a participar; como pode ser o voluntariado en Arquitectura Sen Fronteiras ou a participación na plataforma de Proxecto Cárcere, para a reutilización da antiga prisión provincial da Coruña. Actualmente son profesor de matemáticas de secundaria, á vez que estudo o grado en matemáticas pola UNED.

A cidade de Ourense a nivel territorial é moi diversa, polo que é necesario un traballo no territorio heteroxéneo adaptándose a cada unha das realidades a nivel xeográfico pero tamén social. Outro modelo de cidade en Ourense é posible!

EQUIPO