Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – TERMALISMO

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este venres, 17 de xullo, ás 12h na Praza de San Martiño cos responsables da área de Termalismo do Concello de Ourense.

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – EDUCACIÓN

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este venres, 17 de xullo, ás 11h na Praza de San Martiño cos responsables da área de Educacion do Concello de Ourense.

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – XUVENTUDE e VOLUNTARIADO

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este venres, 17 de xullo, ás 10h na Praza de San Martiño cos responsables das áreas de Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense.

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – INFRAESTRUTURAS e MEDIO AMBIENTE

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este xoves, 16 de xullo, ás 11h na Praza do Trigo coas responsables das áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente do Concello de Ourense.

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – URBANISMO (Rehabilitación)

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este xoves, 16 de xullo, ás 10h na Praza San Marcial co xefe de servizo da área de Rehabilitación:

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – CULTURA

1ª Reunión do “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este vindeiro martes, 14 de xullo, ás 10h no Auditorio co xefe de servizo de Cultura:

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea deste Roteiro é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós

Ourense en Común organizou un roteiro crítico pola principal vía da cidade: «O progreso en Común», unha visita pola arte e o desastre

Ourense en Común organizou un roteiro crítico pola principal vía da cidade: «O progreso en Común», unha visita pola arte e o desastre

A visita guiada por unha historiadora percorreu a rúa do Progreso dende a Ponte Romana e serviu para visibilizar a realidade urbanística da arteria principal da cidade.

No roteiro crítico lembrouse o pasado dos edificios históricos espallados nunha rúa onde a arte e o patrimonio cultural se mesturan co desastre, pero tamén coa esperanza de futuro.

Ourense en Común continúa coa súa campaña electoral apostando polo contacto directo coa veciñanza, o autofinanzamento, a austeridade e a creatividade. Esta tarde candidatas de OUeC e veciñas, guiadas pola historiadora Gema Seara, percorreron a rúa do Progreso dende a Ponte Romana. Alí puideron comprobar o estado dos Ben de Interese Cultural (BIC), a ponte e a capela dos Remedios, así como os atentados cometidos no leito do Miño e as zonas verdes das ribeiras. Durante a visita foron descubrindo o pasado dunha rúa vítima das agresivas políticas urbanísticas, unha destrución do Progreso que comezou nos 50-60 e continuou nos anos 70 ata a actual situación de abandono.

O roteiro crítico “O progreso en Común. Artes e desastres do centro”, serviu para falar tamén de edificios tan emblemáticos como a Casa dos Taboada, o desaparecido Hotel Roma, derrubado no ano 69 e substituído por vivendas. O Pazo Provincial que, segundo explicou Gema Seara, levantouse para albergar unha empresa de textil, pagada pola Deputación e despois, alugáronse as oficinas. Tamén puidemos coñecer curiosidades como que o Centro Marcos Valcárcel, ata hai pouco Edificio Simeón, foi unha tenda de tecidos ao por maior. Ou o Antigo Hotel Barcelona, en ruínas e aínda á espera de rehabilitación. O roteiro rematou ao carón do edificio do século XIX que foi cárcere provincial, un espazo adecuado para ser autoxestionado por asociacións. Dende OUeC cederemos ese espazo e dende o Concello daremos apoio para a constitución dun Centro Social Autoxestionado.

 

“O Progreso en Común”

Na rúa do Progreso xúntase o poder coa esperanza. A grandeza coa banalidade. A arte co desastre. O patrimonio cultural co patrimonio económico duns poucos. O estado desa rúa, a arteria principal de comunicación da cidade de Ourense, tamén é unha foto fixa do estado dun Ourense, que sofre polo peche de comercios, o abandono de edificios e a falta dunha planificación que consiga pacificar o tráfico e converter as rúas nun lugar máis saudable e seguro. Por iso dende Ourense en Común apostamos por unha cidade para as persoas.

Porque somos veciñanza queremos que o noso territorio sexa a chave do desenvolvemento. Facer un mellor aproveitamento dos nosos recursos: a riqueza do medio natural e o talento das persoas como fonte de oportunidades. Fomentar a colaboración e o entendemento entre o público e o privado. Comprometernos coas pemes, os autónomos, o comercio local.

Queremos transformar Ourense nunha cidade dos coidados. Das persoas, do patrimonio e do medio ambiente. Con espazos naturais
protexidos e ríos limpos que sexan o noso legado para o futuro. Con barrios equilibrados nos que movernos e relacionarnos nas mellores condicións posibles. Cunha cultura de base que saia a rúa, e que nos axude a ser un pouco máis felices cada día. Queremos un Ourense do bo vivir. Un concello para as persoas!.

Por iso nós imos facer unha campaña próxima e aberta a todas as veciñas, con conversas entre todas, en distintos barrios da cidade, nas que analizaremos a realidade e daremos a coñecer as nosas propostas para solucionar problemáticas concretas.

 

Cun pé no pasado e outro no futuro

En OueC sentimos o patrimonio coma aquel ben, sexa cultural, natural, material ou inmaterial, que recibimos como herdanza do noso pasado, continuamos a crear hoxe, e legaremos as xeracións do futuro. O patrimonio non pode ser propiedade de ninguén, senón responsabilidade nosa, conxunta. Defendemos a participación pública no patrimonio como ferramenta coa que poder desenvolver todo o seu valor e facer del un recurso estratéxico para Ourense. Cómpre actuar para garantir a súa accesibilidade, conservación, estudo e, sobre todo, o seu uso público. Non só para o turismo, que tamén, senón para nós, as veciñas e veciños de Ourense, para poder seguir medrando, aprendendo e producindo riqueza.

[metaslider id=2379]