Incorporamos a voz dos colectivos ao noso Programa Participativo

Incorporamos a voz dos colectivos ao noso Programa Participativo

• Martiño X. Vázquez, candidato á alcaldía, e a número 2 da lista, Montse Valencia, mantiñan esta mañá sendas xuntanzas, con representantes da UGT e Amigos da Terra.
• Nas últimas semanas sucedéronse as reunións con colexios oficiais, sindicatos, asociacións e actores estratéxicos da cidade “para enriquecer o noso programa de goberno”.
“A xestión municipal suspende en moitas áreas. O concello pode facer moito máis. Nós faremos moito máis. O primeiro é darlles aos colectivos voz e capacidade para condicionar as políticas locais”.

        Ourense en Común mantén para a cita electoral do 26M a liña de traballo iniciada en 2015, diagnosticando a situación na que se atopan os servizos municipais desde a perspectiva dos sindicatos, colexios oficiais, asociacións, entidades e veciñas e veciños da cidade, cos que vén mantendo xuntanzas nas ultimas semanas, recollendo propostas e alternativas na xestión das diferentes áreas dos servizos municipais, e incorporándoas ao Programa Participativo co que concorrerá ás urnas.

    Entre outros colectivos, a candidatura mantivo reunións coa Coordinadora galega de ONGs, CCOO, a Asociación Española de Prevención de Accidentes de Tráfico -P(A)T-, os traballadores do Centro de Coñecemento da Molinera, co Sindicato de Policías Municipais, con representantes do corpo de Bombeiros, Stop Accidentes, Stop Desafiuzamentos, o Colexio de Arquitectos, ou o Foro Liceo, abordando as necesidades para “garantir a prestación de servizos de calidade ás cidadás, desde unha institución cercana, que faga á xente protagonista e redefina o concepto de gobernantes e gobernados. Temos un compromiso ético colectivo para cambiar de vez a forma de facer as cousas. O primeiro é darlles aos colectivos voz e capacidade para condicionar as políticas locais”.

    Os encontros máis recentes producíanse na mañá de hoxe, en que Martiño X. Vázquez, candidato á alcaldía, e a número 2 da lista, Montse Valencia, reuníanse primeiro con delegados do sindicato UGT, cos que compartiron as medidas que Ourense en Común propón para frear o devalo demográfico e a perda de capital humano derivada da crise económica, e logo con representantes de Amigos da Terra, coas que compartiron a necesidade de mudar as políticas públicas en materia de medio ambiente para que o Concello de Ourense sexa sostible e teña un futuro.

rePensar OUeC 2017

rePensar OUeC 2017

Procurando fomentar unha participación activa en OUeC en harmonía co desenvolvemento persoal, familiar ou laboral, desta volta a xornada anual “RePensar OUeC” celebrarase en domingo (?15/01/2017?).

Será unha xornada monográfica dende as ⏰10h da mañá ata ás 20h da noite⏰ aproximadamente, cun receso para un xantar comunitario (prégase que cada participante achegue algún petisco para compartir). O punto de encontro será o Espazo en Común, sito nas Burgas 8.

Existirá a posibilidade de habilitar unha zona infantil para facilitar a conciliación na sesión de mañá de 10h a 14h (na de tarde non será posible). Se queres reservar unha praza só tes que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQwvTLhhiHWQ4_mkEfn5D7QSNYaV2D9aIPYZZP23gvE3xarw/viewform?c=0&w=1

?Os obxectivos desta xuntanza anual serán novamente avaliar o proceso municipalista dende o seu proceso constituínte e analizar en que fase do mesmo se atopa. Asemade desta volta preténdese unha redefinición de documentos constituíntes, folla de ruta e planificación estratéxica adaptadas á realidade actual e o horizonte das eleccións municipais de 2019.

Os documentos motivo de análise serán:

  • Declaración de principios:
  • Estrutura organizativa:
  • Protocolo de entrada e participación:
  • Carta de compromiso:
    • Versión actual (Descarga)
    • Proposta do GT Confluencia (Non se presentaron emendas)
  • Código de ética política:
  • Código de Boa Gobernanza:
  • Regulamento Asembleario: 
  • Folla de ruta:

A proposta elaborada polo GT Confluencia poderá ser emendada ata o xoves 12/01/2017 ás 23:59 (mediante correo-e a ourenseencomun@ourense.gal facendo mención na emenda presentada a que documento fai referencia). Posteriormente as emendas serán ordenadas para o seu debate atendendo as seguintes normas:

– O tempo de exposición de cada emenda, incluída a do texto orixinal se é o caso, será de 2 minutos.

– Haberá varias quendas de intervención abertas ao longo da xornada (dun minuto de máximo de duración) para reflexionar sobre aqueles puntos con maior número de emendas ou que podan xerar máis debate.

Consulta o programa completo da xornada:

repensarprograma

Asemblea do grupo de barrio de A Ponte

Asemblea do grupo de barrio de A Ponte

O pasado venres Ourense en Común celebrou unha nova asemblea do Grupo do barrio de A Ponte.

“Pasiño a pasiño imos medrando, tanto en xente que participa como en tarefas a traballar. Somos conscientes de que aínda temos que mellorar moitas cousas, pero co esforzo de todos e de todas, intentaremos avanzar para sermos unha ferramenta de utilidade para o noso barrio. Niso estamos”. A realización dunha diagnose do barrio desde diferentes perspectivas, económica, ambiental, urbanística, responde á necesidade de acadar un desenvolvemento desexable para o barrio.

Ourense en Común agradece tamén a todos os veciños e veciñas que están a facer chegar queixas, reclamacións, suxerencias, etc., e ten o firme propósito de que ningunha quede sen atender.

Estas asembleas son abertas á participación de toda a cidadanía interesada sendo convinte a vinculación ao barrio de A Ponte para coñecer as carencias que presenta o barrio así como as oportunidades do mesmo. Se queres achegarte á vindeira asemblea será en xaneiro e se queres participar desde a túa casa podes facer achegas ao enderezo ola@ourenseencomun.gal.

 

 

Asemblea do grupo de traballo de Ourense en Común do barrio de A Ponte

Asemblea do grupo de traballo de Ourense en Común do barrio de A Ponte que se celebrará mañá venres 13 ás 19:30h. no local Andén nº 1 (zona da estación do tren, sita na avenida de Marín perante o nº 37).

Quen queira participar ou facer algunha suxestión, queixa,…pode personarse in situ ou ben facérnola chegar pola vía que considere oportuna.

Proposta de orde do día:

  • valoración campaña actual
  • censo entidades barrio. Propostas
  • varios (repensa OUeC,…)