Concello: Xunta de Área de Benestar Social

De conformidade co art. 121.1 do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense (Publicado no BOP do 14/11/2012) e do disposto polo Decreto de Alcaldía núm. 2015004200 de 26 de xuño de 2015, onde se establecen a estruturación da Administración municipal vixente, convócaselle pola presente, á Xunta de Área, a celebrar o próximo martes día 28 de xullo de 2015, as 13:30 horas, no edificio municipal da praza san Martiño, sala do 3ª andar, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Información da presidenta.

3. Rogos e preguntas.

Ourense, 24 de xullo de 2015.

Concello: Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense – XUVENTUDE e VOLUNTARIADO

Prosegue o “Roteiro OUeC polas áreas do Concello de Ourense” este venres, 17 de xullo, ás 10h na Praza de San Martiño cos responsables das áreas de Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense.

  • Coñecemento, presentación, avaliación e diagnose da área.
  • Establecemento de canles de comunicación e rede.

A idea destes Roteiros é a de visitar as diversas áreas do Concello, presentándonos e cun modelo de cuestionario base de urxencias, demandas, necesidades… e establecendo canles directas de comunicación entre as traballadoras municipais e nós.

Concello: Constitución da Xunta de Área de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xuventude e Voluntariado

O 10 de xullo convócase a Sesión Extraordinaria constitutiva da Xunta de Área de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xuventude e Voluntariado para o 15 de xullo de 2015, ás 13:30h no Centro Cívico Colón. Ledicia Piñeiro será a representante titular de Ourense en Común nesta Xunta de Área.

Orde do día

  1. O obxecto da sesión é proceder á constitución da Xunta de Área de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xuventude e Voluntariado, en base ao disposto no artigo 118 e seguintes do Regulamento orgánico de goberno e organización do pleno e da comisión especial de suxestións e reclamacións.
  2. Determinación do día e hora en que terán lugar as sesións da xunta de área

Composición da Xunta de Área:

  • Presidente: Dª. María Sofía Godoy Gómez Franqueira
  • Vogal: D. José Mario Guede Fernández
  • Vogal: Dª. Concepción García Lozano
  • Vogal: Dª. Carmen Rodríguez Dacosta
  • Vogal: Dª. Laura Nóvoa García
  • Vogal: Dª. Mª Teresa Rodríguez Garrido
  • Vogal: Dª. Ledicia Piñeiro Prada
  • Secretaria: Dª. Montserrat Ramos Galván

Encontros con colectivos: Plataforma en defensa da Casa da Xuventude

A triste situación pola que está a atravesar nos últimos tempos unha das insignias da nosa cidade, a Casa da Xuventude, é algo que nos preocupa a todas as ourensás. Este xoves pola tarde, na cafetería Ollo Ledo, Miguel Doval e Emilio R. Tilve, membros da candidatura de Ourense en Común ao Concello, reúnense coa Plataforma en defensa da Casa da Xuventude para escoitar as súas demandas e debater sobre propostas para a mocidade.