Entrevista a Emilio R. Tilve en Onda Cero sobre o noso Código de Boa Gobernanza

Entrevista a Emilio R. Tilve en Onda Cero sobre o noso Código de Boa Gobernanza

Emilio R. Tilve, número 9 da candidatura de OUeC, será entrevistado a partir das 13:40 en Onda Cero, no 98.8 da FM ourensá ou na propia páxina web http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/directo. A entrevista centrarase no Código de Boa Gobernanza que Ourense en Común aprobou na Asemblea do pasado xoves.

Hoxe pola mañá as persoas na lista de Ourense en Común asinaron este código de gobernanza, que xunto ao resto de documentos elaborados en común, como o Código Ético e o Programa Participativo, serve como garante para toda a cidadanía do labor dentro e fóra do Concello por Ourense en Común.

Entrevista a Martiño X. Vázquez en Onda Cero sobre mobilidade

Entrevista a Martiño X. Vázquez en Onda Cero sobre mobilidade

Martiño X. Vázquez, número 3 da candidatura de OUeC, será entrevistado a partir das 12:30 en Onda Cero, no 98.8 da FM ourensá ou na propia páxina web http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/directo. A entrevista centrarase no eido da mobilidade e nas propostas de Ourense en Común para acadar unha cidade para as persoas, que inclúen unha aposta definitiva pola intermodalidade (peón-bicicleta-transporte público), a pacificación do tráfico e a creación dun corredor verde, entre outras medidas.