Ourense en Común presenta maña no pleno do concello tres mocións referidas a persoal, a participación e sobre o patrimonio natural e cultural

Ourense en Común presenta maña no pleno do concello tres mocións referidas a persoal, a participación e sobre o patrimonio natural e cultural

O grupo municipal presentará maña no pleno do concello de novembro tres mocións sobre a situación de conflicto que se está a vivir no Parque de bombeiros, sobre a necesidade de facer un programa estatístico de seguemento dos participantes dos cursos promovidos polas distintas concellerías e, a última das mocións, referida á necesidade de creación dun órgano de xestión en materia de Patrimonio natural e cultural.

O traballo do grupo para o pleno complétase coas emendas realizadas ás mocións dos outros grupos por canto na asemblea celebrada o pasado martes decidiuse valorar positivamente algunhas das citadas mocións sempre e cando se considerasen ditas emendas. Neste caso, emendouse a moción do PsdG-PSOE referida ao mantemento dunha instalación para uso e desfrute dos veciños e veciñas de Reza situada na depuradora cuxas instalacións están pendentes de derribo por sentenza do ano 2007; outra das emendas realizouse á moción de Democracia Ourensana sobre a recuperación das marxes do río Loña cun paseo fluvial e, a última das emendas realizada tamén ao grupo municipal Democracia Ourensana na que solicitan dar maior protagonismo ás festas dos Magostos en Ourense fronte ás festas do Corpus, celebradas de cara ao verán e coñecidas como as festas patronais da cidade.

Desde Ourense en Común promovemos a participación da cidadanía nas decisións referidas ao municipio e que se traballan desde a institución, por iso conta con diferentes ferramentas participativas nas que destaca o uso dun programa informático que serve para a presentación de propostas. Calquera interesada pode porse en contacto co grupo a través do correo ola@ourenseencomun.gal e achegarnos as súas proposicións.

Fonte foto: Miguel Villar

Ourense en Común reclama unha solución para a situación do servizo de Bombeiros

Ourense en Común reclama unha solución para a situación do servizo de Bombeiros

O grupo municipal Ourense en Común está a elaborar unha moción que pretende ser altofalante da realidade límite que se está a vivir polos Bombeiros do Concello.

 

• As deficiencias no servizo, causadas pola diminución do número de efectivos, de 72 pasaron a 54, unha situación de tensións e inestabilidade no parque e un estado de precariedade nas condicións laborais.

• Ademáis diso o material e as propias instalacións do parque deben ser revisadas, melloradas ou actualizadas.

OUeC propón a constitución dunha Mesa Técnica, que axude a crear un espazo de comunicación no parque e que ademáis se encarge da realización de todos os protocolos de intervención necesarios para o correcto funcionamento.

• Ademáis disto solicítase que se atendan as demandas laborais dos Bombeiros, equiparando as súas condicións ás dos parques doutras cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo ou Vigo.

Ourense en Común celebra o aumento da inversión autonómica pero critica o electoralismo do Partido Popular

Ourense en Común celebra o aumento da inversión autonómica pero critica o electoralismo do Partido Popular

O grupo municipal Ourense en Común alégrase do aumento na inversión autonómica na provincia pero cuestiona o uso discrecional e partidista que o Partido Popular fai do erario público.

 

“Os mesmos que criticamos no pasado a marxinación do concello de Ourense na Xunta de Galicia, por estar gobernadas por diferentes grupos políticos, non podemos agora celebrar un aumento na inversión autonómica por afinidade e interese electoral aínda que resultemos beneficiados”. Con esta frase o grupo municipal Ourense en Común quere deixar claro “o malestar desta organización co modo de xestionar os recursos públicos por parte dos partidos políticos tradicionais que antepoñen os seus intereses ao beneficio común”.

 

“É necesario explorar novas metodoloxías para evitar o uso discrecional e partidista dos recursos públicos”. Con esta afirmación a organización municipalista quere denunciar a “política de asfalto por votos practicada polo Partido Popular”. Así é que entenden que “unha administración pública debería contar cun plan estratéxico e programa de actuacións xerarquizado en base ás necesidades cidadás e non en base aos tempos políticos”.

Ourense en Común completa o proceso de selección para nomear ao seu persoal eventual dentro do Concello de Ourense

Ourense en Común completa o proceso de selección para nomear ao seu persoal eventual dentro do Concello de Ourense

  • A asemblea da organización municipalista aprobou, despois dun mes de redacción e emendas, o proceso de selección que terían que superar as persoas que pretendían aspirar ao denominado “posto de confianza”.
  • Ao contrario que o resto de grupos municipais as persoas seleccionadas debían superar tres fases nas que se avaliaban a súa capacidade curricular e méritos académicos, a implicación co proceso municipalista e a súa capacidade de traballo en equipo. Así foi que das 16 persoas aspirantes só 4 chegaron a derradeira fase e finalmente Monstserrat Valencia, asesora xurídica e recoñecida activista no mundo ecoloxista, foi a persoa que maior puntuación acadou.
  • Montserrat Valencia súmase deste modo ao Grupo de Traballo Institucional e quedará sometida as mesmas obrigas e deberes que as tres concelleiras de Ourense en Común: limitación de salarios, rendición de contas, axenda pública, etc.

 

ANEXOS.-

Bases para participar no Proceso de selección de persoal eventual do grupo municipal Ourense en Común no Concello de Ourense: ver bases

Puntuacións e acta na que se referenda o Proceso de Selección de Persoal Eventual en OUeC: ver documento

Perfil de Montse Valencia: ver perfil

Proceso de selección de persoal eventual do grupo municipal de Ourense en Común

CONSENSUADO NA ASEMBLEA DO 04/08/2015

COMISIÓN DE VALORACIÓNS DO 12/08/2015

Un Comité de Selección conformado por un representante de cada Grupo de Traballo de Ourense en Común e o Grupo de Traballo Institucional foi o encargado de revisar toda a documentación e as autovaloracións das persoas candidatas e ordenalas ca puntuación acadada na valoración tanto dos criterios de afinidade co proxecto de OUeC como da valoración curricular nos termos recollidos no Anexo 1 da convocatoria e aprobados por consenso na Asemblea en Común do 04/08/2015.

Os resultados provisionais deste Comité de Selección son os seguintes:

Excluídos na primeira fase
(non superar o mínimo de 60 puntos)

Documento Identidade

****8164 – C

****3454 – V

****2164 – P

****4828 – Y

****7100 – Y

****6753 – X

****6067 – A

****6838 – T

****1877 – X

Excluídos na segunda fase (non superar o mínimo de 60 puntos)

Documento Identidade

****9114 – E

****8816 – H

****8556 – H

Puntuación definitiva

Documento Identidade

Puntuación 1a Fase

Puntuación 2a Fase

Puntuación 3a Fase

Total

****0337 – S

60

60

25

145

****3317 – T

60

83

58

201

****9907 – W

80

79

50

209

****1160 – X

60

68

55

183

Este resultado será comunicado directamente ao correo-e facilitado polas persoas interesadas, na rolda de correo-e interna de Ourense en Común e na web ourenseencomun.gal

CALENDARIO

Apertura prazo de alegacións: ata o venres 14 de agosto ás 23:59h. Estas poderanse presentar fisicamente no espazo do Grupo Municipal na planta soto da Casa Consistorial ou por correo-e a ourenseencomun@ourense.gal

Publicación de resultados definitivos e referendo da Asemblea en Común: Convócase unha Asemblea Extraordinaria, a solicitude do Comité de Selección, o luns 17 de agosto ás 20h no Local de Ourense en Común na Rúa das Burgas no8 Baixo para tratar un único punto na orde do día: Publicación dos resultados definitivos do proceso de selección de persoal eventual de confianza do grupo municipal Ourense en Común e referendo por parte da Asemblea en Común.

Descarga documento en PDF: Persoal eventual

Concello: Xunta de Voceiras 20/07/2015

Concello: Xunta de Voceiras 20/07/2015

Lugar: Alcaldía
Data e hora: 20/07/2015 ás 09:00h
Convocatoria na Axenda de OUeC: http://ourenseencomun.gal/acto/xunta-voceiras-150720
Asisten o Alcalde, Secretario do Concello de Ourense, voceiros dos grupos municipais da oposición (Democracia Ourensana, Partido Socialista de Galicia e Ourense en Común) e do goberno (Partido Popular).
->Descarga o relatorio da sesión en PDF
(A foto que acompaña esta entrada obtívose da conta de twitter do Alcalde: https://twitter.com/jesus_ourense/status/623107768027869184)

RELATORIO:

1.- Adianto da sesión ordinaria do mes de agosto – o alcalde presenta a súa proposta de adiantar o pleno ordinario do mes de agosto ao venres 31 de xullo, apelando a necesaria conciliación do persoal do Concello e das propias concelleiras, e abre ao resto de grupos a posibilidade de consenso neste apartado.

O voceiro de Democracia Ourensana solicita que no caso de adiantarse a data escollida sexa o xoves 30 de xullo, xa que logo parte deste grupo municipal non estaría presente nesa nova data.

O voceiro de Ourense en Común, atendendo ao mandato da asemblea de veciñas celebrada o venres 17 de xullo no local social de ESCUA Colectivos, cuestiona a necesidade desa alteración na data, xa que logo non é comprensible que a actividade municipal quede paralizada polo descanso de persoal do mes de agosto. Xa que logo solicita, tal e como se manteñen as Xuntas de Área, que non se modifique o calendario previsto. Un argumento que afonda na necesidade de recuperar a confianza nas institucións e no grao de pedagoxía que se lles debe esixir aos integrantes neste caso da corporación municipal. Se isto afecta aos dereitos das traballadoras a gozar de vacacións é necesaria unha reflexión e revisión das encomendas e persoal municipal.

A proposta de Alcaldía e grupo de goberno sae adiante co apoio de Democracia Ourensana, co asentimento do Partido Socialista de Galicia e a falta de apoio de Ourense en Común.

2.- Réxime e desenvolvemento das vindeiras sesións plenarias – o alcalde recupera o debate presentado na anterior Xunta de voceiras na que por “cuestións de eficiencia” facíase necesaria e imprescindible a limitación do número de mocións a levar a pleno. A súa proposta pasa por limitar estas a dúas.

O voceiro do grupo municipal de Democracia Ourensana, fundamentado na falta de carácter vinculante destas mocións, aposta tamén por limitar o número a dúas mocións por grupo mantendo os tempos actuais (8 minutos de presentación e 4 minutos de réplica).

O voceiro de Ourense en Común recupera o debate tido no na anterior xunta e cuestiona o carácter antidemocrático da proposta presentada por Democracia Ourensana de limitar a temática destas mocións. Asemade, a partir do mandato da asemblea de veciñas celebrada o venres 17 de xullo no local social de ESCUA Colectivos, presenta a necesidade de suprimir calquera limitación no número de mocións a presentar en pleno, sendo este o único espazo de reflexión e debate aberto á cidadanía.

O voceiro do Partido Socialista de Galicia en Ourense confirma a importancia destes espazos de debate como medios de visibilización da labor municipal. Con todo tamén comprende que é necesario limitar os tempos dalgún modo polo que propón limitar o número de mocións a tres e modificar os tempos de presentación (6 minutos) e réplica (3 minutos).

O equipo de goberno procurando un maior consenso solicita o consentimento de Democracia Ourensana para apoiar a proposta socialista. A proposta do PSdG-Ourense sae adiante co apoio de Democracia Ourensana e o propio grupo de goberno e coa negativa de Ourense en Común.

3.- Información da alcaldía sobre asuntos de interese municipal – o alcalde presenta unha proposta para limitar o aparcamento no espazo reservado para técnicos e persoal do concello na Rúa da Barreira. A petición do grupo socialista este tema queda adiado e será tratado no futuro. Asemade infórmase dos encontros tidos nas derradeiras semanas nas súas viaxes a Madrid e Santiago de Compostela. Na primeira delas, reunido co Ministerio de Fomento, tratáronse esencialmente dúas problemáticas: integración do AVE na cidade e circunvalación norte. Outros temas tratados foron aqueles referidos ao paso baixo o ferrocarril na Rúa Ramón Puga, a Ponte Tarascón, o acceso por Untes e outros.

O voceiro do grupo municipal socialista pregunta sobre que grado de compromiso existe máis aló do encontro ao que o alcalde responde que non existe outro compromiso máis aló da promesa de traballar neses horizontes de cara aos próximos orzamentos aínda por aprobar.

No referido ao encontro co Presidente da Xunta de Galicia as temáticas expostas foron: apoio obras como a Biblioteca, Arquivo, Museo Arqueolóxico, Transporte Metropolitano, integración do AVE, reformas e actuacións Ponte do Milenio e Ponte Romana, PXOM, etc.

Novamente o voceiro do grupo municipal socialista pregunta sobre que grado de compromiso existe máis aló do encontro ao que o alcalde novamente responde que os compromisos adquiridos son unha folla de ruta para falar, escoitar e traballar con eses obxectivos. Razón pola que ambas formacións entran nun debate de reproches mutuos sobre instrumentalización e electoralismo das administracións públicas en favor de intereses de partido.

Outros – infórmase da inminente celebración dunha xunta de goberno para tratar unha modificación orzamentaria que será debidamente comunicada aos grupos.

O voceiro do grupo municipal de Ourense en Común pregunta pola situación do conflito presentado polo interventor na anterior xunta para a regularización nas asignacións trimestrais a grupos despois do 13 de xuño. Infórmase que o grupo municipal de Democracia Ourensana presentou unha reclamación formal pola que se adaptarán e corrixirán posibles erros nas porcentaxes de asignación.

Concello: 1ª Xunta de Voceiros

Concello: 1ª Xunta de Voceiros

Lugar: Alcaldía
Data e hora: 24/06/2015 ás 13:00h
Asisten, ademais das voceiras dos grupos municipais, o alcalde, secretario e intervetor do Concello de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 48 do Regulamento orgánico de goberno e organización do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense, convocábase ás voceiras dos grupos municipais para a primeira sesión da Xunta de Voceiras o mércores 24 de xuño ás 13 horas para abordar a seguinte orde do día:

1.- Constitución da Xunta de Voceiras

Queda constituída como segue:

  • Polo Partido Popular: Francisco González
  • Por Democracia Ourensana: Gonzalo Pérez Jácome
  • Polo Partido Socialista de Galicia: José Ángel Vázquez Barquero
  • Por Ourense en Común: Martiño Xosé Vázquez

2.- Estudo do réxime de desenvolvemento das vindeiras sesións plenarias

Dáse conta da inminente convocatoria do Pleno de Constitución e dos temas que formarán parte da orde do día do mesmo. Entre eles: constitución grupos, proposta alcaldía sobre composición e réxime de sesións da Comisión de Pleno, Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións e Comisión Especial de Contas, composición das Xuntas de Área, retribucións, entre outras.

Destaca entre todos os apartados anteriores a proposta de alcaldía de manter a asignación herdada da corporación anterior agás para a súa retribución que compromete a reducir nun 5%.

Afróntase unha reflexión profunda sobre a eficiencia das sesións plenarias e o número de mocións que deben presentar os grupos municipais. Debate que remata sen acordos malia a proposta en firme de Partido Popular e Democracia Ourensana de limitar estas a dúas mocións por grupo. O voceiro do PSdeG-PSOE e máis Ourense en Común defenden explorar outras vías como a limitación de tempos de intervención ou de presentación de mocións.

3.- Posta en coñecemento da Proposta da Alcaldía de asignación económica aos grupos municipais.

Preséntase a proposta que establece como asignación mensual a cada un dos grupos políticos do concello a cantidade de 450€ e por cada un dos integrantes de cada un deles a cantidade mensual de 450€:

Proposta de asignación económica aos Grupos Municipais