Ourense en Común advirte que o acordo plenario sobre soportes publicitarios municipais contemplaba ceder espazos a colectivos e asociacións veciñais

Ourense en Común advirte que o acordo plenario sobre soportes publicitarios municipais contemplaba ceder espazos a colectivos e asociacións veciñais

Ourense en Común analiza con preocupación a intención do goberno do Partido Popular de sacar a concurso o mantemento e explotación dos soportes publicitarios municipais incumprindo o acordo plenario do 2 de setembro de 2015.

 

O pleno ordinario do Concello de Ourense do mes de setembro de 2015, por once votos a favor dos grupos municipais de Democracia Ourensana e Ourense en Común, dez votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, e seis abstencións do grupo municipal do PSdeG-PSOE; aprobou que se procedera con carácter urxencia a eliminar os Mupis que supoñían unha barreira arquitectónica e cancelar o prego de contratación en curso. Comprometéndose asemade a instalar coa maior celeridade posible Taboleiros de Barrio que serán xestionados polas diferentes asociacións de veciñas para o seu uso como soporte de difusión, divulgación e expresión.

 

A intención do Partido Popular de retomar os trámites para convocar o concurso público de mantemento e explotación de soportes publicitarios municipais incumpre un punto nodal daquela resolución plenaria. Ourense en Común advirte da existencia dese acordo e do compromiso político adquirido polo equipo de goberno. De incumprilo a organización municipalista anuncia accións de rúa, protesta e denuncia.

 

Dende Ourense en Común albíscase un preocupante interese por parte do Grupo Municipal do Partido Popular en reducir os espazos de difusión e divulgación para colectivos e asociacións. Tendencia observable na negativa da cesión dalgúns destes soportes, o retraso na implantación de Taboleiros de Barrio ou o anuncio dun endurecemento na aplicación de sancións por instalación de carteis na vía pública.

Asemblea do grupo de traballo de Ourense en Común do barrio de A Ponte

Asemblea do grupo de traballo de Ourense en Común do barrio de A Ponte que se celebrará mañá venres 13 ás 19:30h. no local Andén nº 1 (zona da estación do tren, sita na avenida de Marín perante o nº 37).

Quen queira participar ou facer algunha suxestión, queixa,…pode personarse in situ ou ben facérnola chegar pola vía que considere oportuna.

Proposta de orde do día:

  • valoración campaña actual
  • censo entidades barrio. Propostas
  • varios (repensa OUeC,…)
Segunda xuntanza do Encontro de barrio de A Ponte

Segunda xuntanza do Encontro de barrio de A Ponte

O pasado xoves tivo lugar, non Centro Cívico, a segunda xuntanza do Encontro do barrio de A Ponte. Ao tratarse dun grupo de traballo de recente constitución, e co obxectivo de optimizar o antes posible o seu funcionamento, tratáronse varios temas de loxística interna.

 
Como puntos centrais da xuntanza abordáronse as accións concretas de cara a coñecer as diferentes problemáticas que atinxen ao barrio. Os vindeiros días un grupo de integrantes deste Encontro de barrio realizaremos visitas ás nosas veciñas para coñecer de primeira man as inquedanzas veciñais. Aproveitaremos tamén para dar a coñecer as ferramentas que desde Ourense en Común poremos á súa disposición para todo o que poida serlles de utilidade.

Asemblea do grupo de barrio da Ponte

Asemblea do grupo de barrio da Ponte

Asemblea do encontro de Barrio da Ponte

Orde do día:

  • estado tarefas: roldas guaxap, email, tarxeta presentación, formulario enquisa, inventario asociacións do barrio, …
  • delimitar ámbito territorial de actuación
  • confeccionar calendario actuacións no barrio.
  • varios
  • fixación vindeira xuntanza (lugar e data)
  • envío acta rolda OUeC
A Ponte en Común

A Ponte en Común

Encontro de Barrio: A Ponte

Este martes, 22 de setembro, ponse en marcha o grupo de barrio A Ponte en Común. Se queres formar parte del non tes máis que achegarte ao local da Asociación Andén nº1 e participar do encontro que terá lugar ás 20h. O grupo de traballo permanente terá como obxectivo canalizar todas as achegas relacionadas co barrio da Ponte cara ao grupo de traballo institucional de Ourense en común, así como ter a vista fixada na realidade do barrio realizando propostas de mellora da calidade de vida das veciñas e veciños.

O Polvorín en Común (ACTO CENTRAL DA CAMPAÑA)

O Polvorín en Común (ACTO CENTRAL DA CAMPAÑA)

En Ourense en Común estamos nos barrios e, este xoves 21, estamos no Polvorín, onde faremos o noso acto central de campaña. Unha campaña na que, cargadas de ilusión, a tope de imaxinación e sobradas de ganas, estamos percorrendo todo o Concello para facer partícipe a toda a veciñanza deste proxecto que é Ourense en Común.

A partir das 20h presentaremos o Programa Participativo construído pola cidadanía de Ourense para estas Municipais 2015 e o noso compromiso para un Bo Goberno, e escoitaremos o que teña que dicir a veciñanza, as súas propostas e reivindicacións.

Contaremos con Miguel Doval, candidato á alcaldía por Ourense en Común, e coa maioría das persoas nesta nosa (vosa) candidatura.

Por un Concello para as persoas!

O Couto en Común

O Couto en Común

Ourense en Común está nos barrios, e o mércores 20 está no Couto, no parque do INGABAD, ao carón da rúa Álvarez de Sotomayor. Alí dialogaremos coa veciñanza, escoitando as súas reivindicacións e propostas e presentando nós as desenvolvidas para o Programa Participativo de Ourense en Común para estas Municipais 2015. Neste encontro o aceno estará no tema da Saúde Pública.

Achégate e participa!

Vinteún en Común

Vinteún en Común

Ourense en Común está nos barrios!

O martes 19, contra ás 19:30h, estaremos no Vinteún, dialogando coa veciñanza sobre as problemáticas do barrio e escoitando as súas propostas e reivindicacións.  Presentaremos ademais o Programa Participativo construído entre todas para Ourense, prestando nesta ocasión especial atención aos aspectos de Territorio e Mobilidade.

Participarán: Martiño Xosé Vázquez Mato (dinamiza), Miguel Doval e Rita González
Convidadas: Panchi García Quiroga (Investigador e activista dos comúns e da cultura libre) e Silvia Villar (experta en xestion do patrimonio cultural)

A Carballeira en Común

A Carballeira en Común

Ourense en Común está nos barrios!

A noitiña do luns 18 estaremos na Carballeira, escoitando á veciñanza e dialogando sobre as problemáticas do barrio.  Presentaremos ademais as principais propostas do Programa Participativo de Ourense en Común para estas Municipais 2015.

Participarán: Carlos García (dinamiza o encontro), Xosé Dorrío, María Durán, Ánxeles Faraldo e Montse Valencia
Convidado Victor Barro – Quince anos de activismo no movemento ecologista ourensan, galego e estatal.