Esiximos ao PP corrixir a crecente morosidade da súa xestión no Concello de Ourense
2 Outubro, 2018
0
•     O Concello chega aos 114 días de retraso no pago de facturas, que suman sete millóns e medio de euros de débeda.
•     Os intereses de demora “incrementarán máis aínda a sangría deste goberno no peto dos veciños e veciñas de Ourense”.
•     O Concello tarda 3 veces máis en pagar do que exixe a lei. Autónomos e empresas agardan para cobrar 90 días máis que hai un ano.
•     O grupo estudiará reprobar á concelleira de facenda, Ana Morenza, “non é capaz de aprobar uns orzamentos, nin de sacar novas contratacións, e as facturas acumúlanse na súa mesa”.

    Ourense en Común calificaba esta mañá como unha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten máis de sete millóns e medio de euros pendentes de pago, cun retraso de 114 días “e subindo, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días.

    O grupo apunta a que o goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “convertiron a este Concello en mal pagador, perxudicando ás pequenas empresas que prestan servicios municipais”.

    Montserrat Valencia, edil do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, “que desde xaneiro se disparou desde os 40 aos 114 días nos que estamos”, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir os recursos do Concello.

    Engaden que é inxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”.