“Sin agua no hay vida, vos no entiendes”

“Sin agua no hay vida, vos no entiendes”

“Este pozo es nuestro. Esta agua es nuestra. Es el agua para nuestros hijos. Venden nuestros pozos y nuestros lagos y se quieren quedar también la lluvia”.

 

Estas son dúas frases pronunciadas polo heroe, Daniel na película de Iciar Bollaín, “También la LLuvia”. O mércores 10 de febreiro publicouse no BOP que 196 persoas e entidades de Ourense, en quince días sufrirán un corte no subministro de auga. Ao ler a nova lembrei inmediatamente a película e as revoltas entre 1999 e 2000, na “Guerra da Auga”, en Bolivia. A película mostra o resultado das políticas privatizadoras que nese tempo estaba levar o goberno de Bolivia. O Banco Mundial, as transnacionais e as mafias do goberno tentaron quitar a auga ao pobo. Cando se aprobou a lei que regulaba esta situación só tiñan acceso ao sistema central da auga a metade da poboación. A outra metade abastecíase mediante uns pozos cooperativos que eles mesmos construíran para cubrir as súas necesidades básicas. Esa Lei obrigaba a entregar eses pozos á entidade explotadora. Sen compensación algunha polo tempo e o diñeiro investidos. Para moitos habitantes isto provocou unha subida no recibo da auga de ata o 300% nalgúns casos.

 

A privatización da auga no Estado español, non por ser máis silenciosa foi menos severa. Se en 1996 o 63% da poboación estaba abastecida por sociedades públicas, hoxe a porcentaxe diminuíu ata o 47%. Tradicionalmente as augas subterráneas foron de dominio privado, mentres as augas superficiais foron consideradas de dominio público. De onde parte está idea? Parte dos enormes esforzos económicos que o desenvolvemento da gran obra hidráulica esixe e que soamente poden ser asumidos polo erario público, baixo a consigna ademáis do “interese xeral”. Nada de todo isto requiríase para explotar as augas subterráneas, que quedaron por iso ligadas á propiedade privada da terra. Á fin e ao cabo, os investimentos necesarios para alumar un pozo eran e son alcanzables aos axentes privados sen necesidade da intervención do Estado.

 

A través do Real Decreto 1/2001, na época de José María Aznar, apórtase un novo elemento á lei de Augas: a legalización dos libres mercados de dereitos concesionais das augas públicas (en xeral superficiais). Se combinamos esta reforma coa posterior aprobación do Plan Hidrolóxico Nacional, baseado na política de transvasamentos cara ao eixo mediterráneo, sobre a base dunha masiva subvención pública, e coa paulatina privatización da xestión nas entidades locais, os abastecementos deficientes e a súbida na factura da auga, atopámonos cun marco preocupante de institucionalización da corrupción.

 

Igual que moitos outros municipios nas últimas décadas, Ourense sumouse á ola privatizadora. Agora mesmo as augas do noso concello están sendo explotadas pola empresa Viaqua. Eu pregúntome, istes cortes no subministro terán algo que ver con ser a cidade galega onde é maior o índice de pobreza e exclusión social, un 23,2%? e con ser a cidade co salario medio máis baixo?.

 

A triste realidade é que non se coñecen as particularidades das 196 persoas que aparecen na lista do BOP do mércores, a triste realidade é que podemos ser calquera, a veciña, a panadeira, o teu curmán. Neste momento é de vital urxencia que servizos sociais do concello investiguen cada un dos 196 casos e asegurar que a empresa non fará ningún corte ata que se verifique que non se priva de dereitos básicos a ningunha muller, home, neno ou nena do noso concello.

 

No político toca sumarnos á tendencia global da remunicipalización da auga, tal e como sinala o informe da Unidade de Investigación de Servizos Públicos, o Instituto Transnacional e o Observatorio das Multinacionais, publicado en xaneiro do ano pasado. Non se debe esquecer, que o que se ten que pagar pola auga é unha taxa e non unha tarifa, estea ou non externalizado o servizo. Isto evitaría os cortes de auga nos fogares e que se faga negocio do ben común. Ademáis esta afirmación ven recollida nunha sentencia do Tribunal Supremo, do 23 de Novembro de 2015. Municipalizar o servizo, que o Concello cobre a taxa correspondente e evitar unha situación de indefensión das veciñas e veciños frente a lóxica mercantil, debe ser a punto central das politicas da auga.

 

Blindar na lexislación cuestións de dereitos fundamentais como os subministros, a vivenda, os prezos da canastra básica e os coidados. Pero tamén dende os municipios recuperar a xestión pública do que é necesario para a vida. Nunca a privatización buscou unha mellora na xestión só extraer o maior beneficio, a costa do que sexa, a costa de quen sexa.

OUeC advirte do grave ataque aos dereitos fundamentais no corte no subministro da auga indiscriminado a máis dun cento de persoas no Concello de Ourense

OUeC advirte do grave ataque aos dereitos fundamentais no corte no subministro da auga indiscriminado a máis dun cento de persoas no Concello de Ourense

O mércores día 10 publicouse no BOP que 196 persoas e entidades do Concello de Ourense sufrirán en quince días un corte no subministro de auga por falta de pago. Dende o grupo municipal Ourense en Común analizan este proceder indiscriminado cunha grande preocupación e instan ao goberno municipal a tomar medidas de inmediato “é de vital urxencia que servizos sociais do concello investiguen cada un dos 196 casos e asegurar que a empresa non fará ningún corte ata que se verifique que non se priva de dereitos básicos a ningunha muller, home, neno ou nena do noso concello que por falta de recursos non pode facer fronte a ese pago”.

Ourense en Común relaciona estes cortes cunha política privatizadora que dende hai un par de décadas forman parte da estratexia da auga no Estado español. “No político toca sumarnos á tendencia global da remunicipalización da auga. Blindar na lexislación e facer efectivos na práctica dereitos fundamentais como o subministro, a vivenda, os prezos da cesta de produtos básico e os coidados. Pero tamén dende os municipios recuperar a xestión pública do que é de interese xeral e necesario para a vida. Nunca a privatización buscou unha mellora na xestión, só extraer o maior beneficio a costa do que sexa e de quen sexa.”

Ao mesmo tempo Ourense en Común advirte que os cortes de auga poden xerar unha situación de indefensión naquelas familias con poucos recursos. Así é que advirte que o pago de augas non é unha tarifa, senón unha taxa. . “Imponse un réxime de taxa, independentemente de que o servizo sexa prestado por unha empresa municipal pública ou unha concesionaria. Existen sentencias dende o Supremo neste sentido que xeran xurisprudencia”.

“Repensar OUeC: Achégate! Participa! Suma coa túa opinión!”. Con este titular Ourense en Común chama á participación da veciñanza nunha xornada aberta que celebrará este sábado.

“Repensar OUeC: Achégate! Participa! Suma coa túa opinión!”. Con este titular Ourense en Común chama á participación da veciñanza nunha xornada aberta que celebrará este sábado.

A xornada Repensar OUeC desenvolverase desde as 9.30 da mañá ata ás 9 da noite, cun receso para un xantar común. O local Espazo en Común, sito nas Burgas 8, será o lugar onde se celebre dita xornada.

Ourense en Común avaliará o sábado o seu proceso constituínte e en que fase do mesmo se atopa. Exporase un documento que recollerá unha serie de cuestións que conduzan a determinar que se espera de Ourense en Común desde o punto de vista do traballo que este fai dentro da institución do concello e o traballo que abordará fora do mesmo. “Ourense en Común aséntase sobre unha serie de piares fundamentais baseados na participación da cidadanía así que volveremos a retomar os Encontros de Barrio e outras actividades nas que os protagonistas son as veciñas e veciños de Ourense xa que doutro xeito perderiamos o obxectivo de Gobernar Obedecendo”.

Así, a organización quere recoller as inquedanzas e propostas da veciñanza e presentalas nun documento consensuado que marque a liña de traballo de Ourense en Común os próximos tres anos.

Podes seguir o traballo das tres mesas de traballo (estrutura - institucional - extitucional) aquí:
https://www.youtube.com/channel/UC05UvS16xRgNIELyRIQL-Og

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

El concello iniciará mañana la investigación de los casos de legionela

Dende Ourense en Común sumámonos á solicitude desta comisión de investigación dende o primeiro momento en que tivemos coñecemento dos casos. Se ben o concello non ten competencias en materia de sanidade si é garante da saúde pública. Asemade, neste caso tamén, sería co – responsable das condicións laborais dunha empresa contratada para un servizo municipal.

“Temos que lembrar que o equipo de goberno facilitounos información só dous meses despois de que se confirmara o primeiro caso coñecido. Outra mostra máis das deficiencias do Partido Popular en materia de transparencia e diálogo. Agardamos agora, con esta nova comisión, recadar toda a información necesaria para dilucidar o que en verdade aconteceu e se as medidas adoptadas pola empresa foron oportunas. En caso contrario demandaremos asunción de responsabilidades, técnicas pero tamén políticas.”      

Audio      

Se disfraza de titiritero en Ourense con un cartel de ‘Gora Alka-ETA’ y termina en el furgón policial

Dende Ourense en Común manifestamos publicamente a repulsa pola detención dos titiriteiros de Madrid e a identificación levada a cabo o luns ao mozo disfrazado de marionetista, que portaba o cartaz de “Gora Alka-Eta”, durante os festexos do Entroido de Ourense. A Policía Nacional deu traslado presuntamente dos seus dados á Audiencia Nacional para que esta valorara se o mozo incurriu nun delito de enaltecemento do terrorismo.

“Os recortes en dereitos e, en concreto, á libertade de expresión non é unha novidade nos tempos actuais onde a represión e censura teñen carácter de lei para o Partido Popular (Lei Mordaza). Durante as festas do Entroido calquera persoa pode atopar disfraces que tratan de expór unha parodia, ben cun fin de mofa, ou ben cun fin reivindicativo e, en ningún caso, se trata de incurrir nun acto delictivo.”

Audio

Ourense en Común reproba ao goberno e á oposición

Ourense en Común reproba ao goberno e á oposición

08/02/2016 Intervención de Ourense en Común no pleno de reprobación a Jesús Vázquez Abad (Alcalde do Concello de Ourense)

(Baixa o documento en PDF)
07/06/2013 Intervención de Susana Gómez, antiga edil de Democracia Ourensana, instando á oposición a «abandonar o xogo das reprobacións e ser valentes propoñendo unha moción de censura. Do contrario que fagan oposición constructiva.»
Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

 Jácome quiere reprobar al alcalde de Ourense para «destapar su gran mentira»

Dende Ourense en Común observamos con preocupación novamente como a estratexia política de Democracia Ourensana non avanza na mellora dos servizos municipais. Anteponse o beneficio partidista ás necesidades das veciñas e veciños de Ourense. Todas as críticas vertidas ata o momento pretenden crear un contexto de ingobernabilidade e responden a mesma estratexia política que só pretende xerar un contexto apropiado para unha moción de censura que permita a G.P. Jácome ser alcalde, único interese e fin último destas iniciativas.

“Dixémolo no pasado e o seguimos dicindo, se Gonzalo Pérez Jácome e Democracia Ourensana queren en verdade abrir o debate sobre o carácter vinculante das mocións plenarias que o faga de forma seria instando a modificar o regulamento e aportando emendas. De ser así dende Ourense en Común estaremos encantados de participar e facer participe á cidadanía da discusión. É dicir, traballando que para iso estamos aquí e temos unha remuneración pola nosa labor. Así é que renunciar a presentar mocións e a presentar unha proposta de modificación do regulamento é en verdade unha omisión directa das súas funcións na institución municipal e amosa que pouco ou nada lle interesa máis que ser alcalde. Algo que en verdade non nos sorprende pois o seu grupo amosa unha desidia alarmante en tanto a labor de fiscalización e control en xuntas de área, propostas, achegas de emendas a ordenanzas, consellos municipais, etc.

Nós non viñemos para cambiar cadeiras, todas e cada unha das persoas que co seu voto nos puxeron aquí fixérono para que traballaramos por mellorar Ourense e as súas condicións de vida.

Non compartimos case nada co Partido Popular e así pode analizarse comparando ambos programas electorais. Situámonos en polos opostos en materia de política social, económica, renovación democrática,  modelos de xestión, etc. pero a reprobación da acción do alcalde entendemos que só debe chegar cando a súa xestión sexa ineficiente ou ataque directamente os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Ata o momento a maioría dos problemas estaban xa cando se constituíu a actual  corporación. Para nós a primeira grande proba deste equipo de goberno chegará coa prioridade de gasto nos orzamentos, pois esa si será a primeira grande decisión de Jesús Vázquez como alcalde.”       

Os socialistas farán públicas durante todo o ano as súas declaracións de bens

Dende Ourense en Común recibimos con agrado que os partidos tradicionais comprendan que é necesario avanzar en medidas de rexeneración democrática que devolvan a confianza ás institucións.

Na web de Ourense en Común pode consultarse dende que entramos na corporación todo o patrimonio dos nosos concelleiros e persoal de apoio. É unha obriga do noso Código Ético e renóvase anualmente para render contas perante a veciñanza. Alegrámonos de que por fin os partidos políticos tradicionais, que ata o de agora agochaban esta información, comprendan a necesidade de avanzar de cara ao cumprimento efectivo da Lei de Transparencia e afondar na necesaria renovación democrática despois de anos vivindo de costas á sociedade.

Non comprendemos pola contra as reservas presentadas por Democracia Ourensana a presentar as súas declaracións porque, segundo eles, afastaría aos empresarios que quixeran participar en política. Se a súa actividade empresarial é legal e fixeron todo de forma correcta non deberían ter nada que agochar”

Limiar demanda resultados trala celebración da Mesa da Mobilidade

Dende Ourense en Común compartimos a preocupación da Federación Limiar e comprometémonos a traballar en prol do obxectivo común de pacificar o tráfico e construir unha cidade para as persoas. Actualmente estamos agardando a convocatoria dunha reunión dos catro grupos municipais para materializar os acordos da Mesa da Mobilidade en materia de atropelos.

“Na mesa da mobilidade do pasado 29 de xaneiro presentáronse decenas de propostas complementarias que deben ser analizadas e sintetizadas nun plan de acción programado con obxectivos a curto e medio prazo. É o momento de abandonar partidismos e chegar a un acordo estratéxico de cidade que reserve partidas orzamentarias para a súa implementación e permita avanzar nese obxectivo común”. 

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

Jácome buscará la reprobación del alcalde de Ourense en un pleno extraordinario en febrero.

DO renuncia a plantear mociones en los plenos porque nunca se cumplen.

Dende Ourense en Común observamos con preocupación novamente como a estratexia política de Democracia Ourensana non avanza na mellora dos servizos municipais. Anteponse o beneficio partidista ás necesidades das veciñas e veciños de Ourense. Todas as críticas vertidas ata o momento pretenden crear un contexto de ingobernabilidade e responden á mesma estratexia política que só pretende xerar un contexto apropiado para unha moción de censura que permita a G.P. Jácome ser alcalde, único interese e fin último destas iniciativas.

“Dixémolo no pasado e o seguimos dicindo, se Gonzalo Pérez Jácome e Democracia Ourensana queren en verdade abrir o debate sobre o carácter vinculante das mocións plenarias, que o faga de forma seria instando a modificar o regulamento e aportando emendas.

De ser así dende Ourense en Común estaremos encantados de participar e facer participe á cidadanía da discusión. É dicir, traballando que para iso estamos aquí e temos unha remuneración pola nosa labor. Así é que renunciar a presentar mocións e a presentar unha proposta de modificación do regulamento é en verdade unha omisión directa das súas funcións na institución municipal e amosa que pouco ou nada lle interesa máis que ser alcalde. Algo que en verdade non nos sorprende pois o seu grupo amosa unha desidia alarmante en tanto a labor de fiscalización e control en xuntas de área, propostas, achegas de emendas a ordenanzas, consellos municipais, etc.

Nós non viñemos para cambiar cadeiras, todas e cada unha das persoas que co seu voto nos puxeron aquí fixérono para que traballaramos por mellorar Ourense e as súas condicións de vida.

Non compartimos case nada co Partido Popular e así pode analizarse comparando ambos programas electorais. Situámonos en polos opostos en materia de política social, económica, renovación democrática,  modelos de xestión, etc. pero a reprobación da acción do alcalde entendemos que só debe chegar cando a súa xestión sexa ineficiente ou ataque directamente os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Ata o momento a maioría dos problemas estaban xa cando se constituíu a actual  corporación. Para nós a primeira grande proba deste equipo de goberno chegará coa prioridade de gasto nos orzamentos, pois esa si será a primeira grande decisión de Jesús Vázquez como alcalde.     

Ourense en Común solicitará en pleno avanzar na inclusión social das persoas con necesidades e afastarse da visión asistencialista practicada polo Partido Popular nos seis primeiros meses de mandato

Ourense en Común solicitará en pleno avanzar na inclusión social das persoas con necesidades e afastarse da visión asistencialista practicada polo Partido Popular nos seis primeiros meses de mandato

O grupo Ourense en Común instará en pleno a crear ferramentas de diagnose e valoración para garantir que a administración local cubra as necesidades das persoas usuarias dos Servizos Sociais. De igual modo esixirán unha maior premura na implantación do programa Ourense Integra e dotar de persoal e medios os servizos

Dende Ourense en Común analizan con preocupación as carencias do Concello de Ourense en materia de Servizos Sociais. Así é que afirman que estos “atópanse saturados, é complicado levar a cabo unha visión multidisciplinar e individualizada de cada caso”. Ademáis disto, a maior das problemáticas sinaladas polo grupo municipalista son os prazos de atención en situacións de emerxencia, chegando a estenderse segundo referencian ata un mes a primeira cita de valoración. “Temos un equipo de profesionais que intentan cubrir as necesidades dun servizo que precisa algo máis que unha restructuración de persoal como pretende o Partido Popular, precisa ser dimensionado e repensado dende o núcleo”.

“Dende Ourense en Común defendemos a inclusión activa, e para que esta sexa eficiente é necesario que deixemos de intentar solucións erróneas. Debemos dar un paso máis na acción social e repensar os servizos sociais que o Concello de Ourense está a ofrecer. Como facelo? Dándolle voz ás traballadoras e as persoas excluídas, implementando medidas innovadoras que dimensionen o servizo atendendo as demandas de urxencia e ás características das necesidades podería ser un bo comezo”.

“Dende Ourense en Común defendemos que débese procurar a combinación renda e apoio para que as persoas afectadas poidan levar unha vida digna con vinculacións co mercado laboral en forma de oportunidades de emprego ou formación profesional e cun mellor acceso aos servizos públicos e especialmente aos servizos sociais”.    

 

Posicionamento político Ourense en Común actualidade municipal

O Partido Popular solicita informes técnicos para evitar o concurso público da Banda Municipal de Música de Ourense.

Dende Ourense en Común presentamos no pleno ordinario do mes de setembro unha moción para a constitución dunha mesa de diálogo, no marco do Consello Municipal da Cultura e aberta á participación cidadá, co obxectivo de elaborar un informe de funcionamento e proposta de mellora.

“Entendemos que, ao marxe do modelo de xestión definitivo, a degradación sufrida por este colectivo e a súa función derivada dos ataques recorrentes de Democracia Ourensana só pode solucionarse facendo transparente a súa actividade e establecendo estándares ou indicadores de avaliación. Así é que seguimos apostando pola conformación dese foro de diálogo.” Concelleira de OUeC Ledicia Piñeiro

O Partido Socialista acusa ao Partido Popular de empregar a Mesa de Mobilidade como un parapeto para non facer nada no caso dos atropelos.

Dende Ourense en Común manifestamos a nosa máxima indignación na instrumentalización política que dende o Partido Socialista preténdese da vaga de atropelos que ocupan do último mes e medio.

“Nós tamén vimos con malos ollos o abandono da reunión por parte da concelleira responsable de tráfico Flora Moure e tamén demandamos actuacións urxentes ao Partido Popular e os técnicos competentes, nomeadamente á Policía Local. Pero debemos lembrar que estamos perante un problema estrutural que Ourense arrastra dende fai tempo e que require de actuacións estratéxicas, fóra da lóxica política electoralista. Así é que a Mesa da Mobilidade, con decenas de colectivos alí representados e especialistas na materia, debe ser o respaldo do goberno municipal, sexa cal sexa a súa cor política, para avanzar nunha pacificación do tráfico e humanización da cidade para as persoas. Empregar esta como arma de confrontación política parécenos un erro grave onde todo vale para debilitar ao adversario malia a que iso supoña tamén debilitar ao propio interese común. ”
Concelleiro de OUeC Martiño Xosé Vázquez

Sobre o proxecto en debate da nova Estación de Autobuses ao carón da Estación de Tren da Ponte.

Dende Ourense en Común non apoiaremos ningunha actuación que non contemple a intermodalidade real e efectiva entre os diferentes medios de transporte: autobuses interurbanos, área metropolitana e transporte urbano, así como co resto de liñas de ferrocarril de proximidade.

“A integración da Alta Velocidade en Ourense debe permitirnos suturar aqueles barrios divididos por máis de medio século como é o caso da Ponte con Río Arnoia ou San Francisco e a zona da Granxa. As actuacións arquitectónicas subordinadas deberán así primar a utilidade e suprimir barreiras na mobilidade urbana. Se a actuación arquitectónica da nova estación de autobuses limítase á construción dunha dársena a 1000 metros da Estación de Tren entendemos que non ten razón de ser e é preferible manter a súa ubicación actual”.
Concelleiro de OUeC Martiño Xosé Vázquez

O BNG reclama maior participación cidadá na aprobación definitiva do PXOM.

Dende Ourense en Común apoiaremos calquera iniciativa ou proposta encamiñada a promover a participación cidadá na xestión municipal. O espírito co que presentamos unha moción en pleno reivindicando unha segunda exposición pública do PXOM era que este contará co maior grao de transparencia e respaldo social na súa tramitación final.

“Por suposto que Ourense en Común apoiará a demanda dun proceso aberto á cidadanía para coñecer a resolución de alegacións por parte do equipo redactor. Se a tramitación definitiva do PXOM é transparente contará con maior respaldo social e polo tanto tamén maior seguridade xurídica. Así é que instaremos ao Partido Popular a atender estas reivindicacións e no caso de que non as escoite Ourense en Común tentará promover ese espazo polos seus propios medios”.

Ourense en Común solicitará en pleno a constitución dunha comisión de investigación da concesionaria do Matadoiro Municipal

Ourense en Común solicitará en pleno a constitución dunha comisión de investigación da concesionaria do Matadoiro Municipal

O grupo Ourense en Común detectou diferenzas desfavorables para a institución municipal nos recontos de cabezas de gando realizados pola concesionaria Matadero de Ourense S.L.

“Dende Ourense en Común entendemos que unha das nosas principais encomendas na corporación é a de fiscalización e control da actividade municipal. Razón pola que solicitamos, no pasado pleno do venres 8 de xaneiro, a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións municipais. Moción votada en contra polo Partido Popular e Partido Socialista, coa abstención de Democracia Ourensana.

“A negativa de Partido Popular e PSOE a xerar ese espazo para avaliar a execución pasada, presente e futura das distintas concesións municipais, obríganos a un esforzo extra para ter acceso a expedientes, contratos, inventarios e outra documentación. Malia a estas dificultades analizamos varias concesións de servizos municipais, entre elas á referida ao matadoiro municipal, concesión cedida á Sociedade Limitada Matadero Ourense.”

“Unha vez analizada unha pequena mostra desta actividade, segundo datos facilitados pola Concellería de Comercio, comparada cos listados de control de sacrificio regulamentario que tamén exerce o persoal funcionario responsable da área de Sanidade; evidéncianse grandes diferenzas en favor da concesionaria e en detrimento dos intereses da institución local”.

A xestión do matadoiro municipal atópase na actualidade en prórroga de cinco anos de man da concesionaria Sociedade Limitada Matadero de Ourense. Prorrogación acordada en Xunta de Goberno Local en xuño de 2013 despois de 20 anos de xestión privada dende que no ano 1993 acordárase a súa privatización.

Malia a incerteza inicial recollida na Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2012, derivada dos informes xurídicos e de intervención que advertían sobre a inexistencia de informes do servizo sobre a conveniencia para o interese público da citada prórroga e a inexistencia de compromisos de inversión do adxudicatario; acordouse fixar un canon adicional de 4.644,33€ ao mes para manter o equilibrio económico do contrato e mellorar a oferta realizada pola concesionaria e manter a explotación do servizo no período de vixencia da citada prórroga.

O grupo municipal Ourense en Común, na súa obriga de fiscalización e control da labor de goberno, ten analizado en detalle varias concesións de servizos municipais para avaliar o seu grao de cumprimento, oportunidade, etc. Contexto no que se enmarca a solicitude de información sobre as taxas por sacrificio deste matadoiro municipal na Xunta de Área de Promoción Económica, Emprego e Comercio o 22 de setembro de 2015 e seguintes.

Segundo a información recollida, a actividade da concesionaria municipal no servizo de matadoiro precisa de forma complementaria da presenza de persoal funcionario do Concello de Ourense. A súa labor enmárcase no control da báscula de pesado para evitar calquera tipo de anomalía ou irregularidade. Así é que a empresa Sociedade Limitada Matadero de Ourense debe aboar unhas taxas que varían en función das cabezas de gando sacrificadas.

Unha vez analizada unha pequena mostra desta actividade, segundo datos facilitados pola propia concellería, comparada cos listados de control de sacrificio regulamentario que tamén exerce o persoal funcionario responsable da área de Sanidade; evidéncianse grandes diferenzas en favor da concesionaria e en detrimento dos intereses do propio Concello de Ourense (ver gráficos anexos). Razón pola que o grupo municipal Ourense en Común instará no Pleno Ordinario do Concello de Ourense do próximo venres a constitución dunha Comisión de Investigación da concesionaria Sociedade Limitada Matadero Ourense con representación de todos os grupos municipais e técnicos competentes na materia a fin de dilucidar eses posibles desfases e desigualdades no inventariado.

 

Mes

Control sanitario de sacrificio

Taxas municipais Matadero de Ourense S.L.

Diferenza

Decembro 2014

3952

2451

1501

Xaneiro 2015

1157

866

291

Febreiro 2015

1572

1158

414

Marzo 2015

2122

1498

624

Abril 2015

1411

1057

354

Maio 2015

1353

968

385

 

  • Comparativa e diferenza datos en cabezas de gando segundo concesionaria e administración responsable en materia de sanidade.