Un Ourense de todas

A organización municipalista achaca á inacción do Partido Popular a situación de abandono dos terreos de Benposta actualmente pendentes de resolución da poxa pública.  Dende Ourense en Común solicitan ao Concelleiro de Urbanismo do Partido Popular que non se agoche tras os técnicos municipais e  advirten que o seu informe só apuntaba ao procedemento necesario para […]

Case un ano despois da chegada do Partido Popular ao goberno municipal non existen avances en materia de protección animal máis aló da propaganda institucional. Ourense en Común critica a política municipal do Partido Popular en materia de protección animal: “Levamos nove meses de corporación e o equipo de Jesús Vázquez permite espectáculos con animais […]

O grupo municipal organizou unha Mesa-debate aberta á veciñanza para recoller as achegas que, sobre o borrador da ordenanza que o concello quere aprobar no pleno de maio, quixeron facer as veciñas de Ourense. O documento recollendo ditas aportacións foi rexistrado hoxe e será levado a xunta de área de medio ambiente o vindeiro martes […]

O grupo municipal de Ourense en Común cuestiona a adxudicación do proxecto independente da Xunta de Galicia e advirte que a actuación deberá  ser integral en todo o ámbito como solicitaba o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do contrario non existirá intermodalidade real e perderase unha oportunidade histórica de rexeneración urbana. O grupo municipal […]

Ourense en Común rexistrou onte unha moción na que solicita ao concello de Ourense que contemple a figura do Valedor dos Veciños para canalizar as queixas das veciñas e veciños de Ourense de xeito individual e colectivo. “O Valedor dos Veciños actuaría con autonomía e independencia, conformándose como un órgano que profundizaría na política municipal […]

O grupo municipal Ourense en Común presentará mañá en Xunta de Área e no rexistro correspondente unha queixa formal dirixida ao alcalde polo ataque reiterado á lingua galega na súa xestión.  Fai uns días foron as cartelas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida as que centraron as críticas da organización municipalista, ao entender que […]

O grupo municipal de Ourense en Común presentará no próximo pleno ordinario unha iniciativa para que a institución redacte un Plan Municipal de Protección Animal, especialmente centrado na xestión do elevado número de colonias felinas.  Ourense en Común amósase moi belixerante polo desleixo do goberno municipal do Partido Popular en materia de protección animal. “Levamos […]