Un Ourense de todas

O grupo municipal de Ourense en Común cuestiona a adxudicación do proxecto independente da Xunta de Galicia e advirte que a actuación deberá  ser integral en todo o ámbito como solicitaba o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do contrario non existirá intermodalidade real e perderase unha oportunidade histórica de rexeneración urbana. O grupo municipal […]

Ourense en Común rexistrou onte unha moción na que solicita ao concello de Ourense que contemple a figura do Valedor dos Veciños para canalizar as queixas das veciñas e veciños de Ourense de xeito individual e colectivo. “O Valedor dos Veciños actuaría con autonomía e independencia, conformándose como un órgano que profundizaría na política municipal […]

O grupo municipal Ourense en Común presentará mañá en Xunta de Área e no rexistro correspondente unha queixa formal dirixida ao alcalde polo ataque reiterado á lingua galega na súa xestión.  Fai uns días foron as cartelas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida as que centraron as críticas da organización municipalista, ao entender que […]

O grupo municipal de Ourense en Común presentará no próximo pleno ordinario unha iniciativa para que a institución redacte un Plan Municipal de Protección Animal, especialmente centrado na xestión do elevado número de colonias felinas.  Ourense en Común amósase moi belixerante polo desleixo do goberno municipal do Partido Popular en materia de protección animal. “Levamos […]

Mañá luns reúnese a Mesa Municipal da Mobilidade por convocatoria formal para presentar propostas sobre o novo prego de transporte público, actualmente en redacción, e sobre a integración da bicicleta na cidade. Ourense en Común presenta unha batería de medidas dirixidas a paliar os graves déficits da concesionaria actual como barreiras na accesibilidade ou falta […]

Nos próximos meses expirarán varios contratos de servizos municipais do Concello de Ourense que a día de hoxe están prestando diferentes iniciativas privadas constituídas como sociedades mercantís de variada tipoloxía. Ourense en Común quere chamar a atención da corporación na inminente finalización do contrato asinado coa concesionaria do servizo ORA e o guindastre municipal para […]

As concelleiras electas do grupo municipal Ourense en Común, ao igual que veñen facendo dende a súa chegada á institución no mes de maio de 2015, renuncian formalmente aos convites relixiosos oficiais por supoñer un incumprimento do seu Código Ético.  “Ourense en Común ten pleno respecto polas crenzas relixiosas e pola pluralidade relixiosa do noso […]

Ourense en Común foi o único grupo municipal en deixar clara a súa posición na última Xunta de Portavoces, manifestada tamén con anterioridade no pleno ordinario do mes de marzo. Sobre as diferentes alternativas presentadas, a máis barata defendida por Democracia Ourensana e sen garantías de seguridade, Ourense en Común apunta que non comparte “solucións […]

O grupo municipal de Ourense en Común denuncia ocultación  de información sensible como pregos de contratación para concursos públicos, facturas e outros. Case dous meses sen resposta para acceso e vista ao expediente de Axuda no Fogar e sen información dos gastos da corporación municipal a FITUR. Coa constitución da nova corporación no mes de […]

O grupo municipal de Ourense en Común lamenta que o proxecto aprobado e de inmediata execución para a Rúa Concello non aproveite a inversión pública para avanzar na súa humanización.    A actuación aprobada que comezará nos próximos días contempla 18 prazas de aparcamento, 2 para persoas con mobilidade reducida e dous carrís na intersección […]