Votación candidatura a cabeza de lista 2019

Votación candidatura a cabeza de lista 2019

Como xa saberás, o vindeiro  sábado día 10 DE MARZO, de 10:00 a 20:00 horas, desenvolverase a xornada de votación para elixir  cabeza de lista de Ourense en Común de cara ás vindeiras municipais de 2019.


O sistema de votación comprende dúas fases:

1ª fase: O venres día 9 a partires das 23:00 horas recibirás por enderezo electrónico  un enlace ao formulario de votación.

2ª fase: O sábado día 10, día da votación e antes do comezo da mesma, enviaráseche a clave de votación mediante SMS ao teu teléfono móbil. Terás que introducir a dita clave no formulario para poder facer efectivo o teu voto.


Unha vez que teñas o enlace e maila clave de votación e a partires das 10 horas poderás acceder (facendo click no enlace) ao formulario de votación. Cando introduzas correctamente a clave no formulario accederás á segunda pantalla onde aparecen as posibles opcións de voto:

  • Voto ao candidato ( Martiño Xosé Vázquez Mato) ? Consulta aquí a súa carta de presentación

  • Voto en branco

Unha vez selecccionada a túa opción pulsa enviar e o teu voto xa será efectivo.


Se por calquera motivo tés que votar varias veces, só será contabilizada como válida a última válida que fagas.

No caso de extravío da túa clave de  votación só terás que reenviar a ouec.2019@gmail.com o correo no que se che ahegou o enlace do formulario e recibirás un SMS coa túa clave

Se queres tamén podes vir  votar no local de Ourense en común. Rúa Burgas nº 8 Baixo

Para calquera dúbida ponte en contacto co Comité Electoral no enderezo ouec.2019@gmail.com

Primarias Ourense en Común 2019

Primarias Ourense en Común 2019

Por terceiro ano consecutivo a xornada RePensar OueC, celebrada o pasado 27 de xaneiro, servía para avaliar o estado do proceso municipalista e trazar a folla de ruta de cara a 2019. Un novo impulso!

Despois de máis de oito horas de reflexión conxunta, por máis de medio cento de persoas participantes na xornada, aprobouse o Regulamento de Primarias garante dos seguintes principios:

– Ser transparente en todas as súas fases.
– Dar reflexo da pluralidade de persoas que integran Ourense en Común.
– Garantir un equilibrio entre a apertura do proceso e o grado de aceptación das candidatas entre as participantes de Ourense en Común.
– Ofrecer un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran ao proceso de elección.
– Garantir a participación cidadá no proceso de elección.
– Establecer un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento.

? DESCARGA O REGULAMENTO EN FORMATO .pdf 

? CONSULTA ONLINE O REGULAMENTO EN ISSUU

 

Seguindo o cronograma establecido xa é posible:

INSCRIBIRSE NO CENSO  ✍ PARA PODER VOTAR NAS PRIMARIAS DE OURENSE EN COMÚN ❗Ata o 18 de febreiro ❗

? Enche o seguinte formulario web:

https://www.cognitoforms.com/Ouec1/CENSOPRIMARIASOURENSEENCOMÚN2019

 

PRESENTAR CANDIDATURA ? PARA ENCABEZAR A LISTA  DE OURENSE EN COMÚN NO ANO 2019 ❗Ata o 17 de febreiro ❗

? Enche o seguinte formulario web:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeirr2oZAzVh781VkbNstlCo1Y5F2YHXEcC7XB3WaraN0Jvpg/viewform

 

Para calquera dúbida, contactar co Comité Electoral a través do ? correo electrónico ?ouec.2019@gmail.com

rePensar OUeC 2018

rePensar OUeC 2018

?Como cada inicio de ano é tempo de avaliar o proxecto de Ourense en Común. Desta volta fixamos a folla de ruta de cara ao horizonte 2019?, o ano no que #Ourense sumarase a onda ?dos gobernos do cambio que están a recuperar as institucións e poñéndoas ao servizo da cidadanía. ?‍?‍??‍?‍??‍?‍??‍?‍?‍???‍?‍?

? Esta asemblea anual celebrarase o próximo 27 de xaneiro no Espazo en Común das Burgas e, en cumprimento da folla de ruta aprobada no rePensar OUeC 2017, será unha xornada monográfica centrada en dous obxectivos:

✔️ Definir o regulamento de candidatura (metodoloxía, sistema de elección, cronograma…) ???
✔️ Fixar estratexia política unha vez superado o ecuador da corporación 2015-2019. ?

A proposta de regulamento de candidatura foi elaborado polo GT Confluencia???, quen tiña o mandato asembleario de redactar un borrador que servira de base do debate. Este documento pode consultarse en DemocracyOS:
https://app.democracyos.org/borradorregulamentocandidaturao…

Ao marxe das emendas presentadas na web (que poden consultarse nesta URL) presentáronse as seguintes emendas vía correo-e:

  • Emendas presentadas por C.G.:
    • Consulta aquí: 1, 2, 3, 4, 5.
  • Emendas presentadas por M.R.:
    • Consulta aquí: 1
  • Emendas presentadas por C.M.:
    • Consulta aquí: 1, 2.
  • Emendas presentadas por A.N.:
    • Emenda de substitución no punto 14 “Cronograma do proceso de elección”, substitúese o contido da Fase 2 por “o inicio do proceso de presentación de candidaturas será no mes de setembro, sendo o comité electoral o encargado de fixar as datas concretas”.

As emendas serán ordenadas para o seu debate atendendo as seguintes normas:
‼️ O tempo de exposición de cada emenda, incluída a do texto orixinal se é o caso, será de 2 minutos.
‼️ Haberá varias quendas de intervención abertas ao longo da xornada (dun minuto de máximo de duración) para reflexionar sobre aqueles puntos con maior número de emendas ou que podan xerar máis debate.

Consulta o programa completo ??

Ourense en Común apoiará a reforma do IBI ao aceptar o PP as súas emendas

Ourense en Común apoiará a reforma do IBI ao aceptar o PP as súas emendas

•    O grupo convida ao PSOE a apoiar tamén a nova ordenanza, de forma activa ou pasiva.
•    OUeC insta ao goberno a tomar nota deste diálogo, e a seguir o mesmo proceder para avanzar no orzamento municipal, o PXOM e en tantos outros temas.
•    A reforma do IBI entra a próxima semana na súa recta final.

    Previa á última reunión do próximo luns para traballar sobre a nova ordenanza do IBI, antes de que quede pechada para a súa elevación a pleno, Ourense en Común manifestaba hoxe en rolda de prensa que apoiará o texto definitivo “ao aceptar o goberno as numerosas emendas presentadas polo noso grupo”. 

    O voceiro do grupo di sentirse contento pois “malia a ser o grupo con menor representación, sexamos o que maior capacidade de diálogo e emenda presenta”, referíndose, ademais de a esta ordenanza, á Mesa de Mobilidade e o programa Móvete por Ourense, á ordenanza de vivendas de exclusión social e “en toda aquela mesa de debate onde fumos convidados a traballar”, convidando ao Partido Popular a reflexionar e tomar nota” destas mesas de diálogo que “tiñan que ser constantes tamén para avanzar no orzamento municipal, no PXOM e en tantos outros temas”.

    Martiño X. Vázquez enumeraba as oito emendas presentadas por OUeC ao texto, das que “dúas foron rexeitadas, unha transaccionada e o resto aceptadas e integradas.

Rexeitadas: O Partido Popular rexeitou explorar as posibilidades legais de retirar a exención á igrexa católica, negándose incluso a introducir na nova redacción a frase “por imperativo legal”, e reducir a bonificación ás empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria.

Transaccionada: Dende OUeC solicitamos aumentar do 1% ao 3% a bonificación por domiciliación do pago, xa que “a xestión telemática aumenta a dilixencia municipal, evitando colas no servizo de recadación e no rexistro”. A negociación co PP e os técnicos municipais fixo que definitivamente esta bonificación quedara no 2%.

Aprobadas e inseridas no texto:

1º Conseguimos aumentar o período de bonificación para vivendas de protección oficial ata 7 anos.

2º Conseguimos bonificacións para o fomento de enerxías renovables provenientes do sol e levaremos a pleno o próximo venres unha moción para instar a modificar a norma para poder incluír tamén a xeotermia.

3º Conseguimos introducir na nova ordenanza fiscal o concepto de progresividade, de tal modo que no caso das necesarias bonificacións para familia numerosa o referente sexa o Indicador Público da Renda de Efectos Múltiples e non a categoría en si. Así é que na nova proposta consensuada entre Ourense en Común e Partido Popular mantense a bonificación de entre un 50% e 90% segundo a categoría de familia numerosa e a maiores engádese que aquelas familias que non ingresen 1,5 veces o IPREM (750€ aproximadamente) a bonificación será a máxima permitida por lei. “É cuestión de equidade e xustiza, non ten sentido bonificar por igual á familia de Amancio Ortega que a quen ten problemas para chegar a fin de mes“.

4º Conseguimos igualmente bonificar ata o 95% para fomentar o emprego e actividades económicas de especial interese municipal. Trátase de fomentar o emprendemento e o aumento do emprego naqueles sectores estratéxicos para Ourense nos próximos anos e nos que podemos ser referentes.

    O voceiro de Ourense en Común concluía que “non é a reforma fiscal ideal pero é mellor que a existente, por iso traballamos para mellorala e chegar a acordos”,  convidando asemade ao PSOE a sumarse ao consenso, de forma activa ou pasiva, e “traballar en prol do ben común”.

Ourense en Común demandará en pleno a recuperación dos servizos públicos

Ourense en Común demandará en pleno a recuperación dos servizos públicos

•    Ourense en Común denuncia a necesidade de remunicipalizar servizos que están actualmente favorecendo intereses privados
•    A xestión directa municipal é máis eficiente e económica. Está demostrada a viabilidade e a idoneidade dos procesos de remunicipalización
•    A recuperación dos servizos inclúe beneficios laborais para as traballadoras

   
    Maña celébrase unha nova sesión plenaria no concello de Ourense na que Ourense en Común defenderá unha moción que xustifica a necesidade de recuperar os servizos municipais que están en mans de empresas privadas. “Os beneficios da remunicipalización de servizos van desde a mellora da situación laboral de moitos traballadores da empresa privada xestora, evitando ERES, impagos ou rebaixas salariais, ata un aforro económico considerable para o erario público pasando pola calidade dun servizo atendido directamente polo propio concello”, apunta Martiño Xosé Vázquez.

    Os servizos privatizados presentan sobrecustos altísimos respecto ao servizo prestado de forma directa. “Falamos do abastecemento da auga, da limpeza da via pública, do servizo de ORA e guindastre, recollida de residuos, limpeza e mantemento de parques e xardíns, limpeza en edificos municipais,…Cantos destes servizos estanse a prestar en precario na actualidade no concello de Ourense? A situación repercute directamente na cidadanía e nas traballadoras das empresas, que se ven sometidas, como pasou con LINORSA, a impagos e degradación laboral”, comenta Martiño Xosé Vázquez.

    Fai un ano, no pleno do mes de abril, Ourense en Común presentaba unha moción na que solicitaba que o Concello conformara un grupo de traballo que explorara as vías posibles, oportunidades e ameazas, para a xestión municipal dos servizos públicos externalizados de ORA e guindastre. Con dezasete votos a favor dos grupos municipais de Ourense en Común, Democracia Ourensana e do PSdeG-PSOE e dez votos en contra do grupo municipal do Partido Popular, aprobábase a moción.  Pero a día de hoxe descoñécese a convocatoria para conformar ese grupo de traballo do que podería salir un exemplo de remunicipalización en Ourense.

    Segundo a publicación “Coste efectivo de los servicios prestados por las Entidades Locales” (Ministerio de Facenda, 2014-2015), do custo efectivo dos servizos prestados polas Entidades Locais, o gasto anual en 2013 dos entes locais en servizos públicos municipais foi de 18.673 millóns de euros en servizos públicos básicos, 6.809 millóns en actuacións de protección e promoción social , 7.347 millóns en produción de bens públicos de carácter preferente, 4.555 millóns en actuacións de carácter económico, ademais dos 6.221 millóns en débeda pública e os 21.258 millóns en actuacións de carácter xeral que non poden ser privatizados. É dicir, preto do 60% dos 65.000 millóns de euros xestionados a través dos orzamentos das entidades locais, 37.000 millóns, son susceptibles de ser xestionados de forma privada así que “é evidente que o aforro económico e o control sobre os servizos da unha maior calidade aos mesmos, remarcan desde OueC.

Ourense en Común solicita no pleno un Plan de Emerxencias Municipal

Ourense en Común solicita no pleno un Plan de Emerxencias Municipal

•    Por Lei, o Concello debe contar con este Plan, pendiente desde hai dez anos en Ourense.
•    A carencia deste Plan fai que o Concello solicite plans provisionais cada vez que un evento reúne público abundante na cidade.
•    Ourense vai afrontar unha nova campaña de verán sen este documento, esencial especialmente para a Prevención de lumes forestais.
•    O PEMU precísase como “ferramenta preventiva, de protección, divulgación e para unha xestión operativa e eficaz no caso de que se produza unha emerxencia”.

   
    Ourense en Común rexistraba a pasada semana unha moción para o pleno do mes de maio, pola que instará ao goberno municipal á elaboración dun Plan de Emerxencias Municipal (PEMU), que inclúa tamén un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Lumes Forestais, “fronte aos que o PP non fixo nada, e estamos vendo arder o monte incluso no inverno” .

    O grupo apunta a que a Lei 5/2007, de 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, establece que é competencia dos concellos de máis de 20.000 habitantes dispoñer de plans que dean resposta fronte ás situacións de emerxencia que poidan chegar a manifestarse.

    A realidade no noso Concello é que “os sucesivos gobernos municipais de Ourense non fixeron os deberes a tempo”. O propio Partido Popular, desde a oposición, solicitara en 2012 a elaboración dun PEMU, pero “desde a súa posición actual no goberno non da os pasos necesarios para que este plan exista”, incumprindo ademáis o acordo do pasado pleno de outubro de 2015; “dezaoito meses despois, e malia aos reiterados rogos dos diferentes grupos da oposición en plenos posteriores, non existe avance ningún neste importante documento.

    Ourense en Común enumera na moción os obxectivos que debera perseguir un axeitado Plan Municipal de Emerxencias, catalogando os medios e recursos dispoñibles para afrontar calquer posible sinistro, analizando riscos, determinando medidas de prevención, establecendo unha coordinación axustada entre os medios existentes, organizando as funcións básicas de protección civil e informando á cidadanía sobre as medidas de prevención e autoprotección.

* Foto: Nacho Gómez
Podemos e Ourense Común avanzan na consolidación da confluencia para 2019

Podemos e Ourense Común avanzan na consolidación da confluencia para 2019

  • Representantes do Consello Cidadán de Podemos e o Grupo de Traballo de Apertura de Ourense en Común valoran positivamente a labor realizada de forma conxunta ata o momento e propoñen afondar e consolidar a confluencia para as eleccións municipais de 2019.
  • Podemos Ourense participará de forma activa na elaboración dos documentos marco para a candidatura e someterá finalmente a decisión de integrarse ás inscritas segundo os seus estatutos.
  • Ourense en Común proseguirá a rolda de contactos cos partidos políticos que conforman a confluencia e reunirase a vindeira semana con Esquerda Unida.

Ourense, 10 de marzo de 2017

O Espazo en Común das Burgas acollía no día de onte unha reunión entre representantes do Consello Cidadá de Podemos e o Grupo de Traballo de Apertura de Ourense en Común. O obxectivo, atendendo á folla de ruta da asemblea anual RePensar OUeC, era reforzar a confluencia coas organizacións políticas que manifestaron o seu apoio á candidatura que acadaría tres edís nas eleccións municipais en maio de 2015.

Preténdese incentivar a participación e definir de forma conxunta unha folla de ruta de cara á vindeira cita electoral de 2019” afirman Montse Malvar e Javier Octavio de Toledo integrantes do GT Apertura de Ourense en Común.

No encontro valorouse positivamente o traballo realizado ata o de agora de forma conxunta e propuxéronse accións para afondar e consolidar o espazo de confluencia para as eleccións municipais de 2019.

A participación de Podemos dentro de Ourense en Común nestes dous anos foi constante e moi gratificante, tanto na acción de oposición dentro do concello como nas diferentes accións e actividades coordinadas de forma conxunta fóra da institución, polo que actualmente non contemplamos outro escenario que non sexa a confluencia para presentarnos ás vindeiras eleccións municipais. Agora seguiremos participando tamén na elaboración dos documentos marco para a candidatura a 2019 e chegado o momento consultaremos ás nosas bases se participamos da mesma xa que só elas poden decidilo segundo os nosos estatutos” afirma Víctor Ferreiro Secretario Xeral de Podemos en Ourense.

Ourense en Común proseguirá a rolda de contactos co resto de partidos políticos que conforman a confluencia reuníndose a próxima semana con Esquerda Unida. “O noso obxectivo é tender a man de novo todos os entes políticos e sociais, buscando unha confluencia plural e forte que poida aglutinar ao maior número de sensibilidades, xerando un movemento de cambio real que sexa quen de recuperar as institucións para as persoas como xa aconteceu no ano 2015 noutras cidades do país, como Compostela e Coruña, ou do estado, como Madrid e Barcelona” afirman Montse Malvar e Javier Octavio de Toledo.

OUeC solicitará en pleno nomear unha praza “Pobre Asunción” como símbolo contra a violencia machista

OUeC solicitará en pleno nomear unha praza “Pobre Asunción” como símbolo contra a violencia machista

  • Asunción González, asasinada o 28 de abril de 1891, foi a primeira vítima por violencia machista declarada e documentada en Ourense.
  • Ourense en Común proporá no pleno do mes de abril nomear unha praza co nome co que foi recordada (Pobre Asunción) como símbolo contra os asasinatos machistas e en recoñecemento a todas as mulleres historicamente sometidas a violencia patriarcal.
  • A iniciativa presentada por Ourense en Común pretende abrir á participación co obxectivo de recoller máis propostas de mulleres relevantes para todas as prazas sen nome propio no municipio (Praza 100, 200, 500 ou 1000).

 

Ourense, 8 de marzo de 2017

Ourense en Común presentará no próximo pleno ordinario do mes de abril unha iniciativa coa que se pretende nomear unha praza Pobre Asunción, o nome co que pasou a historia Asunción González, a primeira vítima por violencia machista declarada e documentada en Ourense.

“Pretendemos visibilizar unha das lacras da nosa sociedade. Dende que comezou o ano 2017 foron asasinadas decenas de mulleres por violencia machista. A proposta de nomear unha praza a Asunción González non lles devolverá a vida pero é un símbolo que nos lembrará cada día a todas esas mulleres historicamente sometidas á violencia patriarcal, afirma a concelleira de Ourense en Común Ledicia Piñeiro.

A proposta do grupo municipalista OUeC pretende abrir en paralelo un proceso de participación veciñal co obxectivo de recoller todas as propostas posibles de mulleres importantes da historia local. “Será un modo de saldar unha débeda histórica con moitas mulleres que en Ourense e no mundo foron invisibles a ollos dunha sociedade masculina que arrinconaba o feminino sempre á esfera do privado”.

Entre outras propostas a edil Ledicia Piñeiro chama a atención por exemplo da pontina Delia Delso, mestra represaliada que podería humanizar a hoxe Praza 200 no barrio do Pino, ou Esperanza Martín Borrajo, pedánea e activista veciñal con forte compromiso co barrio de Covadonga que de seguro tería un maior recoñecemento social que a hoxe Praza 100.

“Son moitos os nomes de mulleres que recoñecer en lugar dos impersoais números ou letras presentes no rueiro de Ourense. Ademais deberán ser as propias veciñas as que fagan chegar as propostas ao concello con máis nomes propios ou xenéricos, ao fin de contas delas son tamén as rúas e as prazas. Non tería sequera porque facer mención a unha muller en concreto, por exemplo para a praza 1000 na estrada de Barra de Miño unha idea podería ser Praza das Rianxeiras, pois sabemos que desta zona proviñan moitas delas e sería recoñecer tamén o seu traballo silenciado”, afirma a concelleira de Ourense en Común Ledicia Piñeiro.

 

ESCOITA O AUDIO DA CONCELLEIRA LEDICIA PIÑEIRO AQUÍ.
OUeC non participará nos actos institucionais do 8 de Marzo programados polo Concello

OUeC non participará nos actos institucionais do 8 de Marzo programados polo Concello

  • A programación deseñada polo Partido Popular no Concello de Ourense menospreza a labor de colectivos feministas que levan anos defendendo os dereitos da muller.
  • Baixo o lema “móllate pola igualdade” o Concello de Ourense organiza actividades sen ningunha relación coa efeméride como zumba, aquagym ou un concerto de Minimalia, entre outras actividades.
  • O Partido Popular escolle por vez primeira a un home para recibir o premio Clara Campoamor de Igualdade de Xénero e encarga a execución de toda a programación da efeméride a homes.

 

Ourense, 7 de marzo de 2017

Ourense en Común non participará en ningún dos actos institucionais do Día da Muller propostos polo goberno do Partido Popular no Concello de Ourense ao menosprezar estes a labor histórica de colectivos feministas que levan anos defendendo os dereitos da muller.

Baixo o lema “móllate pola igualdade” o Concello de Ourense organiza actividades de zumba, aquagym e un concerto de Minimalia, entre outras actividades. O grupo municipal de Ourense en Común considera que esta programación menospreza a efeméride. A loita pola igualdade non se representa con clases de Zumba ou Aquagym” apunta a concelleira Ledicia Piñeiro.

Outra das críticas deste grupo pasan pola sobrerepresentación masculina, non contentos con outorgar o premio Clara Campoamor por vez primeira a un home, cando foi un galardón pensado para o recoñecemento das mulleres, a programación será toda ela executada por homes”.

Ourense en Común adheriuse xa á petición lanzada pola Marcha Mundial das Mulleres, para que se anule o fallo do xurado e que no seu lugar sexa escollida algunha das outras candidatas, ou declarar como última opción o premio como deserto. Asemade solicitará unha relación detallada dos gastos de execución das actividades ao sospeitar que esta programación será a máis cara dos últimos anos.

O grupo municipal chama pola contra a participar nas actividades propostas dende a Marcha Mundial das Mulleres que en Ourense consistirán nun paro simbólico ás 12h na Praza maior e actividades lúdicas e reivindicativas nunha marcha con inicio ás 20h dende a Castañeira no Parque de San Lázaro ata os Xardíns Padre Feijóo.

Escoitar AUDIO da  concelleira Ledicia Piñeiro premendo AQUÍ

rePensar OUeC 2017

rePensar OUeC 2017

Procurando fomentar unha participación activa en OUeC en harmonía co desenvolvemento persoal, familiar ou laboral, desta volta a xornada anual “RePensar OUeC” celebrarase en domingo (?15/01/2017?).

Será unha xornada monográfica dende as ⏰10h da mañá ata ás 20h da noite⏰ aproximadamente, cun receso para un xantar comunitario (prégase que cada participante achegue algún petisco para compartir). O punto de encontro será o Espazo en Común, sito nas Burgas 8.

Existirá a posibilidade de habilitar unha zona infantil para facilitar a conciliación na sesión de mañá de 10h a 14h (na de tarde non será posible). Se queres reservar unha praza só tes que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQwvTLhhiHWQ4_mkEfn5D7QSNYaV2D9aIPYZZP23gvE3xarw/viewform?c=0&w=1

?Os obxectivos desta xuntanza anual serán novamente avaliar o proceso municipalista dende o seu proceso constituínte e analizar en que fase do mesmo se atopa. Asemade desta volta preténdese unha redefinición de documentos constituíntes, folla de ruta e planificación estratéxica adaptadas á realidade actual e o horizonte das eleccións municipais de 2019.

Os documentos motivo de análise serán:

  • Declaración de principios:
  • Estrutura organizativa:
  • Protocolo de entrada e participación:
  • Carta de compromiso:
    • Versión actual (Descarga)
    • Proposta do GT Confluencia (Non se presentaron emendas)
  • Código de ética política:
  • Código de Boa Gobernanza:
  • Regulamento Asembleario: 
  • Folla de ruta:

A proposta elaborada polo GT Confluencia poderá ser emendada ata o xoves 12/01/2017 ás 23:59 (mediante correo-e a ourenseencomun@ourense.gal facendo mención na emenda presentada a que documento fai referencia). Posteriormente as emendas serán ordenadas para o seu debate atendendo as seguintes normas:

– O tempo de exposición de cada emenda, incluída a do texto orixinal se é o caso, será de 2 minutos.

– Haberá varias quendas de intervención abertas ao longo da xornada (dun minuto de máximo de duración) para reflexionar sobre aqueles puntos con maior número de emendas ou que podan xerar máis debate.

Consulta o programa completo da xornada:

repensarprograma