A xestión do Partido Popular convirte ao Concello de Ourense en moroso
4 Setembro, 2018
0
•     O Concello supera xa os cen días de retraso no pago de facturas, que suman oito millóns e medio de euros de débeda.
•     Os intereses de demora “incrementarán máis aínda a sangría deste goberno no peto dos veciños e veciñas de Ourense”.
•     O Concello tarda 3 veces máis en pagar do que exixe a lei. Autónomos e empresas agardan para cobrar 80 días máis que hai un ano.

    Ourense en Común calificaba esta mañá comounha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten oito millóns e medio de euros pendentes de pago, cun retraso de 100 días “e subindo, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días. 

    O grupo apunta a que o goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “convertiron a este Concello en mal pagador, perxudicando ás pequenas empresas que prestan servicios municipais”.

    Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, “que desde xaneiro se disparou dos 40 aos 100 días nos que estamos”, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que interviros recursos do Concello.

    Engaden que éinxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unhapráctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”.