Pedimos no pleno a dimisión do alcalde e a concelleira de persoal, responsables do enchufe do xefe de Recursos Humanos

Pedimos no pleno a dimisión do alcalde e a concelleira de persoal, responsables do enchufe do xefe de Recursos Humanos

•   Os grupos sinalan a Jesús Vázquez e Flora Moure como “responsables dun concurso feito a medida para colocar a un ex-edil do PP nun posto estratéxico co que seguir colocando a amizades e familiares”.
•   O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou hai un mes a nulidade do nomeamento de Rodríguez-Nóvoa, que sigue no cargo. “A actividade desta persoa pode rozar o delito e a prevaricación, e o goberno está consentindo que continúe”

    Ourense en Común e o PsdeG-PSOE defenderán o próximo venres, na sesión plenaria do Concello, unha moción conxunta pola que exixen a dimisión do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e da concelleira de Persoal e Recursos Humanos, Flora Moure, “como principais responsables políticos da contratación ilegal, ratificada e avalada como tal a instancias xudiciais, de Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa como Xefe de Persoal e Recursos Humanos do Concello de Ourense dende 2016”.

    Ourense en Común xa solicitara a suspensión de Rodríguez-Nóvoa logo de coñecerse o pasado 20 de setembro a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se ratificaba a ditada anteriormente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, que determinaba a nulidade do Decreto da Concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure, do 7 de xullo de 2016, polo que se nomeaba a Francisco Javier Rodríguez-Novoa González, como Xefe do servizo de Recursos Humanos do Concello de Ourense.

    Montserrat Valencia, concelleira de Ourense en Común, alerta de que o alcalde e a súa concelleira de Persoal “simulan que non vai con eles, pero están dilatando os tempos intencionadamente, son os únicos responsables de que o seu enchufado continúe ocupando un posto estratéxico, e cómplices de que esta persoa siga manexando a política de contratacións no Concello de Ourense, a dedo para amigos e familiares. Calquera trámite que asine Rodríguez-Nóvoa estará viciado de sospeita e tanto o alcalde e Flora Moure serán tamén responsables. Mellor que marchen”.

Unha moción conxunta de PSOE e OUeC busca a posta en valor do Campo do Cumial como lugar da memoria histórica

Unha moción conxunta de PSOE e OUeC busca a posta en valor do Campo do Cumial como lugar da memoria histórica

•   A moción pide “dignificar aos ourensáns caídos na súa loita por defender a democracia e a liberdade”.
•   No pasado pleno de maio a corporación ourensá aprobaba unha moción para a resignificación do Campo de Aragón, no antigo Cuartel de San Francisco, onde máis dun cento de persoas foron fusiladas.
•   Os grupos esixen tamén a creación dunha Comisión Municipal da Memoria Histórica no Concello de Ourense, para velar polo cumprimento da Lei.

    Os grupos municipais do PsdeG-PSOE e Ourense en Común defenderán no próximo pleno do venres unha moción conxunta coa intención de recuperar a memoria histórica do Campo do Cumial, como “recoñecemento ás persoas que alí foron sometidas e caeron vítimas da barbarie fascista”.

    O Campo do Cumial é recoñecido pola cidadanía de Ourense como o lugar onde hai anos estaba o COE 81, a Compañía de Operacións Especiais do Exército español, pero pouca xente sabe que alí houbo un campo de traballo, de prisioneiros antifranquistas e que tamén nese lugar foron fusilados varios ourensáns”.

    Os grupos defenden a necesidade de cumprir a Lei de Memoria Histórica e “coñecer o que aconteceu para que non volva suceder”. Lembran que entre 1936 e 1945, ademais da prisión provincial, existiron en Ourense as prisións do Hospital Vello nas Mercedes, e outra no Cumial, onde os presos foron utilizados polas autoridades militares como man de obra para construír edificacións ao redor da zona de tiro, ademais de para levantar as primeiras vivendas sociais de Ourense, no Polvorín, facer arranxos na Catedral, ou incluso labores de limpeza tras as feiras mensuais.

    A moción explica do campo que non foi só un lugar de internamento e de traballo, senón tamén de morte”, e recupera os nomes das persoas fusiladas no Campo e das que ali apareceron ‘claudiadas’ (forma de chamar en Ourense ás persoas que aparecían mortas en camiños).

Medra imparable a morosidade no Concello de Ourense coa xestión do PP

Medra imparable a morosidade no Concello de Ourense coa xestión do PP

•   O Concello chega xa aos 120 días de retraso no pago de facturas, 4 veces máis do que exixe a lei.
•   Son seis millóns de débeda en facturas pendentes de pago e “os intereses de demora incrementarán máis aínda a sangría deste goberno no peto dos veciños e veciñas”.
•   Autónomos e empresas agardan para cobrar case 100 días máis que hai un ano.

    Ourense en Común calificaba esta mañá como “unha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten máis de seis millóns e de euros pendentes de pago, cun retraso de 120 días “e subindo, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días.

    O grupo apunta á nefasta xestión do goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “non é capaz de aprobar uns orzamentos, nin de sacar novas contratacións, e as facturas acumúlanse na súa mesa. Convertiron ao Concello en moroso, afogando a economía das pequenas empresas que prestan servicios municipais”.

    Montserrat Valencia, edil do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, que “desde xaneiro se disparou desde os 40 aos 119 días nos que estamos, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir.

    Engaden que éinxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”.

Ourense en Común pide explicacións ao goberno polas podas intensivas nos Remedios. “Non solucionarán o problema dos estorniños”.

Ourense en Común pide explicacións ao goberno polas podas intensivas nos Remedios. “Non solucionarán o problema dos estorniños”.

•   Os expertos aconsellan técnicas máis sustentables para disuadir e desplazar ás colonias. “As podas non resolven, só trasladan o problema e son unha perda de tempo”.
•   Cunha inversión mínima -2.000 euros- o Concello contaría cun plan anual efectivo para o control dos estorniños.
•   Ao evidente deterioro das zonas verdes da cidade pola falta de mantemento, súmase o arboricidio de podas e talas que o goberno do PP está a acometer reiteradamente.

    Ourense en Común solicita ao equipo de goberno “explicacións” pola decisión de podar as árbores situadas no parque da rúa Pardo de Cela, fronte ao pavillón dos Remedios. Manifestan desde o grupo que “é un erro podar as árbores e ademáis non solventará a situación dos estorniños, que volverán. Solicitaremos información para saber en que documento ou criterios basearon esta nefasta solución e pediremos tamén responsabilidades”.

    Se o concello quere evitar a concentración dos estorniños no casco urbano,  especialmente polas molestias que os excrementos poden xenerar en parques e rúas, “debe informarse das medidas de control para evitar que as aves cheguen ao centro da cidade” .

    Logo de contactar cun experto biólogo e ornitólogo, Ourense en Común propón  alternativas máis sustentables, xa levadas a cabo noutros concellos, empregando técnicas combinadas de cetrería e sons disuasorias, “o que se fai é desplazalas do durmidoiro óptimo que actualmente escolleron, a un subóptimo e logo a outro, e así sucesivamente”.

    Montserrat Valencia, edil de Ourense en Común, analiza que “a poda das árbores é outro claro exemplo da incompetencia e a falta de interese polo medio ambiente do PP no concello. A solución pasa por contactar con especialistas, e elaborar un proxecto para o control anual do estorniño, e deixar as árbores tranquilas. Evitamos danos no mobiliario urbano e nas árbores, damos resposta a unha demanda veciñal lóxica, e promovemos solucións sostibles e non parcheados inútiles”.

A mesa da mobilidade, promovida por Ourense en Común, no Atlas do Cambio

A mesa da mobilidade, promovida por Ourense en Común, no Atlas do Cambio

•     As cidades do cambio presentaron hoxe un mapeo municipalista do Estado, para visibilizar a transformación política local cara ás cidades do futuro, máis habitables, demo-cráticas e coidadoras.
•    Máis de 70 iniciativas transformadoras, impulsadas desde gobernos e oposición, recóllense nunha ferramenta froito do traballo en rede entre o municipalismo estatal.
•     Ourense comparte espazo no mapa con cidades como Madrid, Compostela, Barcelona, A Coruña, Valencia, Zaragoza, Cádiz ou Palma.

    As “Cidades do Cambio” presentaban esta mañá o Atlas do Cambio, unha ferramenta que permite visibilizar, na dirección web ciudadesdelcambio.org, a transformación política e territorial que xa se está a producir a escala estatal, cara a cidades municipalistas radicalmente democráticas e feministas.

    Froito do traballo en rede entre as plataformas municipalistas estatais, creouse unha ferramenta dixital que inclúe un repositorio con máis de 70 políticas transformadoras realizadas polas plataformas municipalistas desde as eleccións de maio de 2015, poñendo de relevo que existe unha axenda municipalista en común que xa se está implementando en moitas cidades e municipios do cambio.

    Ourense comparte espazo neste mapeo con cidades como Madrid, Compostela, Barcelona, A Coruña, Valencia, Zaragoza, Cádiz ou Palma entre outras, nos apartados referidos ao hábitat, o dereito á cidade, as accións en defensa do espazo público e a mobilidade.

    O Atlas do cambio visibiliza así a iniciativa impulsada por Ourense en Común a través dunha moción aprobada en 2015, para a creación da Mesa da Mobilidade, encamiñada a solventar os graves problemas que Ourense padece como terceira cidade do Estado español con maior taxa de tráfico rodado, e a repensar a cidade cun deseño para as persoas e non para os coches.

    A páxina celebra que a iniciativa de OUeC “serviu para situar por vez primeira a mobilidade da cidade no centro do debate público e para desenvolver un diálogo participado e igualitario entre políticos, colectivos, técnicos, empresas do sector e veciños e veciñas, que debe servir de precedente para redaccións de plans futuros en Ourense”.

O goberno do PP obstrúe o acceso á información sobre varias modificacións orzamentarias previstas de votarse mañá

O goberno do PP obstrúe o acceso á información sobre varias modificacións orzamentarias previstas de votarse mañá

•     OUeC vén pedindo nas últimas semanas ter acceso aos expedientes. Onte mesmo por rexistro. “Hai unha obstrución reiterada e intencionada”.
•    As memorias das Entidades Comerciais e Federacións Veciñais non foron facilitadas a Ourense en Común ate este martes a última hora da mañá, a menos de vintecatro horas de celebrarse o pleno.
•     A documentación relativa ás melloras na Protectora de Animais seguen sen ser facilitadas á oposición.

    Ourense en Común denunciaba esta mañá a reiterada obstrución do goberno de Jesús Vázquez no acceso á información. O grupo leva semanas solicitando copia de expedientes e memorias xustificativas de varias das modificacións orzamentarias que o Partido Popular pretende aprobar mañá nun pleno extraordinario, e “ata esta mañá, a menos de vintecatro horas do pleno non nos foron facilitadas, e outras aínda faltan”.

    “De oficio debera ser xa que o goberno nos achegara toda a información, sen ter que requerila en sucesivas xuntas de área, con chamadas telefónicas aos diferentes servizos municipais, e incluso por rexistro”, explica Miguel Doval, edil do grupo, “sen as memorias e as contas xustificativas, e sen marxe de tempo suficiente, non podemos avaliar o labor nin como redundan no interese público as inversións que se propoñen, ou os convenios que se renovan”.

Ourense en Común remite á vulneración do artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, que establece que “os membros das corporacións locais teñen dereito a obter do alcalde ou da Xunta de Goberno Local cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.

O que está a acontecer replica o proceder opaco do equipo de Jesús Vázquez desde a súa chegada ao Concello,só ofrecen evasivas, como un mantra para evitar que controlemos e fiscalicemos o que fan, para obstaculizar o noso traballo na oposición”.

Ourense en Común alegará o proxecto da intermodal e pide ao Grupo Municipal Socialista que se sume ás reivindicacións

Ourense en Común alegará o proxecto da intermodal e pide ao Grupo Municipal Socialista que se sume ás reivindicacións

•     A nova estación non permite a permeabilidade entre barrios, suporá un caos circulatorio, e tapiará tras un “muro da vergoña” os edificios da Avda. De Marín.
•     “Para esquecerse de Ourense, xa chega o Partido Popular”. OUeC pide públicamente ao Grupo Socialista na corporación, que secunde as demandas e non se someta á disciplina de partido “o que antes era un pendello non pode ser agora unha fantástica estación”.
•     Martiño X. Vázquez xunto a Ánxeles Cuña (En Marea), reclaman á Xunta investimentos que prioricen a cobertura de servizos e necesidades sociais e que teñan en conta o elevado grao de avellentamento e a dispersión poboacional da provincia de Ourense.

    Nunha rolda celebrada esta mañá no Espazo en Común, o voceiro de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, avanzaba que o seu grupo presentará alegacións ao proxecto da estación intermodal, sometido actualmente a información pública polo Ministerio de Fomento.

    Logo de avaliar o proxecto en colaboración coas parlamentarias de En Marea no Congreso dos Deputados e de reunirse co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Ourense en Común denuncia que o proxecto suporá un caos circulatorio na rúa Eulogio Gómez Franqueira e a Avenida de Marín, que o centro de saúde da Ponte “actuará como unha rotonda, soportando un denso tráfico que interferirá directamente en detrimento do servizo do centro sanitario”, e que o proxecto “perpetuará a fenda histórica entre os barrios da Ponte e Tras Estación”, supoñendo ademais a construcción dun “muro da vergoña, que tapiará as tres primeiras alturas das fachadas e vivendas da Avenida de Marín.

    Martiño X. Vázquez conclúe que “o debate sobre a Alta Velocidade tense que dar na forma en que atravesará o Concello, falamos dunha oportunidade de rexeneración urbana única. Levamos anos agardando a chegada da AV, pero ten que chegar da maneira máis digna. O voceiro de Ourense en Común lembra que “quen alcumou o proxecto da estación como ”pendello” é quen ten agora a responsabilidade,  polo que pide públicamente que o Grupo Municipal Socialista “non se someta á disciplina de partido e que se sume tamén ás alegacións que OUeC, En Marea e o Colexio de Arquitectos van presentar ao goberno central, “o que antes era un pendello non pode parecerlles agora unha fantástica estación”.

No pleno de novembro, pediremos unha tarificación da auga polo consumo real

No pleno de novembro, pediremos unha tarificación da auga polo consumo real

•     O grupo presenta unha moción para a modificación da ordenanza e “que o cobro sexa xusto e real, e fomente o consumo responsable”.
•     O Concello impón un cobro por 10m3 , “os ourensáns abonan sempre un mínimo, o consuman ou non”.
•     Caducado o contrato en setembro, os servizos de abastecemento e saneamento das augas de Ourense préstanse actualmente en precario, en mans da mesma empresa desde hai 25 anos.

    Ourense en Común anunciaba esta mañá que presentará unha moción no pleno de novembro coa que plantexará tarificar a auga no Concello en termos de consumo real.

    Montserrat Valencia, edil do grupo, analiza a actual ordenanza municipal, que “impón un consumo mínimo mensual, e así promove un consumo irresponsable. Aínda que consumas 3m3, pagarás 10 m3. O coste será idéntico”.

    A moción que o grupo promove, fala da cultura do aforro,  a concelleira defende que a cidadanía debe concienciarse sobre a auga, “co cambio que propoñemos na ordenanza, aforrar auga en casa pode ser importante para o noso peto, pero é especialmente importante ante o reto do cambio climático. A sequía do pasado ano foi un aviso, nas próximas décadas haberá máis, e a nosa capacidade de consumo vaise ver restrinxida. Temos que empezar xa a reducilo”.

    A edil explica que “a xestión da auga, como ben público, debe manterse fóra da especulación, non pode ser tratado como unha mercadoría ou valor bursátil coa que unha empresa privada veña a negociar ou lucrarse”. É por isto que, rematada en setembro a concesión municipal do abastecemento e saneamento das augas de Ourense, desde 1993 en mans da mesma empresa baixo diferentes nomes -hoxe Viaqua-, o grupo entende este momento como unha oportunidade, e insisten no que xa solicitaran en varias ocasións, “como recurso indispensable para a vida, como dereito e ben común, a auga debe ser xestionada desde o público. Sacar a xestión de novo a concurso é asinar contratos que non están feitos para que se xestione ben o recurso, senon para asegurar que se gañe moito diñeiro”.

Outro desastre na xestión de Belén Iglesias. Os prazos nas axudas de cultura teñen que impulsar, non estrangular as iniciativas

Outro desastre na xestión de Belén Iglesias. Os prazos nas axudas de cultura teñen que impulsar, non estrangular as iniciativas

•     As subvencións da Concellería convócanse “a touro pasado” e afogan ao tecido cultural da cidade.
•     Logo da realización dunha actividade, entidades culturais e comisións de festas teñen que agardar ate máis dun ano para saber se teñen ou non axuda económica desde o Concello.
•     OUeC require anticipar os prazos na convocatoria de axudas “teñen que funcionar para impulsar a creación artística e reconstruir o fervedoiro cultural de Ourense, non para lastrar as iniciativas”.
•     O grupo insiste na necesaria retirada do cargo á edil responsable “para salvar ao tecido cultural do exterminio. Destruíu nos últimos tres anos o feito nos setenta anos anteriores”.

    Ourense en Común saía hoxe en defensa dos “necesarios incentivos, en forma, en prazo e efectivos” para a promoción da cultura no Concello de Ourense, algo que dínnon existe coa xestión do Partido Popular, que nos últimos tres anos vén desmantelado todo o feito no medio século anterior”.

    O grupo entende os prazos da convocatoria de subvencións a entidades e asociacións veciñais comooutro estrangulamento nas mans de Belén Iglesias, que ademais de facelo mal, non quere escoitar”, lembrándolle á edil que tén pendente de convocar ao Consello Municipal de Cultura desde o mes de xuño, en que decidíu adiar a convocatoria por unha intervención cirúrxica.

    Miguel Doval, representante de OUeC no Consello, remite ás reiteradas peticións que entidades e asociacións teñen trasladado á concelleira nese foro, pedindo a rectificación nas datas de publicación das bases, para optimizar os prazos e os recursos, e “estimular de verdade a cultura, non afogala”.

    Doval exemplifica nun hipotético evento ou iniciativa cultural a problemática orixinada polos prazos das subvencións: Se unha entidade sen fin de lucro ou unha asociación veciñal desenvolve unha actividade no mes de decembro, non saberá ate xaneiro de dous anos despois se contará co apoio do Concello. Para entón, esa entidade ou asociación xa tivo que asumir e adiantar todos os gastos derivados da produción e realización da actividade,  abonar taxas por ocupar a rúa, e incorporar ao Concello na cartelería, sen saber aínda se estará apoiando”, concluíndo que é un sinsentido”.

    O grupo califica a situación cultural do Concello de “insostible”, e insiste na petición de dimisión de Belén Iglesias, que “levou á cultura á situación máis deficitaria dos últimos anos, a agresión é inaudita e o escenario desolador. Hai que detela”.

O subdelegado do Goberno confirma a Ourense en Común a falta de certezas sobre a subvención para a rehabilitación da Praza de Abastos

O subdelegado do Goberno confirma a Ourense en Común a falta de certezas sobre a subvención para a rehabilitación da Praza de Abastos

•     Miguel Doval e Montserrat Valencia reuníanse esta mañá con Emilio González Afonso, que dí descoñecer o estado da prórroga da subvención do Ministerio de Fomento.
•     Na xuntanza abordaron tamén cuestións sobre a reforma do Arqueolóxico, o trazado da chegada do AVE, a estación intermodal ou a protección do Barbaña.

    O Grupo Municipal Ourense en Común, achegábase esta mañá á sede da Subdelegación do Goberno en Ourense, para manter o primeiro encontro oficial co novo responsable provincial do Goberno do Estado, e trasladarlle algunhas cuestións da cidade que dependen directamente de diferentes ministerios do Goberno central.

    Miguel Doval e Montserrat Valencia, edís do grupo, trasladáronlle a Emilio González a súa preocupación pola prórroga da subvención do Ministerio de Fomento para a rehabilitación da Praza de Abastos, concedida en 2015, pero aínda sen contratar nin executar, e sobre a que o subdelegado, tras a súa incorporación ao posto, non dispón de documentación.A subvención continúa rodeada de incertezas”, asegura Miguel Doval ao remate da reunión.

    As concelleiras de Ourense en Común plantexáronlle tamén ao subdelegado peticións referidas á integración da alta velocidade na cidade, defendendo que as obras da variante exterior se liciten antes de acondicionar o actual corredor como solución provisional, xa que “perpetuará a brecha que divide o casco urbano”.

    O grupo tamén se interesou polas obras de reforma no Arqueolóxico, a circunvalación Norte, e a protección do río Barbaña,  confirmando o subdelegado o seu compromiso para poñer en marcha unha comisión de vixiancia do río e nos próximos anos chegar a erradicar os vertidos e sanealo.