Outra oportunidade para ter en 2019 un IBI máis xusto e progresivo

Outra oportunidade para ter en 2019 un IBI máis xusto e progresivo

• Ourense en Común insiste na necesidade de que o imposto fomente as iniciativas de emprendemento, o uso de enerxías renovables, e de que prime nas bonificacións ás familias máis vulnerables.
• A bonificación do 2% pola domiciliación bancaria do pago, proposta por OUeC en 2017, será incorporada á ordenanza que regulará o imposto no próximo ano.

    Ourense en Común rexistraba hoxe catro emendas á nova proposta de modificación da ordenanza municipal do IBI nun intento de “transformar o proceder do goberno, e darlles a oportunidade de promover un imposto xusto, progresivo, que fomente o emprego, o uso de enerxías renovables, que protexa ás familias con dificultades, beneficie á maioría das veciñas, e garanta a capacidade inversora e a estabilidade orzamentaria do propio Concello”.

    O proxecto de modificación para o ano 2019 da Ordenanza fiscal reguladora número 1, do Imposto sobre Bens Inmobles, aprobado inicialmente polo Partido Popular na Xunta de Goberno Local do pasado día 20, “promove de novo un IBI lineal e inxusto que só favorece a unha minoría, aos que máis teñen”.

    As dúas emendas de adición e outras tantas de substitución presentadas polo grupo, buscan promover “un modelo económico máis xusto e solidario para as veciñas, e máis responsable co financiamento municipal. Para esto, o grupo propón aumentar o período de bonificación para vivendas de protección oficial, valorando ademais por nivel de renda ás familias numerosas, fomentar a instalación de enerxías renovables e impulsar as actividades económicas e o emprendemento.

    “Son bonificacións viables e de sentido común”. Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, explica que “son emendas que xa foran informadas favorablemente polos técnicos hai máis dun ano, e incluso aceptadas polo equipo de goberno. Engadilas só é cuestión de vontade”, polo que dentro dos dez días dos que por dereito dispoñen os grupos para a presentación de emendas ao proxecto, “quixemos dar outra oportunidade para que o goberno rectifique”.

Urximos ao goberno a escoitar e ser transparente co movemento veciñal xurdido en defensa do Posío

Urximos ao goberno a escoitar e ser transparente co movemento veciñal xurdido en defensa do Posío

• Bancos rotos, árbores talladas ou secas, humidades, e bordos con tropezos constantes poñen de manifesto o “abandono histórico” do Xardín, denunciado por veciñas e oposi-ción en incontables ocasións.
• Unha moción de OUeC para a posta en valor do espazo foi aprobada no pleno de maio por unanimidade da corporación.
• O PP evita dotar de orzamento a execución, malia a admitir “ser consciente da problemática”, e remite os traballos a un obradoiro de emprego da Xunta, como o que deixou a medias as ribeiras do Barbaña.

    Ourense en Común avanzaba hoxe que se unirán á mobilización convocada esta tarde en defensa do Xardín do Posío, e urxen ao goberno a escoitar ás veciñas e “darlles a posibilidade de participar e opinar en calquera proxecto que se plantexe para un espazo que sinten como seu”. O grupo entende que “este movemento veciñal autoconvocado responde á incertidume provocada pola opacidade coa que este goberno adoita facer as cousas, podería evitarse con transparencia, pero non o entenden”.

    O arranxo do Xardín é “necesario e urxente, defende Miguel Doval, que engade que o espazo “require de accións de mellora na limpeza, a seguridade, ou a accesibilidade”, e en definitiva, precisa “ser posto en valor antes de que o deterioro sexa irreversible.

    A ese respecto, Ourense en Común xa levara ao pleno do pasado mes de maio unha moción, que foi aprobada por unanimidade de toda a corporación, en defensa da dignidade  do xardín, tal e como agora demandan as residentes da contorna, ante o que consideran un abandono histórico”.

    O propio edil popular responsable da área de Infraestruturas, Jose Araujo, chegou a admitir en xunta de área e no propio pleno “ser consciente da problemática” pero escúdase na falta de fondos para realizar as obras, e deriva a responsabilidade a un obradoiro de emprego da Xunta de Galicia, “que pode ser insuficiente se temos en conta o que rematou en xuño, que deixou as ribeiras do Barbaña peor do que estaban antes da actuación”.

    Ourense en Común pide “que o pulso do movemento cidadán sexa escoitado, que reciba explicacións con transparencia, e que a posta en valor que merece o Xardín do Posío se materialice canto antes”.

Queremos o cese cautelar e inmediato do xefe de RRHH, que segue a traballar no Concello

Queremos o cese cautelar e inmediato do xefe de RRHH, que segue a traballar no Concello

• O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou a nulidade do seu nomeamento e toma de posesión.
• Logo da sentenza do TSXG, o goberno municipal mantén a Rodríguez-Novoa nun “posto estratéxico para colocar a amizades”.
• Ourense en Común elevou tamén ao alto tribunal galego as irregularidades na Relación de Postos de Traballo municipais, artelladas por Rodríguez-Novoa.

    Ourense en Común rexistraba esta mañá un escrito dirixido á alcaldía, solicitando a suspensión de funcións do Xefe do Servizo de Recursos Humanos do Concello, logo de coñecerse hai unha semana a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  pola que se consolida a ditada anteriormente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, determinando a nulidade do Decreto da Concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure, do 7 de xullo de 2016, polo que se resolvía nomear a D. Francisco Javier Rodríguez-Novoa González, como Xefe do servizo de Recursos Humanos do Concello de Ourense.

    Martiño X. Vázquez, voceiro de Ourense en Común, alerta de que a actividade desta persoa pode rozar o delito e a prevaricación, e o goberno está consentindo que continúe”. É por isto que o grupo solicita a suspensión cautelar de Rodríguez-Novoa sen esgotar o prazo de execución da sentenza”, engadindo que “entendemos que é un posto estratéxico para que o Partido Popular poida manexar a política de enchufes que adoita facer, pero calquera trámite que asine esta persoa, estará viciado de sospeita e será susceptible de anularse, como o seu propio nomeamento”.

    O grupo lembra que desde 2016 en que tomou posesión do cargo como Xefe de Recursos Humanos, Rodríguez Nóvoa sacou ofertas públicas de emprego con informes en contra da intervención municipal, e introduciu cambios substanciais na Relación de Postos de Traballo do Concello. “Incluso intentou sacar un regulamento para normalizar a política irregular do Partido Popular en materia de persoal”, explican, e apuntan que “a RPT ten aínda máis dun cento de alegacións sen resolver, e un recurso do noso grupo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O efecto de Rodríguez-Novoa aínda non rematou, pero debe deterse canto antes”.

    Martiño X. Vázquez advirte ademais da vergoña no caso de que o goberno decida recurrir a sentenza ao Tribunal Supremo, “sería un gasto de recursos públicos do Concello para defender un enchufe do Partido Popular”.

OUeC e Anova traballarán xuntas para arrebatarlle a alcaldía ao Partido Popular en 2019

OUeC e Anova traballarán xuntas para arrebatarlle a alcaldía ao Partido Popular en 2019

• Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común, reuníase hoxe co portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, xunto con outras candidaturas municipalistas da provincia como Ribeiro en Común e Alterna-tiva Veciñal do Carballiño.
• O obxectivo compartido é sumar Ourense, a provincia e a capital, á onda de renovación democrática que no ano 2015 chegou a outros concellos galegos como Coruña, Ferrol ou Compostela.

    O voceiro e candidato á alcaldía de Ourense por Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, mantiña esta tarde unha xuntanza con Antón Sánchez,  portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea, para traballar conxuntamente coa mirada posta no horizonte das municipais 2019.

    A reunión, na que tamén participaron representantes de outras candidaturas municipalistas da provincia, como Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño, concluía arredor das nove da noite.

    Ao remate, o candidato á alcaldía por Ourense en Común,  Martiño Xosé Vázquez agradecía como fundamental” o apoio amosado hoxe por Anova, “traballamos nunha candidatura ampla e transversal. Un proxecto común onde partidos políticos, veciñas e activistas nos sintamos representados. A situación de parálise de Ourense é grave e nos interpela a todas. No 2019 ninguén pode quedar na casa, temos que ser lexión para reverter as políticas que levan secando o concello e a provincia durante décadas. Ourense ten unha oportunidade de cambiar de ciclo como xa sucedeu no resto de Galicia e para iso todas somos necesarias”.

    Pola súa parte, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez,  concluía que “os espazos de unidade popular son a mellor e única ferramenta para desafiuzar ao Partido Popular das institucións públicas que parasitan ou mal gobernan, como pode ser o caso de Ourense. A nosa asemblea acordou apoiar a todas as candidaturas municipalistas consolidadas e por isto estamos hoxe aquí, para ofrecer toda a nosa axuda e apoio a Ourense en Común de cara ás eleccións de 2019”.

Turismo avaliará a proposta de OUeC para o reaproveitamento dos vellos bungalows do camping do Untes

Turismo avaliará a proposta de OUeC para o reaproveitamento dos vellos bungalows do camping do Untes

• Jorge Pumar recollía como “boa idea” a proposta trasladada esta mañá por Martiño X. Vázquez para dar “unha segunda vida” aos bungalós que teñen que ser retirados.
• O grupo aposta por “optimizar eses recursos e reaproveitalos na medida do posible”.

    Ourense en Común propoñía esta mañá na xunta de área de Turismo, o reaproveitamento dos vellos bungalós que se retirarán do camping de Untes, “antes de desbotalos cómpre avaliar o seu estado, e ver se poden ter unha segunda vida en outras dependencias municipais, manifestaba Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo; unha suxestión que o edil responsable da área, Jorge Pumar, recibía positivamente, comprometéndose a valoralo, inventariando o estado das estruturas e os materiais, e orzamentando un posible traslado.

    Tal e como recolle o novo proxecto de glamping presentado a pasada semana polo goberno municipal, os bungalós actualmente existentes no camping serán retirados, por estar fóra de ordenación e ser incompatibles co plan. “Sería unha mágoa contemplar como única opción tiralos”, defenden desde Ourense en Común, que ven que o novo proxecto redactado polos técnicos ten unha moi boa base, pero a nosa máxima non é só investir, se non tamén aproveitar os recursos.

Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019

Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019

• Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por OUeC, compartirá mañá en Ourense unha reunión de traballo co portavoz nacional de Anova e deputado de En Marea, Antón Sánchez.
• O local de Ourense en Común nas Burgas recibirá a representantes de diferentes candidaturas municipalistas da provincia para definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.

    Unha delegación da Comisión Permanente de Anova, encabezada polo deputado de En Marea Antón Sánchez, participará este martes 24 de setembro nun encontro con Ourense en Común ás 20h no Espazo Común das Burgas. Segundo declaracións do propio Portavoz Nacional da organización fundada por Xosé Manuel Beiras,o obxectivo é mostrar o apoio de Anova aos procesos de Unidade Popular consolidados, nos que a nosa militancia participa a nivel individual”.

    O encontro, no que participarán tamén outras candidaturas da provincia de Ourense, como Ribeiro en Común e Alternativa Veciñal do Carballiño, pretende definir o traballo de cara a asumir o horizonte 2019.

    “É fundamental artellar un proxecto común no que todas nos sintamos representadas. Damos a benvida e agradecemos o apoio de Anova. A situación de parálise de Ourense é grave e nos interpela a todas. Ninguén pode quedar na casa, temos que ser lexión para reverter as políticas que levan secando o concello e a provincia durante décadas. Ourense ten unha oportunidade de cambiar de ciclo como xa sucedeu no resto de Galicia e para iso todas somos necesarias”, afirma Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común.

Ourense en Común pide seguimento ás accións do Móvete x Ourense

Ourense en Común pide seguimento ás accións do Móvete x Ourense

• As medidas recollidas no plan para cambiar a mobilidade na cidade “requiren vontade e valentía, pero tamén unha avaliación do impacto que xeneran”.
• O propio plan redactado pola consultora Urba+ recolle a creación desa comisión para garantir a efectividade das accións que se vaian executando.
“Ourense está ás portas dunha oportunidade para cambiar o modelo de cidade. Todas as veciñas temos que ir da man, queda aínda moito por facer”.

    Ourense en Común rexistraba no día de onte unha petición dirixida á Concellería de Infraestruturas para que sexa convocada con urxencia a Comisión de Seguimento do Móvete x Ourense, co fin de avaliar as accións que foron xa levadas a cabo, e determinar unha periocidade e continuidade no seguimento das mesmas “e das que están por vir”, para que, tal e como recolle o propio plan redactado pola consultora Urba+, poida garantirse a súa efectividade.

    Despois de seren facilitado aos grupos municipais, e presentado públicamente, o Plan Integral de accións derivado do “Proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade: pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense”, nomeado Móvete x Ourense, e tendo sido xa implementadas algunhas desas accións coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, Ourense en Común entende que “estamos no punto de partida. Levamos tres anos loitando por esto, e agora temos un plan sobre a mesa, Ourense ten unha oportunidade, pero para que sexa eficaz cómpre coordinación para planificar, vontade e valentía para executar,  e control e avaliación para que todo funcione”.

O abandono no viveiro e a planta de compostaxe municipais intensifican o deterioro nas zonas verdes de Ourense

O abandono no viveiro e a planta de compostaxe municipais intensifican o deterioro nas zonas verdes de Ourense

• Ourense en Común pide maior atención ás instalacións “son recursos infrautilizados que poderían reverdecer a cidade”.
• A planta de compostaxe está desbordada, almacenando un compost de alta calidade ao que “non se lle da saída”.
• O viveiro chegou a producir máis de cen mil plantas por tempada. A día de hoxe está explotado só nun 5% da súa superficie.
• A documentación prometida polo goberno sobre o estado do arboredo no Concello, segue pendente desde hai máis dun ano.

    As edís de Ourense en Común Montserrat Valencia e Miguel Doval, visitaron esta semana en Santa Mariña o viveiro e a planta de compostaxe municipais, comprobando de primeira man que o desleixo imperante no Concello co medio ambiente afecta tamén a estas instalacións”.

    Dende o grupo, denuncian que estes recursos estean infrautilizados e infradotadosaquí chegaron a traballar vinteoito persoas, e producíanse ate 110 mil plantas por tempada”, explica Montserrat Valencia, que fala tamén da “precaria situación actual. A día de hoxe son só dous os operarios que atenden as instalacións,  explotadas nun 5% no caso do viveiro e desbordadas no caso da planta de compostaxe”.

    Coa chegada do outono, o grupo urxirá no pleno abordar de inmediato” as necesidades das zonas verdes do Concello, e darlle sentido a estes recursos , planificando e coordinando un plan efectivo desde Concellería de Medio Ambiente no que as empresas responsables do coidado das zonas verdes traballen conxuntamente co viveiro e a planta de compostaxe, para “unir a cadea”.

    O grupo lembra a talla masiva de árbores perpetrada no verán de 2017, da que “aínda non se dirimiron responsabilidades, e seguimos agardando o inventario sobre o estado do arboredo. Non se avanzou en nada, e as árbores seguen nesta cidade condenadas á morte e poñendo en risco ás cidadás”. 

OUeC pide dimisión para Flora Moure e para Rodríguez Nóvoa “que non asine nada máis”

OUeC pide dimisión para Flora Moure e para Rodríguez Nóvoa “que non asine nada máis”

• O grupo celebra a “esperanzadora” sentenza do TSXG contra as prácticas clientelares do PP “que levan décadas secando Ourense”.
• Martiño X. Vázquez defende o compromiso nacido do 15M. “En 2015 e nesta mesma praza chegamos da man dos movementos e as reivindicacións sociais. Viñemos á política para esto, para loitar contra o nepotismo”.
• O grupo apremia ao goberno a cesar de inmediato ao xefe de persoal, e “paralizar todos os trámites que estean na súa mesa”.
• A RPT revelará máis maniobras artelladas polo PP para normalizar e perpetuar enchufes no Concello.

    Ourense en Común e o Grupo Socialista no Concello de Ourense, avaliaban esta mañá ás portas da casa consistorial a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que acredita que o nomeamento de Javier Rodríguez Nóvoa como xefe de Recursos Humanos do Concello de Ourense “foi cociñado a medida polo Partido Popular” .

    Desde OueC esixen a dimisión inmediata de Flora Moure como concelleira responsable de persoal “hai serias sospeitas de prevaricación nas súas funcións”, e o cese urxente de Rodríguez Novóa, coa “suspensión de calquera proceso que estea enriba da súa mesa. Non debe asinar nada máis”.

    O voceiro de Ourense en Común interpretaba como “triste que a xustiza teña que vir ao Concello de Ourense a poñer orde, e facer o que un goberno responsable debera ter feito”, ao tempo que considera a sentenza como esperanzadora para as xeracións máis formadas, obrigadas a emigrar de Ourense por non ter unha oportunidade laboral nun lugar onde outras con menor cualificación están parasitando postos clave da administración pública.

    Martiño X. Vázquez defende o compromiso do seu grupo coas reivindicacións contra o enchufismo e o nepotismo. “Viñemos á política para esto. En 2015, nesta mesma praza, chegamos da man dos movementos sociais e do 15M comprometidas con todas as reivindicacións,  entre elas a de erradicar as prácticas clientelares que levan secando Ourense desde hai décadas. Non pode volver a suceder”.

    O recurso, que onte ratificaba o alto tribunal galego, fóra xa tramitado por OUeC e PSOE pola vía administrativa dentro do propio Concello ao inicio do proceso selectivo para o posto, “non somos partidarios de xudicializar a vida política polos custes económicos e de lexitimidade democrática que conlevan. A vía era a administrativa e que se dirimira na propia casa, así o fixemos pero o Partido Popular fixo caso omiso. O recurso que chegou á vía xudicial foi mimético, foi o mesmo”.

    O voceiro de Ourense en Común reivindicou ademais o papel do seu grupo xunto ao do Grupo Socialista neste proceso xudicial. “A verdadeira oposición ao PP está hoxe aquí”, referíndose a “outras organizacións políticas que telepredican erixíndose como o azote xudicial do PP, pero que terán que dar explicacións de por que non están neste proceso”.

Pedimos a incorporación de colectivos xuvenís e entidades ao debate sobre a ordenanza do botellón

Pedimos a incorporación de colectivos xuvenís e entidades ao debate sobre a ordenanza do botellón

• O goberno aborda esta ordenanza con reunións “en exclusiva e a porta pechada” cos grupos da corporación, sen escoitar ás partes implicadas.
• Mocidade, colexios profesionais ou ANPAS “teñen moito que dicir”.

    Ourense en Común remitía esta mañá un escrito á Concellería de Sanidade, que actualmente aborda o borrador da Ordenanza municipal que quere regular o botellón, apelando á edil responsable, Sofía Godoy, a escoitar a todas as partes, e a “abrir o debate” a colectivos  xuvenís,  colexios profesionais e/ou entidades implicadas, para que as súas aportacións sexan tidas en conta nunha “ordenanza participada que recolla todas as sensibilidades”.

    O grupo lamenta a opacidade coa que se está a tratar o texto, en exclusiva e a porta pechada cos grupos, e entende como un erro de plantexamento que o borrador mencione como ámbitos de actuación o escolar, familiar ou sanitario, pero “se lles da a espalda, sen opción de participar na confección da norma”.

    Ourense en Común pide a implicación de entidades xuvenís, educadoras sociais, profesionais da sanidade, profesorado, ANPAs e outros colectivos para abordar “unha norma efectiva, que non ten que ser exclusivamente sancionadora, que estableza unha forma de intervir en base ao civismo e a responsabilidade, que poida educar, ofrecer espazos de encontro á mocidade e alternativas ao consumo abusivo do alcohol”.