Ourense en Común apremia ao goberno a liberar de taxas o uso do espazo público, tal e como acordou o pleno.

Ourense en Común apremia ao goberno a liberar de taxas o uso do espazo público, tal e como acordou o pleno.

•     Máis de trinta actividades gratuitas promovidas por colectivos autoxestionados encheron de cultura, artes e xente as zonas máis degradadas do casco histórico durante os meses de xullo e agosto.
•     O goberno intentou reprimir onte o último evento do VeránÉarte, un festival satírico sobre a actualidade municipal, política e social “que incomodou ao ego do alcalde”.
•     Ourense en Común denuncia a persecución ás iniciativas culturais na rúa e apremia a Jesús Vázquez a cumprir o acordo plenario do pasado mes de xullo en defensa do espazo público como “ben común”, e “non como valor mercantil”.

    Ourense en Común posicionábase esta mañá en defensa dos colectivos ourensáns que baixo o paraugas do Espazo Cultural Alternativo Autoxestionado e Asociativo -EsCuA-  viviron onte outro episodio do látego represor de Jesús Vázquez e o seu goberno contra a cultura de Ourense”.

    Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, entende comotorpe agresión á liberdade de expresióno comunicado emitido onte polo Concello de Ourense prohibindo o Festival Internacional do Barbaña a escasa media hora de celebrarse; unha iniciativa que pechaba a programación do Veránearte, que nos meses do verán encheu de actividades, “e sen incidencias”,  a contorna sur do casco histórico da cidade, “a máis degradada e abandonada por este goberno”.

    O alcalde motivaba hoxe a censura no impago de taxas, pero Ourense en Común aclara que “quen non cumpre é o Concello”, lembrando que “existe un acordo plenario para liberar de taxas o uso do espazo público sen fins de lucro”. Un uso do que un exemplo sería o caso das actividades promovidas por EsCuA.O propio Partido Popular votou a favor desa moción, aprobouse por unanimidade”.

As irregularidades na RPT denunciadas por Ourense en Común chegan ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

As irregularidades na RPT denunciadas por Ourense en Común chegan ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

•    O alto Tribunal galego admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, e no 2019 podería concluír a nulidade da modificación da Relación de Postos de Traballo.
•    O PP deseñou un inventario de postos a medida para regularizar a rede de enchufes practicados durante anos no Concello.
•     Como co PXOM, o goberno eludiu a competencia do pleno para aprobar este documento.
•     OUeC solicitará medidas cautelares para que a modificación non se consolide namentres o TSXG non emita sentenza.

    Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, a edil de Ourense en Común, Montserrat Valencia, anunciaba a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ourense sobre a Relación de Postos de Traballo, presentado polo grupo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    Ademais das dez alegacións presentadas polo grupo pola vía administrativa no Concello, aínda pendentes de resposta, o grupo anunciaba tamén no alto Tribunal galego un recurso contencioso-administrativo, denunciando  “erros, irregularidades, incoherencias, arbitrariedades e incluso ilegalidades” na modificación da RPT aprobada polo Partido Popular en Xunta de Goberno Local.

    A auditoría sobre o documento, contratada por Ourense en Común a un equipo de expertos en Economía Aplicada e consultoría institucional, e sobre a que se basea o recurso no TSXG, evidencia en máis de oitenta páxinas o “interese premeditado” do Partido Popular en aprobar unha RPT coa que perpetuar os centos de enchufes practicados durante anos no Concello de Ourense”.

    Ademais de eludir a competencia do pleno para aprobar o documento, o goberno de Jesús Vázquez quere modificar a RPT “sen dar un sentido organizativo que busque a eficiencia dos recursos humanos municipais”, explicaba Montserrat Valencia, “é unha mera relación de servizos e postos, deseñada únicamente para regularizar unha situación irregular, para manter unha rede clientelar e a estrutura de poder que afunde Ourense”.

    O grupo solicitará, como medida cautelar, que a modificación artellada polo Partido Popular non entre en vigor ate que non se resolva o recurso; unha sentenza que podería chegar en 2019 e concluír a nulidade da nova RPT .

O Concello abandona sen concluír a reforma do Paseo do Barbaña

O Concello abandona sen concluír a reforma do Paseo do Barbaña

•    A memoria do Obradoiro de Emprego “Ribeiras do Barbaña” revela que só se completou o 80% dos traballos previstos.
•    Ourense en Común reclama que se subsanen de urxencia as deficiencias no firme do camiño. “É un perigo para peóns e ciclistas”.
•     Tramos con pedras e area sen compactar complican o tránsito.

   Ourense en Común interesábase esta mañá na xunta de área de Infraestruturas pola previsión do Concello para concluír as obras de mellora do firme no Paseo do Barbaña, que quedaron a medio facer” despois dos nove meses de duración do Obradoiro de Emprego nomeado “Ribeiras do Barbaña” rematado o pasado mes de xuño, que prevía arranxar as deficiencias do paseo, no tramo comprendido entre a Molinera e o Paco Paz.

    Lonxe de mellorar as malas condicións nas que xa estaba o camiño, quedou aínda peor”, afirma Martiño Xosé Vázquez, que explica que o sendeiro está ciscado de pedras e o sábrego sen compactar, resultando tramos nos que “os pés se afunden e as rodas das bicicletas se atrancan”, obrigando a alterar a traxectoria de peóns e ciclistas para evitar “tropezos, torceduras e caídas”.

    O grupo non obtivo aínda resposta debido á ausencia do concelleiro responsable na xunta de área de hoxe, pero esixirá que as deficiencias se subsanen coa maior brevidade. “Ao marxe da imaxe de abandono, é un perigo”.

    Segundo a memoria do Obradoiro de Emprego, os traballos de albanelería no firme quedaron incompletos nun 20% “polas condicións climáticas soportadas durante todo o período de duración do obradoiro [sic]”, unha aclaración que OUeC desminte baseándose na mesma memoria, que revela que nos primeiros oito meses de duración, o programa centrouse nos Ponxos, no Barbaña non se actuou ate o mes da clausura, o mes de xuño, coincidindo coas fortes treboadas que caeron en Ourense.

    O voceiro de Ourense en Común conclúe que é evidente” que “os tempos non se planificaron axeitadamente e que o obradoiro non cumpriu cos obxectivos”, e engaden que as chuvias non poden ser escusa para deixar unha inversión de 354.000 euros nestas condicións”.

Urxe a remunicipalización da ORA e a grúa, en mans dunha empresa corrupta “que segue forrándose a costa de Ourense”

Urxe a remunicipalización da ORA e a grúa, en mans dunha empresa corrupta “que segue forrándose a costa de Ourense”

•    O pleno aprobou en dúas ocasións a xestión municipal dos servizos, actualmente “obsoletos, deficientes, e prestados por unha empresa no centro da Operación Pokemon”.
•    O máximo responsable de Véndex tiña previsto declarar hoxe en Lugo por blanqueo de capitais e fraude contra a Facenda Pública.
•     O grupo denuncia a permisividade coa que o Partido Popular “asume convivir con empresas corruptas”.
•     O goberno de Compostela Aberta impulsou en Santiago a recuperación do servizo, que desde mediados de xuño se presta con maior calidade e facilidades no pago.

    Coincidindo coa declaración do principal responsable de Véndex, epicentro da investigación da ‘Operación Pokemon’, por blanqueo de capitais, Ourense en Común urxe ao goberno a cumprir coas dúas mocións aprobadas no pleno para que os servizos da ORA e o guindastre pasen a ser de xestión municipal, para “garantir a calidade e efectividade, e para que os beneficios revirtan nos cidadáns“.

    O grupo denuncia a natural permisividade” do Partido Popular coas empresas corruptas, e entende inadmisible” que Véndex “siga a forrarse en Ourense, prestando un servizo obsoleto e deficiente cun contrato caducado desde hai máis de dous anos”.

    O voceiro do grupo, Martiño X. Vázquez, lembra que xa antes de que vencera este contrato amosamos a nosa vontade de colaboración para avaliar a mellora do servizo”, e Ourense en Común solicitaba a remunicipalización nunha moción aprobada no pleno de abril de 2016 cos votos a favor de todos os grupos da oposición. O equipo de Jesús Vázquez “non fixo nadae OUeC levaba novamente a pleno a iniciativa en marzo deste mesmo ano, aprobándose outra vez cos votos do Grupo Socialista, Democracia Ourensana e Ourense en Común.

   Como con outros servizos, o goberno mantén un contrato público en precario e Ourense segue pagando por un servizo obsoleto a unha empresa corrupta”, apunta Martiño X. Vázquez, que engade que “ao marxe da sabida incapacidade de xestión deste goberno municipal, evidencian unha falta de respecto ao propio Pleno e un menosprezo á vontade de colaboración para sacar Ourense da parálise na que vivimos ”.

    Ourense en Común defende a necesidade” de que estes servizos se presten axeitadamente e de “actualizar as rúas con zona azul, o tamaño das prazas ou as modalidades de pago”, e toma como referencia o caso de Santiago, onde o goberno de Compostela Aberta impulsou a xestión do servizo desde o consistorio. “Un exemplo de que é posible recuperar o servizo e prestalo con calidade”.

Ourense en Común propón avanzar no futuro Museo de Canedo

Ourense en Común propón avanzar no futuro Museo de Canedo

•    O pleno aprobaba en febreiro a iniciativa do grupo para poñer en valor a memoria do extinto concello.
•    OUeC entende o 75º aniversario da fusión Canedo-Ourense como unha “ocasión perfecta” para inventariar os restos e dignificar a historia que precedeu ao actual barrio da Ponte.
•     O Concello de Ourense retirou a finais de 2017 a tapa de alcantarilla de 1931 que se conservaba nunha rúa pontina. “Non se sabe como nin onde se está custodiando”.

    Ourense en Común rexistraba esta semana un escrito dirixido á concellería de infreaestruturas e participación, polo que require información sobre a localización e a forma en que o Concello está a custodiar a tapa de sumidoiro retirada en decembro de 2017 da rúa Salustiano Muñoz, no barrio da Ponte, que aínda conservaba a lenda: “Alcantarillado: Concello de Canedo. 1931”, e solicita que se inicie o inventariado dos restos materiais e inmateriais que aínda perduran do extinto concello, para avanzar no cumprimento do acordo plenario para a constitución dun Museo de Canedo, que “conserve a memoria e o sentimento que pervive na psique pontina, e é que Canedo existe”.

    O pleno aprobaba no pasado mes de febreiro a iniciativa de Ourense en Común para a posta en valor da historia do barrio da Ponte, procurando conservar e protexer do vandalismo e a degradación os restos físicos de mobiliario urbano persistentes do vello concello, e dignificar a memoria daquelas nove parroquias que conformaban “un concello cunha grande identidade, fagocitado  polo Concello de Ourense o 20 de abril de 1943”.

    Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, destaca que o 75º aniversario daquela fusión entre os Concellos, “non debe deixarse pasar, o momento é agora, é unha oportunidade para avanzar na cohexión entre os noutrora diferentes concellos do val do Miño, e incluso entre os diferentes barrios da nosa cidade. Canedo xa non será unha unidade administrativa nin terá personalidade xurídica, pero segue a ser unha bisbarra xeográfica real e un territorio específico na lembranza de moita xente. Por iso é fundamental preservar vestixios do seu legado material. Elementos como a tapa da alcantarilla é moito máis que mobiliario urbano, é un símbolo para as pontinas que non debe terse agochada e degradándose”.

Precarización dos bombeiros e fincas sen desbrozar: Ourense é un polvorín

Precarización dos bombeiros e fincas sen desbrozar: Ourense é un polvorín

•    Se os lumes da última semana se producisen simultáneamente, o número de efectivos sería insuficiente para protexer á poboación. Na primeira quincena de agosto só 9 bombeiros estiveron cubrindo as quendas do servizo.
•    O goberno incumpre a ratio de un bombeiro por cada mil habitantes que establece a Unión Europea e a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias.
•    Numerosas fincas de titularidade municipal incumpren a ordenanza de limpeza de solares e as instruccións preventivas contra incendios da Xunta de Galicia.
•     A contratación temporal de unha brigada ao abeiro dos fondos FEADER vaise demorar ata outubro pola lentitude do goberno.

    Logo do recente lume forestal rexistrado onte en Ourense, o segundo en sete días, Ourense en Común alertaba de novo esta mañá sobre o risco extremo” ao que está exposto o concello polos “recortes no corpo de bombeiros e o incumprimento cos desbroces” a mans do Partido Popular.

    Desde 2015, o grupo vén solicitando que se tomen en serio as necesidades do servizo de bombeiros e a seguridade da poboación”, sinalando a falta de efectivos e o precario e obsoleto dos poucos medios con que contan, ao que suman os numerosos solares sen limpar, e que non haxa Plan Municipal de Emerxencias, nin Plan de prevención de lumes como obriga a normativa” .

    Martiño X. Vázquez conclúe que a situación “é insostiblee cuestiona o labor do edil responsable de velar pola seguridade cidadá, Carlos Campos. “A protección das veciñas e veciños de Ourense non pode estar en mans de quen no último pleno se comprometía a escoitar as demandas do corpo de bombeiros  e tres semanas despois aínda non os chamou nin convocou, que é o mesmo que hai uns meses manifestaba estar ‘sen ganas’ para acometer o seu traballo. Terá entón que dimitir”.

    O portavoz de Ourense en Común apunta tamén á falta de compromiso coa normativa de limpeza e desbroce de solares, “son múltiples as fincas do propio Concello que incumpren a ordenanza municipal e as instruccións da Xunta para a prevención e defensa contra os lumes. Son xa tres anos de abandono medioambiental, Ourense é un polvorín”.

    Ourense en Común lamenta ademais ochapuceiro e lentona convocatoria ao abeiro dos fondos FEADER para a contratación laboral temporal dunha brigada de prevención e defensa contra o lume. “O proceso foi convocado como urxente en xullo, a través do INEM, pero continúa  sen resolverse a día de hoxe. Entre a fase de selección e a formación, a prestación do servizo será efectiva en outubro como moi cedo, cando cheguen as chuvias, o verdadeiro método de prevención do Partido Popular”.

Ourense en Común cuestiona o compromiso de Jesús Vázquez co Ateneo

Ourense en Común cuestiona o compromiso de Jesús Vázquez co Ateneo

•    O Ateneo continúa cunha sede provisional á espera da mediación do Concello de Ourense coa Xunta de Galicia para cederlle un espazo.
•     Máis dun ano e medio despois decenas de entidades culturais da cidade agardan para poder aproveitar as instalacións da Biblioteca Nodal despois do seu traslado a San Francisco.

    Ourense en Común rexistraba na mañá de hoxe unha pregunta dirixida ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, coa finalidade de coñecer o estado das negociacións coa Xunta de Galicia para ceder o espazo da actual Biblioteca Nodal a colectivos culturais da cidade, entre eles o Ateneo.

    Unha emenda de Ourense en Común a unha moción do PSdeG-PSOE, aprobada por toda a oposición no pleno celebrado en febreiro de 2017, obrigaba ao equipo de goberno do Partido Popular en Ourense a: “trasladar á Xunta de Galicia o compromiso desta Corporación Municipal para a futura cesión gratuíta das instalacións do actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense na Rúa Concello nº11 (que quedarán baleiras despois do seu traslado ao Complexo de San Francisco) co fin de garantir o seu uso social como hotel de asociacións e espazo de creación cultural. Albergando entidades culturais referentes da cidade como o Ateneo de Ourense e o Cineclube, así como aqueles outros colectivos comprometidos co desenvolvemento cultural dentro do municipio”.

    Uns meses despois daquel acordo, o desaloxamento da Sociedade Recreativa Cultural Ateneo volvía a poñer sobre a palestra a posibilidade de empregar as instalacións anexas ao Parque da Alameda do Cruceiro como centro de referencia cultural da cidade. Neste caso, un pleno extraordinario promovido conxuntamente por Ourense en Común e PSdeG-PSOE sacaba, “agora si”, o acordo do goberno de Jesús Vázquez Abad para esixirlle á Xunta de Galicia a cesión urxente e gratuíta dunhas instalacións no actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense na rúa Concello, nº 11 (…) co fin de evitar a desaparición do Ateneo de Ourense.

    Máis de ano e medio despois, o Ateneo continúa nunha sede provisional e moitas entidades culturais agardan sen espazo físico para desenvolver a súa actividade, entre outras as decenas de colectivos que conforma ESCUA (Espazo Cultural Alternativo de Ourense), razón pola que o voceiro municipal de Ourense en Común cuestionaba hoxe o compromiso de Jesús Vázquez Abad coa cultura local e volvía a poñer no foco a incompetencia da concelleira Belén Iglesias.

    “O Ateneo non é unha pequena Asociación Cultural, é unha sociedade na que participa a administración pública como recollen os seus estatutos, integrando ao Delegado Provincial da Xunta de Galicia nos seu órganos de dirección. É un referente local de liberdade, encontro e diversidade. Porén ao alcalde e á súa concelleira de cultura semella non importarlle como non lle importa o Outono Fotográfico, o Festival de Cinema e tantas outras. Ourense vive nun escenario ferido de morte para a cultura nas mans do Partido Popular e Belén Iglesias, á que máis de 300 persoas no mes de agosto xa lle pediron a súa dimisión nunha campaña en Change.org. Estamos seguras que no mes de setembro a cifra seguirá aumentando. E pediremos novamente a súa dimisión en pleno”.

Ourense en Común pide reforzar o transporte público ás zonas de baño próximas á cidade

Ourense en Común pide reforzar o transporte público ás zonas de baño próximas á cidade

•    Ás instalacións de Oira só chega polas mañás unha liña de autobuses, con frecuencias superiores á hora.
•     A piscina do Pavillón dos Remedios é inaccesible en transporte público.
•    Chegar ao complexo deportivo de Monterrei en transporte público pode supoñer “unha verdadeira odisea”.

    O grupo municipal Ourense en Común facía chegar esta mañá por rexistro unha petición dirixida á Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente, con competencias en materia de transporte, para reforzar no que resta de verán o acceso público ás zonas de baño da cidade. O seu portavoz, Martiño Xosé Vázquez, informaba de que “son numerosas as queixas que recibimos por parte de usuarios que pretenden desprazarse ata Oira ou aos Remedios e pasan máis tempo viaxando que desfrutando das propias instalacións”.

    Ourense en Común exemplifica nunha persoa dos barrios do sur da cidade, como Mariñamansa ou A Cuña, pode tardar máis dunha hora e media en chegar ás piscinas públicas de Oira, precisando facer transbordo entre liñas. “Non é normal que pola mañá, un dos maiores nodos de atracción en época estival teña só unha liña, e con frecuencias superiores á hora”, apunta Martiño Xosé Vázquez, que censura o argumento do uso para reducir frecuencias. Se o servizo é malo é obvio que a xente non o use e empregue outros medios para chegar. Precisamente esa é a obriga das administracións”.

    Dende o grupo apuntan tamén a como a falta dun transporte metropolitano impide a conexión tamén con recursos próximos como o propio complexo deportivo de Monterrei. Despois de lustros sendo demandado por máis de 130.000 residentes nos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, Punxín, Pereiro de Aguiar, San Cibrán das Viñas e Toén; seguimos sendo a única área metropolitana de Galicia que non conta con este servizo, indispensable para atallar os graves problemas de mobilidade que sufre a capital”, afirma Martiño Xosé Vázquez.

Ourense en Común pedirá en pleno fondos para recuperar o centro histórico

Ourense en Común pedirá en pleno fondos para recuperar o centro histórico

•    O goberno municipal incumpre o acordo para retirar os apeos que ocupan dende hai máis dunha década o espazo público.
•    O abandono e a degradación son evidentes 25 anos despois da aprobación do primeiro plan especial de recuperación (PERI).
•    A desidia do goberno de Jesús Vázquez retrasando a reforma do PERI non o fará posible ata 2021.

    Ourense en Común facía público na mañá de hoxe que pedirá, no próximo pleno ordinario a celebrar o 7 de setembro, a dotación dunha partida específica para retirar os apeos e apuntalados de fachadas queinvaden desde hai máis dunha década o espazo público do centro histórico e cuxo abandono e degradación  poñen en grave risco a seguridade das persoas”.

    O voceiro do grupo, Martiño Xosé Vázquez, alertaba na última comisión de urbanismo de que algúns andamios metálicos instalados de forma provisional para sustentar unha fachada en ruína están cedendo”.A situación é grave. Non falamos só dun problema estético, que tamén, falamos dun risco para a seguridade das persoas que, como as veciñas da Rúa Liberdade observan alarmadas como a estrutura cada día cede un pouco máis. E cal foi a solución do goberno? Calzar o andamio con táboas e poñer unha cinta de plástico arredor”.

    Ourense en Común censura afalta de dilixencia do concelleiro responsable en materia de urbanismo e o pouco agarimodo goberno de Jesús Vázquez para co corazón histórico da cidade. Tivemos que insistir en decenas de comisións para que o señor Cudeiro instara aos técnicos da oficina do PERI a requirir aos propietarios de edificios da rúa Hernán Cortés que retiraran os apeos da rúa. Son edificios declarados en ruína técnica dende o ano 2005”, informa Martiño Xosé Vázquez.

    Os requirimentos foron feitos, pero ante o silencio dos propietarios o Concello só ten unha vía posible: executar a actuación de oficio e remitirlle os gastos aos mesmos, xunto coa correspondente sanción; unha actuación contemplada no borrador de orzamentos fiscalizado de disconformidade pola intervención municipal, “razón pola que instaremos en pleno á dotación dunha partida específica vía modificación de crédito que permita acometer esta actuación por vía de urxencia.

A falta de desbroces nos solares municipais “pode saír moi cara”

A falta de desbroces nos solares municipais “pode saír moi cara”

•    O Concello terá que asumir sancións por seguir vulnerando a norma de limpeza dous meses e medio despois de rematar o prazo marcado pola Xunta.
•    Numerosos solares de titularidade municipal continúan nun estado selvático, obviando a protección e poñendo en serio risco ás veciñas e veciños de Ourense.
•    A precariedade no corpo de bombeiros e a falta dun Plan de Emerxencias Municipal multiplica a gravidade do perigo fronte a un gran lume.
•    Ourense en Común chama ás veciñas a autoprotexerse e denunciar “o abandono e ineptitude deste goberno é unha ameaza”.

    “Co diñeiro de todas as veciñas e veciños de Ourense estanse pagando traballos que non existen nas zonas verdes, agora haberá que pagar sancións pola falta de cumprimento coa norma, e logo virá Seaga a facelo, pasando tamén por caixa”. Así avaliaba esta mañá Ourense en Común o estado de “total abandono” de numerosos solares de titularidade municipal, logo de coñecerse o convenio asinado onte entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para que Seaga faga os traballos de desbroce pendentes nos concellos.

    Se a Xunta esixiu que os propietarios de fincas procederan a limpalas antes do 31 de maio, “os concellos non son unha excepción, explica Montserrat Valencia, edil de OUeC, que denuncia un incumprimento “clamoroso e reiterado” nos últimos anos no Concello de Ourense, e unha “irresponsabilidade deste goberno que pode saír moi cara, non só pola vulneración da norma, senon por supoñer unha ameaza para a vida de persoas e animais que habitan preto destas fincas sin limpar”.

    A concelleira expón que a prevención dos lumes forestais é “un dos grandes retos das administracións públicas, e empeza polo cumprimento das normativas, polo que “cando o goberno non cumpre cos traballos que lle corresponden, mantén á cidade sen Plan Municipal de Emerxencias, ou precariza o corpo de bombeiros, amosa unha inconsciencia manifesta e insolidaria que está poñendo en grave risco a Ourense”.

    O grupo apela ás veciñas e veciños a denunciar formalmente perante as institucións a “situación de desamparoque vive Ourense. “Todas somos corresponsables á hora de detectar e notificar deste desleixo, para solventar á maior brevidade posible esta ineptitude municipal”.