Ourense en Común denuncia a deficiente planificación dos concertos das festas

Ourense en Común denuncia a deficiente planificación dos concertos das festas

• A limitación de aforo dos espazos está a excluír a centos de persoas de disfrutar das actividades programadas.
• As colas foron onte a imaxe máis repetida nas instalacións do Xardín do Posío, desbordadas perante a masiva asistencia de público ao concerto de Rosendo.
• A ubicación das barracas intensifica ademais estes días os graves problemas de tráfico que a cidade xa acusa normalmente.
• Ourense en Común chama ao equipo de goberno a “atender as demandas do Consello Municipal de Cultura e repensar a programación e os espazos das festas”.

    Ourense en Común sinalaba esta mañá as “evidentes deficiencias na configuración e selección dos espazos asociados á programación das festas, logo de que os problemas de accesibilidade ao Xardín do Posío fixeran que o concerto de Rosendo Mercado comezase con decenas de persoas aínda no exterior do recinto; unha problemática que tamén se está a dar nos accesos á Praza Maior, onde o limitado do aforo “exclúe a centos de persoas de asistir aos concertos programados, pagados tamén co seu diñeiro”.

    Segundo Ourense en Común, son dous exemplos que definen a “necesidade de repensar os espazos” para os concertos nas festas da capital. Para o seu portavoz “a selección dos concertos debe ir acompañada dunha valoración do público potencial, e desta derivarse a súa localización. Non é lóxico que centos de persoas queden fóra habendo en Ourense lugares que poderían albergar estes concertos sen problemas de aforo e con moita máis seguridade”.

    Para Martiño Xosé Vázquez, estamos perante “outra mostra máis” da falta de coordinación e innovación na área de Cultura do goberno municipal, que “se suma ao innumerable currículo de desagraviosde Belén Iglesias como concelleira do Partido Popular delegada nesta materia, lembrando “os problemas para sacar adiante a MITEU, a incertidume do OUFF, o enfrontamento cos libreiros no Día das Letras, a perda da Banda de Música, o retraso na convocatoria de axudas, a imposición de taxas a entidades culturais”…

    O voceiro conclúe que “agresión sistemática á cultura da cidade deriva da total incapacidade de Belén Iglesias para  xestionar unha Concellería  que lle vén moi grande”, e insiste na petición de dimisión da concelleira, tal e como o seu grupo solicitaba no último pleno; unha ofensiva bloqueada polos votos en contra de Partido Popular e Democracia Ourensana.


Que o goberno municipal conceda “dunha vez por todas” a licenza de obra ao Museo Arqueolóxico de Ourense

Que o goberno municipal conceda “dunha vez por todas” a licenza de obra ao Museo Arqueolóxico de Ourense

• A burocracia establecida polo goberno municipal paraliza o inicio das obras no Arqueolóxico Provincial, pechado por máis dunha década.
• Hai un ano que o alcalde se congratulaba de desbloquear as obras, pero “a realidade é que nada se avanzou”.
• Ourense en Común denuncia a mala xestión do goberno popular, que “demorou e lastrou dous anos a modificación do PERI do Casco Histórico”.

    Ourense en Común apuntaba hoxe que o próximo venres 29, cumprirase un ano exacto dende que Jesús Vázquez se congratulara de “ter desbloqueada a paralización do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense“, logo de elevar a pleno a modificación do PERI do Casco Histórico, un procedemento que, en opinión de Ourense en Común xa chegou demorado e  lastrado pola falta de capacidade de xestión do goberno popular nos anteriores dous anos“.

    O certo é que un ano despois das declaracións de Jesús Vázquez, no antigo Pazo do Bispo da Praza Maior “non se observa actividade de ningún tipo”, superando xa os 3 anos de mandato do goberno popular sen que as portas do Arqueolóxico teñan visos de abrirse. O problema reside agora na obstinación do goberno municipal en que o Ministerio de Cultura, responsable da reforma, deposite as taxas antes de iniciar os trámites de licitación. Do contrario, non se lle concederá licenza de obra.

    Toda vez que temos todo a punto para poder iniciar as obras, o goberno de Jesús Vázquez nega a licenza de obra porque o Ministerio aínda non pagou por un concepto “que pode supoñer un 0,01% do total que a administración estatal ten reservado para investir nun edificio de incalculable valor histórico. Semella un mal chiste“, apunta Martiño Xosé Vázquez, que garantiza que o propio Ministerio ten manifestado por escrito a súa intención de pechar este trámite burocrático, pero que non existe interlocución por parte do goberno municipal“.

    O voceiro de Ourense en Común explica que o Concelleiro de Urbanismo do Partido Popular “ten prioridades mellores antes de axilizar a licitación da obra do Arqueolóxico“, facendo alusión ao feito de que Jesús Cudeiro traballe a tempo completo como asesor do presidente M. Baltar na Deputación. Os seus ratos libres no Concello adícaos en exclusiva a facer modificacións no PXOM para devolverlle a xestión urbanística da cidade aos especuladores, e o Museo Arqueolóxico Provincial impórtalle ben pouco“.

    É por todo o anterior que na Xunta de Área de Urbanismo, celebrada onte martes no Concello, Martiño X. Vázquez formalizaba por escrito unha petición para que o goberno municipal coordine co Ministerio de Cultura unha solución a un “absurdo problema burocrático, para “que en verdade o alcalde Jesús Vázquez Abad poda gabarse de algo“.

Pedimos no pleno a exención de taxas para os colectivos sen ánimo de lucro polo uso do espazo público

Pedimos no pleno a exención de taxas para os colectivos sen ánimo de lucro polo uso do espazo público

• O grupo denuncia a reiterada persecución ás iniciativas culturais na rúa e defende o espazo público como “ben común”, e “non como valor mercantil”.
• No Consello Municipal de Cultura, colectivos e asociacións reclaman “coordinación” entre as concellerías de cultura e comercio para “deixar de frustrar iniciativas”.
• A Concellería de Comercio consinte as terrazas ilegais ao tempo que cobra “ou directamente prohibe” a celebración de actividades veciñais nas rúas.

    Ourense en Común avanzaba esta mañá que está a traballar nunha moción que levará ao pleno municipal, co fin de eximir do pago de taxas aos colectivos sen ánimo de lucro que promoven iniciativas no espazo público da cidade.

    O grupo trasladará así á corporación as reiteradas demandas dos propios axentes culturais e sociais, que en sucesivas xuntanzas do Consello Municipal de Culturaveñen manifestando a súa disconformidade coas “políticas recadatorias que o goberno está a impor“, recibindo únicamente como resposta as evasivas da edil responsable de Cultura, Belén Iglesias, que responsabiliza do problema á Concellería de Comercio, e permanece “impasible, sen ofrecerse a mediar ou interceder para buscar unha solución”.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, lamenta a penitencia” que vive a cultura de Ourense nas mans de Belén Iglesias, unha persoa á que considera “manifestamente incapaz” para asumir a xestión desta área. “Xa non é que teña máis ou menos sensibilidade cara ao sector cultural, é que directamente o menospreza”;  Martiño acusa á edil popular de “exterminar a vida cultural da cidade, lastrar proxectos e frustrar novas iniciativas”.

    O grupo denuncia a complicidade para a persecución cultural que se vén despregando desde a Concellería de Comercio, “restrinxindo con taxas a normal celebración de actividades nas rúas namentres os veladores seguen no caos”.

    Defenden que “as políticas públicas deberían garantir que se favorezan e incrementen as interaccións urbanas. As rúas son o espazo natural para o encontro das persoas, o lugar onde expresarse, onde celebrar, reivindicar ou crear. O uso da rúa é un dereito irrenunciable das cidadás, e por tanto non pode ser un espazo mercantil como para que dependa das competencias da Concellería de Comercio.  O dereito á cidade non é só o dereito a vivila. Tamén é o dereito a usala e apropiarse dela, sen pasar por caixa”.

OUeC pide ao goberno que interveña ante as deficiencias da contrata da limpeza de zonas verdes

OUeC pide ao goberno que interveña ante as deficiencias da contrata da limpeza de zonas verdes

• A precariedade de medios e os recortes en persoal da adxudicataria levan ás zonas verdes da cidade a un “caos medioambiental”.
• As 15 traballadoras da plantilla “son insuficientes” para asumir a limpeza dos máis de 400.000 metros cadrados que teñen encomendados.
• O servizo leva 100.000 metros cadrados máis que no contrato anterior, con seis operarios menos.
• A oferta para facerse coa adxudicación do servizo realizouse ao límite da baixa temeraria.

    Ourense en Común manifestaba esta mañá o seu apoio ás reivindicacións da plantilla da empresa  que asume a limpeza de zonas verdes da cidade, e pide ao goberno intervir para “garantir a prestación do servizo en condicións dignas de traballo e con medios axeitados e suficientes”.

    O grupo denuncia que o concurso foi adxudicado “ao límite da baixa temeraria, e que a empresa incumpre o prego reiteradamente, por tratar de prestar o servizo sen medios, e sen ampliar a plantilla, malia a que se incrementou en 100.000 metros cuadrados a superficie a limpar con respecto ao contrato anterior, en que se contaba con seis operarios máis.

    As traballadoras mobilizábanse hoxe ás portas do Concello por segundo venres consecutivo, reclamando ser escoitadas polo goberno e defendendo a limpeza axeitada dos parques e zonas verdes da cidade. “A plantilla quere facer ben o seu traballo, pero as condicións da empresa fano imposible, o Concello non media, e as consecuencias son palpables en toda a cidade, que parece unha selva”, explica Montserrat Valencia, edil do grupo, que xunto con Miguel Doval, se reunía o pasado mércores cos representantes da plantilla.

    Como xa explicara en outras ocasións, Ourense en Común defende a necesidade de revisar e facer seguimentodesde o Concello do cumprimento dos contratos asinados, denuncian a “permisividade” do goberno coas “reiteradas irregularidades das empresas” e esixen ao equipo de Jesús Vázquez que “garanta que os servizos se presten atendendo ao interese público”.

A fiscalía admite a trámite a denuncia de Ourense en Común polo posible fraude na xestión do Matadoiro Municipal

A fiscalía admite a trámite a denuncia de Ourense en Común polo posible fraude na xestión do Matadoiro Municipal

• Só no ano 2015, a concesionaria puido agochar seis mil cabezas de gando no pago de tasas ao Concello.
• Ourense en Común sospeita de que esta práctica sexa “continuada no tempo durante os últimos anos”.
• O Concello está sendo un “colaborador necesario” no fraude por “poñer trabas e paralizar a investigación”.

    A denuncia sobre o presunto fraude na xestión do Matadoiro Municipal cursada por Ourense en Común perante a fiscalía hai un mes, foi admitida a trámite. A edil Montserrat Valencia, achegaba esta mañá á fiscalía nova documentación que se requiriu ao grupo para complementar a denuncia e avanzar no proceso, que sigue adiante.

    O grupo vén denunciando desde marzo de 2016 os desaxustes entre os datos de control sanitario e os partes entregados ao concello pola xerencia do Matadoiro Municipal, e as incongruencias nas liquidacións das taxas que a concesionaria paga como canon ao Concello.

    En marzo de 2016 constituíase unha comisión de investigación no Concello, na que desde entón, denuncian, “todo foron trabas”. Tiveron que recorrer á valedora do pobo, á delegación de Sanidade e ao Parlamento para conseguir a documentación que a investigación precisaba, e “o goberno non foi quen de facilitar, paralizando ademais a comisión, sen convocarse desde xullo de 2017”.

    Como xa denunciou o concelleiro Miguel Doval en incontables ocasións, a Concellería de Comercio está sendo un “colaborador necesario nun fraude que podería ser continuado no tempo”, e advirte que malia ao remate da concesión, “non remata o fraude, as responsabilidades destas circunstancias seguirán aí ata que se esclarezan”.

    O grupo celebra que a fiscalía avance na investigación, para arroxar luz no referente aos partes de cabezas de gando emitidos pola empresa, que cotexados cos do libro de control sanitario de sacrificio da Consellería de Sanidade, revelan “desfases de perto de 3000 cordeiros, 2000 cabritos e máis dun cento de tenreiros, entre oitenta e cen toneladas de carne non declarada só no ano 2015”.

Ourense en Común denuncia perante a Comisión da Transparencia de Galicia a “vulneración sistemática” do dereito á información no Concello de Ourense

Ourense en Común denuncia perante a Comisión da Transparencia de Galicia a “vulneración sistemática” do dereito á información no Concello de Ourense

• O equipo de goberno elude facilitar documentación que o grupo vén solicitando desde hai máis de catro meses.
• OUeC require a documentación referente ao gasto en medios de comunicación do exercicio 2017, ou o convenio asinado entre Marrocos e Expourense.

    Logo das reiteradas peticións de información nas xuntas de área de Facenda, Servizos Xerais, Turismo e Termalismo celebradas ao longo dos últimos meses, e derivado das evasivas do equipo de goberno en facilitar a documentación que se lle solicita, Ourense en Común rexistraba hoxe unha queixa formal dirixida á Comisión de Transparencia de Galicia, solicitando que se garanta un dereito fundamental como é o de acceso á información pública”.

    O grupo acompañou a queixa coas actas das xuntas de área desde o mes de febreiro, nas que se pón de manifesto a reiterada petición de Martiño Xosé Vázquez para ter acceso á relación de gastos en medios de comunicación do Concello de Ourense durante o ano 2017, e sobre o acordo asinado coas autoridades marroquís polo patronato de Expourense, do que o Concello é integrante.

    Ourense en Común xa tén denunciado públicamente en numerosas ocasións a opacidade” coa que o goberno do Partido Popular toma as decisión e xestiona o Concello, sen facilitar ao resto de grupos a información pertinente para o desenvolvemento da súa función na oposición. “Se temos en conta que parte do noso traballo é a fiscalización e control das actuacións do equipo de goberno, non cabe dúbida que é necesario que posuamos toda a documentación para poder dar cumprimento a dita encomenda”, apunta Martiño X. Vázquez.

    O grupo acóllese á Lei de Bases de Réxime Local, ao Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF) e á Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno aprobada no ano 2013, para apelar á Comisión da Transparencia de Galicia, a resolver a queixa e protexer o dereito á información no Concello de Ourense. A transparencia é un principio indispensable do estado de Dereito, en canto que posibilita o control e a rendición de contas”.

    A Comisión da Transparencia de Galicia é un órgano colexiado independente, adscrito á institución do Valedor do Pobo, e encárgase principalmente de que as administracións respecten o dereito de acceso á información pública que ten toda a cidadanía, impulsando as boas prácticas de transparencia na administración.

O PP quere “cambiar de árbitros” para aprobar un PXOM  “fóra de xogo”

O PP quere “cambiar de árbitros” para aprobar un PXOM “fóra de xogo”

• O Consello Consultivo, conformado por letrados nomeados “a dedo” polo PP na Xunta, emitiu un informe “a medida” dos intereses do goberno de Jesús Vázquez.
• OUeC grupo insiste en que o informe vinculante é o da Secretaría Municipal, que é “meridianamente claro”: o PXOM ten que aprobarse no Pleno.

    Ourense en Común avaliaba esta mañá o proceder que está a seguir o goberno do Partido Popular para resolver o conflito de competencias sobre o órgano que debe aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

    O informe emitido polo Consello Consultivo, entregado aos grupos o pasado venres, vén a confirmar o que Ourense en Común xa advertira en outras ocasións, e é que este é un órgano “servil”, que “traballa a medida” con letrados designados “a dedo” polo “narcopresidenteAlberto Núñez Feijóo para favorecer os intereses do Partido Popular.

    O voceiro de Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, considera que o informe relativo á aprobación do PXOM, “non era necesario, non é vinculante e nin sequera é oportuno”, e sólo reafirma o “gusto de xogar fóra do regulamento” do equipo de Jesús Vázquez, “cambiando de árbitro cando lle pitan fóra de xogo”.

    Martiño insiste en que o único órgano con competencias para determinar os temas que han de levarse a pleno é a Secretaría Municipal do Concello de Ourense, cuxo informe, que sí é preceptivo e vinculante, é meridianamente claro, e dí que o órgano con competencias para aprobar o PXOM é o pleno.

Montserrat Valencia toma acta como concelleira de Ourense en Común

Montserrat Valencia toma acta como concelleira de Ourense en Común

• A que fóra de número catro na lista de OUeC para as municipais, entra a ocupar o oco de Ledicia Piñeiro augurando un ano de “duro traballo contra o desleixo do PP en Ourense”.
• A nova edil do grupo é asesora xurídica especializada en Medio Ambiente, e defínese como “activista e ecofeminista”.

    O pleno ordinario que mañá celebra o Concello de Ourense inclúe na orde do día a incorporación, como concelleira de Ourense en Común, de Montserrat ValenciaLeón, cubrindo a cadeira que deixou voluntariamente a xa ex-edil Ledicia Piñeiro.

    A que fóra a número catro na lista coa que o grupo concorreu ás municipais de 2015, incorpórase “agradecendo o traballo pelexado pola compañeira e amiga Ledicia Piñeiro, quen durante estes tres anos batallou pola defensa dos dereitos das veciñas, das entidades e das traballadoras”.

    Falar de Montse Valencia, é falar de activismo ecolóxico, de ecofeminismo e voluntariado, militando en distintas asociacións desde os anos 90, e do seu achegamento político a Equo desde 2011. Licenciada en Dereito no Campus de Ourense, coa especialidade en Medio Ambiente, a súa experiencia profesional pasa pola oficina municipal de Inmigración no Concello de Vigo, dando apoio ao asesor xurídico e á traballadora social, pasando pola precariedade da hostalería, ata exercer como asesora xurídica na asociación ecoloxista con sede en Ourense, Amigos da Terra.

    Desde agosto de 2015, Montse vén traballando como asesora do Grupo de Traballo Institucional de Ourense en Común no Concello, logo de obter a máxima puntuación no proceso laboral aberto polo grupo para ocupar o posto.

    A nova edil, augura un ano “de traballo duro”, no que “continuará o desgoberno do PP en Ourense, e a súa insaciable necesidade de grandes titulares e poucas accións”. Valencia expón que “os gobernos en minoría poden funcionar con diálogo, con capacidade de entendemento, de negociación, de consenso”, e entende que esa minoría no concello de Ourense é empregada polo PP para “excusar a súa incompetencia manifesta, o seu desleixo pola cidade e a falta de empatía cos veciños e veciñas que a diario están esquecidos e esquecidas; unha minoría que o PP interpreta con desapego, afastando calquera situación de oportunidade para falar de cidade”.

Ourense acolle este xoves a presentación do “Manual para o traballo en colectivo”

Ourense acolle este xoves a presentación do “Manual para o traballo en colectivo”

• A publicación ofrece ideas inspiradoras e innovadoras para tecer e refor-zar a cooperación social.
• O acto está especialmente recomendado para asociacións veciñais, grupos de consumo, cooperativas, redes informais e plataformas cidadás.
• A presentación, de acceso libre, será mañá ás 20h no Espazo en Común das Burgas.

    Mañá xoves, o Espazo en Común acolle a presentación en Ourense do “Manual para o traballo en colectivo. Imaxinar para trasformar”, unha guía que pretende contribuír a estender a cultura da participación e dos coidados dentro dos colectivos, e compartir recursos e metodoloxías para poder, como grupos humanos, imaxinar outros mundos posibles, necesarios, máis xustos e acolledores.

    A publicación, de xaneiro deste ano, é froito do programa Co-Lab (Laboratorio de Innovación Cidadá), un proxecto de innovación social posto en marcha en 2017 co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, cuxa misión é “mellorar a vida das persoas e acadar unha cidadanía máis igualitaria e autónoma a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables”.

    A presentación correrá a cargo de Andrea R. Adega, membro de ReXenerando Soc. Coop. Galega e experta en facilitación grupal, e Francisco García Quiroga, investigador e experto en innovación social, ambos co-autores do manual, que convidan a asistir á presentación a “asociacións veciñais, grupos de consumo, cooperativas, redes informais ou plataformas cidadás” ás que o manual lles pode ofrecer exemplos de “prácticas e ferramentas que lles poden servir de inspiración”.

    O acto, de entrada libre, terá lugar mañá xoves 7 de xuño, ás oito da tarde no Espazo en Común das Burgas.

Ourense en Común pide a dimisión de Belén Iglesias como concelleira de Cultura

Ourense en Común pide a dimisión de Belén Iglesias como concelleira de Cultura

• A incertidume da celebración do OUFF súmase a unha longa lista de agravios dunha concelleira “tóxica e déspota” para a cultura.
• O plaxio no cartaz dos maios ou a falta de colaboración cos libreiros, crean un escenario cultural na cidade “ferido de morte”.

    Ourense en Común levará ao próximo pleno a petición de dimisión de Belén Iglesias como responsable das áreas de Educación e Cultura no Concello, pola agresión sistemática á cultura da cidade, derivado da súa total incapacidade” para dirixir unha concellería que “lle vén moi grande”.

    O grupo entende que a posta en dúbida da celebración da 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense -OUFF-, supón “un punto de non retorno” que se suma ás “innumerables mostras do desleixo” en materia de xestión cultural que se veñen sucedendo con Belén Iglesias á fronte desta concellería.

    Lembran a incertidume de que haxa cartel das festas -que “pode quedar deserto” en palabras do propio equipo de goberno-, o plaxio no dos maios, o veto aos libreiros no Día das Letras Galegas, a perda da Banda Municipal de Música, o abandono do tecido asociativo cultural, os retrasos na convocatoria de axudas, a imposición de taxas a entidades culturais, ou a falta de espazos de difusión, e engaden a “inescusable mostra de indolencia e desidia” que Belén Iglesias mostra perante o Consello Municipal de Cultura, órgano no que se preguntou en repetidas ocasións sobre o futuro do festival de cine, e cuxa convocatoria foi dilatada no tempo “para non dar respostas”.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, explica que a concelleira “busca constantemente escusas” na Lei para tratar de “agochar a súa nefasta xestión dos tempos”, e envíalle unha mensaxe: “se ten un mínimo de estima pola cultura, o mellor é que admita a súa incapacidade, e cese das súas funcións”.