Ourense en Común leva ao pleno a precariedade na Policía Local

Ourense en Común leva ao pleno a precariedade na Policía Local

•    A pasividade do Partido Popular crea unha situación de grave inseguridade para policías e cidadáns en Ourense.
•    O corpo está infradotado e deficientemente organizado, reasignándose “a dedo” aos efectivos.
•    Máis do 30% dos policías adícanse en exclusiva a traballos de oficina, que poderían ser asumidos por outro tipo de funcionarios.

    Ourense en Común rexistraba na mañá de onte unha moción de cara ao pleno do mes de abril, na que novamente pon sobre a mesa a deficiente xestión da Policía Local, instando ao goberno a adoptar medidas fronte ás irregularidades do servizo, que nos últimos meses padece de actuacións éticamente cuestionables, con arbitrariedade nas directrices, trato discriminatorio e persecución sindical, que agravan aínda máis a problemática da deficiente organización nos cuadrantes, a dotación de persoal e a xestión dos poucos recursos cos que conta o corpo.

    Malia ser aprobada no pasado mes de decembro unha moción do grupo nesta liña, o equipo de goberno de Jesús Vázquez non asumíu aínda o acordo plenario e permanece inactivo,  favorecendo a continuidade da problemática, que repercute en prexuízo de todas as persoas, empezando polo propio corpo policial e rematando por calquera veciño ou veciña do Concello.

    No último mes, a reasignación de efectivos ás distintas Unidades Operativas fíxose ao marxe dos criterios legalmente establecidos de mérito, capacidade, igualdade e publicidade, do que podemos concluír que “se asignaron “a dedo” sen ningún sistema obxectivo nen imparcial, apunta Ledicia Piñeiro.

    Ourense en Común sinala ademáis que o novo cuadrante de horarios, implantado o pasado 6 de marzo, “segue incumprindo a legalidade no relativo aos descansos na fin de semana”.

    A moción incide tamén na precaria dotación de persoal que “orixina realidades pouco desexables, como as patrullas unipersoais, creando unha situación de inseguridade para os efectivos e supoñendo unha imprudencia contraria á lei de Forzas e Corpos de Seguridade. “Cremos que non se están aproveitando realmente todos os recursos existentes. Temos ao redor de 35 policías da escala básica realizando tarefas dentro da xefatura que poderían ser feitas por outro tipo de funcionarios “non policías””.

    O grupo califica como “mala praxe” a presenza dos axentes no guindastre, que aínda que dependente dunha concesión municipal, non deixa de ser un vehículo dunha empresa privada. “Esta cuestión merma a atención cidadá, e o tempo de espera para atender situacións de emerxencia alárgase ata 50 minutos”.

Ourense en Común alerta do nulo proxecto de cidade e de goberno de Jesús Vázquez

Ourense en Común alerta do nulo proxecto de cidade e de goberno de Jesús Vázquez

•    O PP reasigna as competencias dos seus edís por terceira vez no que vai de mandato.
•    A Concellería de Comercio cambia de mans pendiente aínda de resolver a ordenanza de veladores, as concesións de cafeterías municipais, ou a reforma da Praza de Abastos.

    Ourense en Común avaliaba hoxe o novo cambio na estructura da administración de Jesús Vázquez como “outra mostra máis da desorientación que mantén este Concello sen orzamentos, sen PXOM, sen RPT, con policía e bombeiros en precario, con inseguridade viaria e colectores abandonados, regalando edificios a Baltar, e en definitiva outra mostra máis do nulo proxecto de cidade e de goberno de Jesús Vázquez”.

    No que é o terceiro cambio en menos de dous anos ao mando da corporación, o PP anunciaba esta mañá o refundido das Concellerías de Recursos Humanos e Comercio.

    “Os que falan de seriedade e eficiencia na xestión cambiaron xa dúas veces de concelleiras, unha por orde de Baltar, que no primeiro mes da corporación obrigou a dimitir ao voceiro do grupo, Francisco González Bouzán, e outra polas tensións internas en materia de contratación con Isabel Castelo, que tamén dimitiu.

    Co cambio de hoxe, a Concellería de Comercio muda por terceira vez de mans; no inicio do mandato era competencia de Ana Morenza, pasando en setembro de 2016 a ser a responsable Belén Iglesias, que despois de 7 meses, será relevada agora por Flora Moure.

    “O peor son as consecuencias deste desgoberno”, apunta Martiño X. Vázquez, voceiro de OUeC, “como as demais, esta concellería acumula retrasos de xestión pola inoperancia do equipo de Jesús Vázquez, e estes cambios non fan máis que paralizar aínda máis a cidade”.

    A Concellería de Comercio continua dous anos despois sen resolver nin acometer solucións a cuestións como a ordenanza de veladores, a reforma da Praza de Abastos nº1, as concesións de varias cafeterías municipais (Parque Miño, Pozas de Maimón) ou a nova xestión da Praza da Ponte.

O Partido Popular aposta por un modelo obsoleto e inseguro para solventar o problema dos colectores

O Partido Popular aposta por un modelo obsoleto e inseguro para solventar o problema dos colectores

•    O equipo de goberno contempla solucións que non garanten a seguridade de viandantes e traballadores.
•    OUeC defende reconsiderar a xestión de residuos no Concello, apostando por un novo modelo.
•    A planta de compostaxe municipal continua infravalorada en Santa Mariña.
•    Os colectores permanecen clausurados desde hai 3 anos.

    Despois de que o concelleiro de Infraestruturas trasladara hoxe aos grupos da corporación duas posibles solucións ao problema dos colectores soterrados na cidade, o voceiro de Ourense en Común manifesta esta tarde que “o alcalde non interioriza nen comprende que o modelo actual da xestión de residuos non é o mesmo que hai dez anos, o goberno renuncia á solución máis lóxica, e evidencia a súa carencia de proxecto e modelo de cidade”.

    A proposta que hoxe poñía enriba da mesa José Araujo “é a mesma que xa tiñamos hai un ano”, e contempla só dúas opcións: “ou ben gastamos medio millón de euros nunha solución que non resolve os problemas de seguridade, nin para os traballadores nin para os propios viandantes, e que ademáis tería un sobrecusto moi elevado de mantemento pola singularidade coa que os colectores foron construidos; ou ben gastamos máis de un millón de euros nun modelo obsoleto, namentres temos a planta de compostaxe municipal infrautilizada en Santa Mariña”.

    O grupo mantén a mesma postura que defende desde 2015 “respaldar os novos modelos de xestión de residuos, e asumir esta situación como unha oportunidade para investir en mellorar o aproveitamento, apostar pola compostaxe, a recollida porta a porta, e outras accións que melloren a xestión do lixo neste Concello.

    Ourense en Común contempla que poida haber excepcións e que, en certas zonas estratéxicas”, se manteñan en funcionamento os colectores soterrados, incidindo en que “a solución ao problema ten que contar con todas as garantías de seguridade para viandantes e traballadores”.

Ourense en Común denuncia o regalo á Deputación da Casa da Maxia

Ourense en Común denuncia o regalo á Deputación da Casa da Maxia

•    Jesús Vázquez pretende agasallar a Baltar cunha propiedade das veciñas de Ourense perdendo o Concello máis de medio millón de euros.
•    Co museo dos Bolechas suprimirase a ludoteca e outros servizos necesarios para a cidade.
•    O grupo analizará o expediente, presentará alegacións e pedirá responsabilidades por esta patrimonialización do público.

    Logo de preguntar nas xuntas de área de facenda e urbanismo das últimas semanas, Ourense en Común coñecía hoxe que a cesión da Casa da Maxia do Concello á Deputación será unha cesión de titularidade, e non só de uso.

    Con esto, “a Deputación quedará coa propiedade dun inmoble do Concello e das veciñas e veciños de Ourense, en detrimento dos servizos que se veñen prestando neste espazo. Servizos tan necesarios como o de ludoteca, ou as salas polivalentes do edificio nas que diferentes asociacións desenvolven a súa actividade, serán clausurados para darlle un uso cuestionable como museo dos bolechas”.

    O grupo denuncia a “patrimonialización que o Partido Popular fai do público, mercadeando cun ben de todas coma se fose de seu” e o derroche de perto de un millón de euros diñeiro de todas as ourensás que vai supoñer este agasallo á deputación”.

    O edificio, de baixo, tres plantas e ático, sito da Praza da Ferreiría, supuxo no seu día máis de 400.000 euros de inversión para rehabilitalo como casa da maxia, outros miles para acondicionalo como ludoteca e espazo auxiliar ao Centro Cívico Colón, e para o que agora se prevee outra inversión de 200.000 euros máis para convertelo en espazo museístico.

    Ourense en Común revela que “desde novembro en que se anunciou o proxecto como Museo dos Bolechas, non se nos deu acceso ao expediente, e descoñecemos os detalles e criterios baixo os que se negociou ceder esta infraestructura”.

    O grupo avanzaba hoxe que “investigaremos ata o final esta cuestión”, acolléndose ao Regulamento de Bens das Entidades Locais “por ser un ben público que presta un servizo público, esta cesión debera ser resolta pola corporación, e co voto favorable da maioría absoluta dos membros”.

Ourense en Común lamenta que a oferta de lecer para a Semana Santa non inclúa actividades adaptadas á diversidade

Ourense en Común lamenta que a oferta de lecer para a Semana Santa non inclúa actividades adaptadas á diversidade

•    Unha moción do grupo, aprobada por unanimidade, compromete ao equipo de goberno a propoñer unha oferta integradora, que a día de hoxe é inexistente.
•    A programación presentada hoxe repite o formato de anos anteriores, sen avanzar cara á integración de nenos e nenas con discapacidade.

    Ourense en Común lamentaba esta mañá que as actividades de conciliación familiar para as vacacións escolares de Semana Santa, presentadas hoxe pola concelleira de educación, non oferten un lecer inclusivo para nenas e nenos con diversidade funcional.

    Coa programación presentada, o Partido Popular incumpre o acordo do último pleno, no que se aprobaba, por unanimidade de todos os grupos, unha moción de OUeC para que as actividades promovidas polo Concello, foran adaptadas á diversidade, construíndo unha ferramenta conciliadora en datas non lectivas, tamén para o respiro das familias.

    Ledicia Piñeiro expoñía que “esto evidencia o traballo descoordinado entre as concellerías do Partido Popular, xa que desde benestar social debera traballarse con educación para cubrir a carencia de actividades adaptadas á diversidade, que a día de hoxe é inexistente, e para que estas actividades que promove o Concello, sexan integradoras e colectivas. A educación debe primar a aceptación das diferenzas, para que todas convivamos coa diversidade desde a normalidade. A inclusión enriquece non só ás persoas con algunha necesidade especial, senón tamén ao resto de participantes, que aprenden a vivir nunha sociedade heteroxénea desde o respecto”.

Ourense en Común defenderá no pleno a creación dunha área de autocaravanas na clausurada depuradora de Reza

Ourense en Común defenderá no pleno a creación dunha área de autocaravanas na clausurada depuradora de Reza

•    A dotación atraería máis turismo, ao tempo que liberaría a saturación que padecen os aparcamentos das zonas termais e dinamizaría a economía do núcleo.
•    O custe sería mínimo en contraposición co beneficio que xenera este turismo en crecemento.
•    Ourense non dispón actualmente dunha área regularizada para estes vehículos.

    Ourense en Común rexistraba esta semana unha moción para a creación dun parque para autocaravanas no espazo da vella E.D.A.R. de Reza, que permitiría paliar o déficit deste servizo no Concello de Ourense e atraer máis turismo á cidade.

    O grupo entende a liberación da vella depuradora como “unha oportunidade para “acoller nun marco ideal a este turismo en crecemento  e incorporar Ourense ao mapa de autocaravanistas nacionais e internacionais que viaxan por toda a Península e aos que a día de hoxe, aínda non chegamos”.

    Son suficientes unhas infraestruturas básicas, de servizo de auga, baleirado de wc e augas usadas e electricidade, para habilitar unha área deste tipo, “a inversión é mínima e recuperable en pouco tempo coa propia recadación que xeneraría a área”. Os prezos por acceso a estes espazos roldan os 6€ por autocaravana, puidendo ser complementados por outros servizos cun custe extra.

    Os traballos de demolición dos dixestores da antiga estación depuradora, iniciados no mes de febreiro, son o primeiro paso dunha actuación que proxecta manter o equipamento existente, actualmente ocupado polas oficinas da construtora, como local social para o uso e desfrute dos veciños de Reza, un novo parque público para a cidade, ao que se engadiría esta área de autocaravanas, “que contribuiría a dinamizar a contorna”.

    Os recursos turísticos termais, naturais, paisaxísticos, monumentais, etnolóxicos e artísticos de Ourense, xunto ao ciclo festivo da cidade, configuran “un amplo abano potencial de atraer visitantes que precisa ser complementado por unha infraestrutura deste tipo, capaz de xenerar máis pernoctacións no Concello”.

    A moción faise eco das reivindicacións da Federación Española de Asociaciones de Autocaravanistas e o Cámping Caravaning Club de Galicia, que en reiteradas ocasións nos últimos anos, manifestan a necesidade de habilitar un espazo específico para este tipo de turismo na contorna da área termal.

    Nas beiras do Río Miño concéntranse a diario decenas de autocaravanas e furgonetas atraídas polos recursos termais do noso municipio. Áreas como O Tinteiro ou o aparcamento Termas de Outariz son a carta de presentación do Concello de Ourense a este turismo sen estar habilitadas para tal fin, xa que carecen dos servizos máis básicos.

O Turismo de autocaravana, un sector en crecemento

    O denominado Turismo de Autocaravana, consolidado desde hai anos no continente europeo, vive en España un proceso acelerado de cambio. Numerosos municipios apostan xa por ofertar espazos e servizos para que este turismo se sinta ben recibido e aumente os días de pernocta en destino, permitindo unha inxección económica que compensa a reducida inversión de acondicionamento que require.

    Calcúlase que en España existen arredor de 40.000 autocaravanas, empregadas por milleiros de persoas para percorrer o territorio estatal ao longo do ano; cifras ás que deberían sumarse as furgonetas, non recoñecidas como autocaravanas, e os milleiros de vehículos deste tipo con matrícula europea que cada ano entran na Península Ibérica.

Unha petición de Ourense en Común obrigará á retirada de apeos en dous edificios da rúa Hernán Cortés

Unha petición de Ourense en Común obrigará á retirada de apeos en dous edificios da rúa Hernán Cortés

•    Os técnicos da oficina do PERI confirmaron esta semana que requirirán aos propietarios a retirada dos apeos cara ao interior dos solares.
•    Os apuntalados ocupan desde hai máis de unha década o espazo público.
•    A medida mellorará a faciana do casco histórico, onde decenas de inmobles agardan resolución para saír da ruina.

    Logo da insistencia de Ourense en Común en sucesivas Xuntas de área de urbanismo e vivenda, os técnicos da oficina do PERI confirmaban esta semana que instarán aos propietarios dos edificios apuntalados na rúa Hernán Cortés de Ourense, a que retiren os apeos da rúa, trasladándoos cara ao interior dos solares.

    Os edificios afectados, ubicados nos primeiros números da rúa Hernán Cortés, están declarados en ruina técnica desde outubro de 2005, e pendentes dunha intervención para a súa restauración.

    A medida impulsada por Ourense en Común, e asumida polos técnicos como viable, permitirá liberar o espazo público nesta rúa da cidade, ao tempo que mellorará a estética da faciana do casco histórico, especialmente degradada na zona Sur.

Ourense en Común demanda un pleno extraordinario para evitar a desaparición do Ateneo

Ourense en Común demanda un pleno extraordinario para evitar a desaparición do Ateneo

•    Dúas decenas de colectivos e asociacións constituían onte unha plataforma en defensa do Ateneo.
•    Perto de 50 anos de historia avalan ao Ateneo como espazo de liberdade e creación neste Concello.

    Instar ao Goberno Municipal a que esixa á Xunta de Galicia a cesión urxente e gratuíta dunhas instalacións no actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense ou noutro recinto de titularidade autonómica, co fin de evitar a desaparición do Ateneo de Ourense.

    Esta foi a petición que Ourense en Común e o Grupo Socialista no Concello rexistraban esta mañá, para a celebración dun pleno extraordinario no que se aborde esa cuestión como único punto na orde do día.

    A problemática do Ateneo é en verdade de toda a sociedade ourensá, quen non pode permitirse a desaparición dun foro histórico de debate e creación cultural, e o Concello de Ourense non pode obviar a situación, aínda con máis razón perante o abandono da Xunta de Galicia, malia a formar parte dos seus órganos de dirección segundo recollen os propios estatutos da sociedade.

    “Defenderemos a pervivencia do Ateneo fronte ao desleixo institucional das administracións local, provincial e autonómica que hai anos veñen encamiñando á entidade ao fin da súa historia”.

    Nestes últimos anos de incerteza, esta sociedade non escatimou esforzos co obxectivo de ofrecer cada ano un amplo programa de actividades, cursos a baixo custe e abriu as súas portas a calquera colectivo ou persoa da cidade para o desenvolvemento de charlas, conferencias, encontros ou debates. Plataformas de actualidade e tan necesarias para a sociedade ourensá, como a agrupación de pais e nais en defensa dun centro público para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos, agromaron neste tempo nas súas instalacións.

    O pleno do Concello aprobaba, no pasado mes de febreiro, unha iniciativa para que o Goberno Municipal instara á Xunta de Galicia a ceder de forma gratuíta as instalacións do actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense da Rúa Concello (que quedarán baleiras despois do seu traslado ao Complexo de San Francisco) ao Ateneo de Ourense, o Cineclube Padre Feijoo e a diferentes asociacións e colectivos culturais da cidade carentes de espazo físico onde desenvolver a súa actividade.

    Os grupos apremian ao Alcalde a cumprir o acordo plenario, e esixen a súa implicación na problemática como interlocutor perante a Xunta de Galicia e como defensor e salvagarda do Ateneo como “espazo de liberdade onde agromaron plataformas tan importantes no pasado e no presente.

Ourense en Común defende a auga como ben público e apostará pola remunicipalización do servizo

Ourense en Común defende a auga como ben público e apostará pola remunicipalización do servizo

• Mañá celébrase o día mundial da auga sen que o Concello de Ourense teña programada acción ningunha para concienciar da necesidade de preservar un dereito humano fundamental.
• A concesión de Viaqua para a xestión das augas de Ourense remata en marzo de 2018.
• O Barbaña vén sendo vítima de continuos desleixos administrativos que carrexan contaminación e perdas ecolóxicas irrecuperables.

    Ourense en Común avanzaba hoxe que estudia levar a pleno unha moción para a remunicipalización do servizo de augas en Ourense, lamentando que a programación do Concello para celebrar e poñer en valor o Día Mundial da Auga se limite ao termalismo.

    A falta dun ano para que remate a concesión municipal do abastecemento e saneamento das augas de Ourense, desde 1993 en mans da mesma empresa baixo diferentes nomes -hoxe Viaqua-, o grupo facía hoxe fincapé en que “a auga cumpre unha función ambiental e social básica, e como tal, é un ben público, polo que a súa xestión débese manter neste ámbito, fuxindo de procesos de privatización ou especulación”.

    O grupo municipal considera que a cidadanía debera estar informada e concienciada debidamente sobre “a auga pública como un dereito humano fundamental”, defendendo que “a auga non pode ser tratada como unha mercancía ou valor bursátil coa que unha empresa privada veña a negociar ou lucrarse, senon que é un dereito e un ben común e debe ser xestionada desde o público, desde a democratización da auga. Estes contratos non están feitos para que se xestione ben, senon para asegurar que se gañe moito diñeiro”. Como exemplo, o grupo cuestionaba as políticas de sensibilización para escolares emprendidas polo equipo de goberno a través dun convenio de 6.000€ con Viaqua, e preguntaba “como unha empresa que se lucra coa xestión da auga vai ser a que dea leccións aos escolares de Ourense? E en tal caso, estes obradoiros deberan ser gratis para o concello, como RSC da empresa. A concienciación para o uso racional da auga e o coidado da mesma non son un valor especulativo.”

    Desde 2000 a 2015, déronse centenares de casos en máis de 30 países nos que o servizo de auga e/ou saneamento foron remunicipalizados, continuando a tendencia en aumento como nova forma de entender a auga, como un dereito básico e non como un ben económico. A xestión do subministro de auga está en mans públicas no 85% de EE UU, no 100% en Xapón e na meirande parte das cidades europeas; en España, máis do 50% da poboación está abastecida aínda por empresas privadas. En Galicia, un exemplo pioneiro é o de Teo, que xa xestiona o seu servizo, e outros como o de Compostela o están estudando, “pois non ten que ver coa dimensión do municipio como pon en evidencia que París ou Berlín xa remunicipalizaran o seu abastecemento de augas”.

    Ourense en Común facía tamén referencia esta mañá aos “ríos ao seu paso polo concello de Ourense, frecuentemente atacados por verteduras incontroladas procedentes da incorrecta xestión dos sistemas de saneamento e depuración das augas, que conlevan danos ambientais irreparables a un recurso vital e limitado como é a auga, e que permanecen impunes”.

Ourense en Común traballará na Plataforma constituída na defensa do Ateneo

Ourense en Común traballará na Plataforma constituída na defensa do Ateneo

•   Dúas decenas de colectivos e asociacións constituían esta tarde a plataforma.
•   OUeC e PSOE solicitarán un pleno extraordinario para tratar a situación do Ateneo.

    Ourense en Común participaba esta tarde xunto a outros colectivos na reunión convocada polo Ateneo de Ourense para avaliar a súa situación.

    O grupo adheríase á plataforma conformada para procurar solucións que eviten a perda desta institución, poñendo en valor a súa historia e traxectoria desde o ano 69, e comprometéndose a traballar co obxectivo de salvagardar ao Ateneo como “espazo de liberdade onde agromaron plataformas tan importantes no pasado e no presente”.

    O grupo lembraba no transcurso da xuntanza o recente acordo plenario para que, co traslado da Biblioteca ao complexo de San Francisco, as instalacións liberadas na rúa Concello acollan a colectivos culturais como ESCUA, CineClube e o mesmo Ateneo.

    Ourense en Común acordaba co PSOE na reunión desta tarde solicitar un pleno extraordinario no Concello, co  fin de abordar solucións capaces de manter viva a actividade do Ateneo.