Reunión Ourense en Común con Partido Popular de Ourense

Reunión Ourense en Común con Partido Popular de Ourense

Hoxe venres 29 de maio de 2015 ás 12 horas, mantivemos unha xuntanza co Partido Popular de Ourense, no Museo Municipal. Polo Partido Popular asistiron: Jesús Vázquez e Francisco González; e por Ourense en Común: Miguel Doval, Emilio Rodríguez e David Bruzos.

Miguel comeza indicando que é norma en Ourense en Común levantar acta e facela pública, seguindo a forma de traballar de forma transparente.

Comeza Jesús Vázquez indicando que están facendo reunións con todos os grupos políticos, tanto os que teñen representación institucional como cos que non a teñen pero que sacaron un número importante de votos (pero non obtiveron representación por non chegar ao mínimo marcado pola lei electoral). Considera que é moi importante falar e debater. Que non existindo maiorías absolutas o importante é dialogar para buscar o mellor para o concello, e a cidadanía así o demanda.

Jesús Vázquez tamén indica que eles son claros na súa proposta para o día 13 de xuño (acto de investidura): van a votar á súa candidatura e tentar gobernar en minoría, pero buscando apoios concretos co resto de organizacións políticas. Que o seu plantexamento é non levar adiante pactos de goberno, senón pactos puntuais que permitan favorecer o crecemento da cidade e o benestar dos veciños. O seu compromiso é de transparencia e cumprimento de programas. Cre que todos nos debemos aos veciños, tanto os que sacamos 10 concelleiros, como os que sacamos 8, 6 ou 3 concelleiros. Tamén insiste en que non vai facer críticas ao resto de organizacións políticas porque queren unha corporación respetuosa.

Miguel resalta tamén que Ourense en Común ten aprobado o Código de Boa Gobernanza, no que se indica que non entraremos en pactos de goberno. Poderanse dar apoios puntuais en cuestións que aparezan no noso programa. Di que esas propostas que saen no programa son propostas que saen de escoitar a todas as veciñas e veciños do Concello: cubrir as necesidades básicas e ter os pés na terra, estar coa xente e solventar os seus problemas.

Jesús Vázquez di que coinciden plenamente nesas liñas de traballo. Que o PP non renuncia a grandes infraestructuras culturais, pero que a prioridade é a mesma que indica Miguel.

Miguel exemplifica diferencias que existen entre o PP e OUeC, coma no PXOM. Jesús concorda en que haberá diferencias pero que de seguro que haberá tamén puntos en común, como revisar o planeamento para que non queden fóra de ordenación construcións feitas no seu momento de forma completamente legal. E Tanto Miguel como Jesús coinciden en potenciar as zonas máis rurais do concello, como Palmés, Velle, Lonia, Santa Eulalia, etc…

Jesús insiste, a súa proposta é votar o día 13 a investidura do Partido Popular. Non provocarán a ingobernabilidade e se non saen investidos poñeranse a favorecer a gobernabilidade con quen saia elexido alcalde de Ourense.

Miguel indica a postura de OueC respecto ao acto de investidura do día 13 de xuño, recollido no seu Código de Bon Goberno: non pactar gobernos con ninguén, nin entrar a formar goberno con ningunha forza política.

Remata a reunión coa intervención de Francisco (Partido Popular) e Emilio Rodríguez (OUeC) concordando en que as vías de diálogo se manteñan sempre abertas. Teñamos máis concordancias ou discrepancias, pero o diálogo é bo. É moi necesario que teñamos aberta a porta para falar.

CGKx7mrWEAEpPrp
Fotografía Periódico Barrios

 

Cumprimos! Estamos orgullosas da nosa campaña

Cumprimos! Estamos orgullosas da nosa campaña

Estamos orgullosas do que fixemos estes ultimos 15 días.

Cumprimos e demostramos que sí hai xeitos de ter unha xestión áxil, eficiente, transparente e en beneficio das persoas.

As contiñas claras

Estamos satisfeitas de ter feito toda unha campaña sen experiencia previa, en tempo record e cumprindo co orzamento planificado, de 5.500€. Un orzamento cuberto con achegas económicas de veciñas e veciños, que se implicaron con donativos e empréstitos apostando por Ourense en Común. Persoas ás que de novo lles damos as GRAZAS.

As maiores partidas do orzamento foron destinadas á impresión de 4.500 cartaces, 11.000 volandeiras, aluguer de local e pintura para graffitis. (Todos os datos sobre os gastos de campaña están no apartado de transparencia dentro da nosa web)

E a pesares do limitado orzamento en comparación con outras forzas que concorren ás municipais, fomos as que desenvolvemos a campaña máis próxima, fresca, e diferente ás campañas tradicionais, ou eso nos dín.

9 encontros de barrio, 7 propostas culturais, lúdicas e reivindicativas

Nos 9 días laborables de campaña, realizamos outros tantos encontros en espazos públicos de diferentes barrios da cidade: Seixalbo, Barrocás, As Lagoas, A Ponte, O Posio, A Carballeira, O Vinteún, O Couto, e O Polvorín, onde onte celebrabamos o acto central de campaña con máis de un cento de persoas.

Queriamos nestes encontros crear ambientes distendidos e agradables para o debate veciñal, e fixémolo.

[metaslider id=3046]

Ademais, nas dúas fins de semana que ocupou a campaña, producimos 7 actividades lúdico-culturais de balde para públicos de diferentes idades: unha ludoteca, unha marcha ciclista, un roteiro histórico pola rúa do Progreso, unha maratón fotográfica, un encontro de debuxantes e graffiteiros, ou mesmo unha andaina.

Hoxe faremos a última destas actividades. Pechando a campaña de Ourense en Común, varios grupos da cidade darán xuntos un concerto gratuito de cumbia-rock municipalista. Será ás 22h na Praza San Marcial.

Queriamos con esto dinamizar e poñer en valor o que xa temos, e visibilizar o que precisamos: nenas e nenos felices, unha mobilidade sustentable e eficiente, fomentar o comercio local, apostar polo talento de aquí  ou valorar o noso patrimonio. Fixémolo tamén.

[metaslider id=3062]

A xente do común

Unhas 50 persoas estivemos esta última quincena dando o mellor das nosas capacidades e folgos para sacar a campaña que vístedes adiante: atendendo o punto informativo, producindo chapas, pegando cartaces, deseñando, fotografando, producindo vídeos, montando os sets nos barrios, probando son, creando contido, levando as redes, xestionando axendas, mantendo a web, enviando notas de prensa ou ata facendo transmisións en directo.

Foi laborioso e case unha loita diaria, mais a situación de emerxencia move o noso acelerador, e este traballo por un Ourense en Común non é máis que froito da ilusión e a xenerosidade. Damos o mellor de nós para intentar que todas as veciñas entendamos a oportunidade de cambiar o xeito de facer política, para que a política de verdade nos teña en conta a todas.

Nós xa gañamos

Ourense en Común xa gañou, xa comezamos a mudar o xeito e os métodos para facer política. Gañamos coa idea de que é posible ese cambio, e de que todas poidamos axudar a desenvolvelo.

Gañamos pensando nun Ourense do bo vivir para todas, para as nosas fillas e fillos, netas e netos e para as que nos visitan. Un bo vivir que permaneza no tempo.

E gañamos en aprendizaxe cada día unhas das outras.
Estamos orgullosas de finalizar unha campaña chea de valores, limpa e honesta, feita con amor. E agradecidas de ter compartido estes días con tantas veciñas que, coma tí, nós e coma todas, queremos un Concello para as persoas. Participa do cambio!

Educación: para todas as persoas ao longo da vida

Educación: para todas as persoas ao longo da vida

Queremos vivir nunha cidade educadora, nunha cidade que promove as persoas autónomas, persoas que confían en si mesmas e que non teñen medo de expresar a súa opinión, nin a debater os seus argumentos, nin a cooperar cos seus veciños. Dicía Paulo Freire que ensinar non consiste en transmitir coñecementos, senón en crear as posibilidades axeitadas para que as persoas poidan crealos por elas mesmas. Dende este enfoque a educación tamén debe ser valorada coma unha ferramenta de transformación social, que permite o cambio individual e a mellora social e fai medrar as opcións dos cidadáns o que redunda no ben común.

Os desafíos da sociedade hoxe parecen multiplicarse en moitas direccións que reclaman a nosa atención. Se atendemos, por un intre, a algunhas das demandas que a sociedade dirixe á educación, se nos formulan algúns retos importantes: por unha banda o elevado fracaso escolar e, por outro, unha poboación cunha capacidade restrinxida para adaptarse con seguridade e confianza aos medios tecnolóxicos e, en xeral, con capacidades pouco desenvolvidas para acomodarse ós rápidos cambios nas competencias que se precisan para xerar emprego.

No que respecta ó fracaso escolar, Galicia continúa a estar moi por riba da media europea na porcentaxe de alumnos que abandonan os estudos antes de concluír a educación secundaria. Un feito que ten que nos ten que facer reflexionar a todas sobre o modelo de sociedade que estamos creando. Este problema agrávase máis aínda no caso daqueles mozos que se atopan con dificultades sociais engadidas.

 

Aprendizaxe integral para rachar coa fenda dixital

 

A chamada fenda dixital continúa a amosar unha clara división social nas eivas no acceso e no emprego das TIC’s, que limita nas cidadás as posibilidades da súa aprendizaxe, e ao mesmo tempo limita as súas capacidades de participación nas sociedades actuais. A alfabetización dixital non se pode restrinxir á contratación de servizos con empresas que subministran os seus clientes o acceso á Internet.

A fenda dixital e a alfabetización dixital fan que tanto as opcións laborais e vitais, como a posibilidade de exercer o dereito á participación democrática se manteñan nunha situación marxinal. Para superar esta situación cómpre desenvolver un modelo integral de aprendizaxe permanente: entendermos a aprendizaxe como un proceso continuo ao longo da vida, non restrinxido á etapa escolar. Unha aprendizaxe que ten as súas etapas e o seus ámbitos, pero que dificilmente pode quedar pechada nun espazo limitado. O recoñecemento deste feito é o primeiro paso e o máis importante para poñer en práctica modelos educativos en favor das cidadás.

Falamos de aprendizaxe integral, tamén, porque atinxe ás diferentes capacidades das persoas, e os diferentes ámbitos nos que as desenvolven. Non só polo feito de vivirmos en sociedades complexas cun alto grao de dependencia tecnolóxica na súa comunicación, senón porque unha parte fundamental do noso saber estar no mundo se transmite coma unha herdanza, precisamos espazos de intercambio nos que poder incrementar as nosas posibilidades de coñecemento. Espazos para xerar comunidades de aprendizaxe e investigación, nos que os diferentes ámbitos sociais (escola, familia, comunidade, cidade) traballen conxuntamente e no que se fomente o diálogo interxeracional.

Como obxectivos estratéxicos para a educación que incidan nos problemas sinalados, Ourense en Común aposta por unha xestión integral das Escolas municipais, e pola posta en marcha do Centro de Coñecemento Compartido La Molinera, como eixo para vertebrar a reforma das bibliotecas municipais en Centros de recursos, nos que os cidadáns atopen o espazo propicio para o acceso á aprendizaxe das competencias dixitais, apoiados en mediadores que poidan dar unha continuidade á adquisición das novas ferramentas.

Malia que as competencias municipais se están reducindo ata case desaparecer coa nova lexislación estatal, os concellos teñen a obriga de adquirir o compromiso de promover unha educación para tódalas persoas ao longo de toda a vida.

As forzas políticas confluíntes piden o voto para Ourense en Común e chaman á participación para que o domingo o poder no Concello volva ao pobo

As forzas políticas confluíntes piden o voto para Ourense en Común e chaman á participación para que o domingo o poder no Concello volva ao pobo

  • José Manuel Gutiérrez, EU: “Estamos encantadas de estar en Ourense en Común porque encaixa na nosa estratexia política”. E “todo o poder a Ourense en Común”.
  • Alfonso Víctor Ferreiro, Podemos: “dende Podemos Ourense, cremos que a día de hoxe a única ferramenta que temos as veciñas e veciños de Ourense para trocar esa política no concello, é Ourense en Común”
  • Rita González, Anova: “apoiamos unha plataforma veciñal en cumprimento do mandato da II Asemblea Nacional de Anova.
  • Miguel Cid, EQUO: “Agardamos que unha alta participación manifeste este cambio en todo o estado”. E por iso “pedimos o voto para Ourense en común para que o domingo sexa unha festa da participación política”.

_MG_3007Cr10

As forzas políticas que decidiron confluír na candidatura veciñal de Ourense en Común sentáronse hoxe diante dos medios de comunicación para dar publicamente o seu apoio a este proceso de traballo en común, porque todas “compartimos un mesmo obxectivo: unha nova maneira de facer política, participativa que devolva a voz e o poder á xente, ás veciñas e veciños de Ourense”. Así, xuntas, levan case un ano traballando persoas de EQUO, Esquerda Unida (EU), Espazo Ecosocialista Galego, Por un Mundo Más Justo,  Demos+ e tamén unha ducia de militantes de Anova con persoas que non militaban en formacións pero que dende os movementos sociais entenderon que é o momento de empoderarse como cidadás activas na política e acadar unha voz propia nas institucións municipais. Este é un proceso municipalista que percorre non só toda Galicia senón todo o estado español, dende Zaragoza en Común, Barcelona en Comúm, Ahora Madrid, Málaga, A Coruña….

O coordenador de Esquerda Unida en Ourense, José Manuel Guitiérrez destacou que “dende que o verán pasado que empezamos a xuntarnos e empezar a contruír una fronte popular en Ourense de xente de distintas procedencias, non sen contradiccións dialécticas e moito debate, e agora penso que pagou a pena. Porque o feito de xuntarse xente que ten o mesmo obxectivo é a nosa eiva histórica porque nos dividimos e nos partimos e pequenos anacos, mentres que os que están en fronte están unidos coma unha piña”.”Agora estamos a mudar ese bipartidismo, estamos nun proceso de acumulación de forzas onde por todo o estado hai multitude de Ourenses en Común nos que nós participamos dende o principio, porque queremos ser esquerda e queremos ser unida. Estamos encantadas de estar en Ourense en Común porque encaixa na nosa estratexia política, asegurou o lider de EU en Ourense. E cun guiño ao “todo poder aos Soviets de Lenin.” dixo “todo o poder a Ourense en Común”, rematou a súa intervención.

Na rolda de prensa tamén compareceu o secretario xeral de Podemos en Ourense, Alfonso Víctor Ferreiro. “Hai como oito meses que decicimos non presentar candidatura propia co noso nome para as eleccións municipais en Ourense, de todos xeitos, cremos no municipalismo, nas candidaturas de unidade popular, cremos nas mareas cidadás”, asegurou. “ “E o día 24 hai que votar, a abstención é un luxo que non nos podemos permitir, e dende Podemos Ourense, cremos que a día de hoxe a única ferramenta que temos as veciñas e veciños de Ourense para trocar esa política no concello, é Ourense en Común”, manifestou o secretario xeral de Podemos en Ourense.

Rescate das persoas

Ourense está paralizado. Ourense é un concello enquistado polo enchufismo e o caciquismo. O concelllo de Ourense ten que dar un xiro de 180 graos. E agora témolo moi claro, despois de ver o traballo e a xenerosidade da xente de Ourense en Común. Porque nos gustan as mareas que desvisten de siglas aos partidos e non deixan manipulalas, e este é un dos casos”, asegurou Alfonso Víctor Ferreiro.

E engadiu “Ourense ten moitos problemas, estase a desmantelar un referente como é a Casa da Xuventude. Ourense antes era coñecida como a Atenas de Galicia, de onde saían literatos, artistas… agora os que saen os os nosos mozos e mozas a un exilio forzados porque non hai oportunidades de emprego aquí, hai que rematar con iso, e dende logo a vella política non o vai facer. Temos unha poboación moi avellentada e un parque acuático non o vai solucionar. Temos moitos problemas como que mandamos á Policía Local a desafiuzar xente e non o dia da Bici”.

En canto ás primeiras medidas que debe tomar o vindeiro goberno municipal o responsable de Podemos Ourense sinalou que “ten que ser o rescate das cidadás, das persoas, porque Ourense como o resto do país vive unha situación de emerxencia social. Iso ten que ser o máis importante e senón estaremos trabucadas”.

Tamén amosaron o seu apoio á candidatura veciñal de Ourense en Común formacións como EQUO, Esquerda Unida (EU), Espazo Ecosocialista Galego, Por un Mundo Más Justo e Demos+.

Chus Boo, candidata número dous en Ames Novo por Espazo Ecosocialista dixo que Ourense en Común saíu reforzada de todo o proceso e “nós apoiamos este movemento , porque pensamos que a colaboración política é o xeito de resolver os problemas que temos actualmente”.

Rafel Fenández, de Por un Mundo Máis Xusto dixo que “No noso partido cremos que a fin da pobreza está na política e por iso decidimos colaborar en Ourense en Común dende o momento que nos chamaron, porque o que buscamos é transformar a realidade política que nos rodea“.

E Miguel Cid, voceiro na mesa Nacional de EQUO tamén quixo amosar o seu apoio a Ourense en Común e á súa candidatura, “estamos en Ourense en Común e momeventos similares en todo o estado español porque cremos que o paso que se debe dar, e que comezou hai catro anos, e que as cidadás non queremos ser actoras pasivas na política. Agardamos que o domingo unha alta participación manifeste este cambio en todo o estado”. E por iso “pedimos o voto para Ourense en común para que o domingo sexa unha festa da participación política”, concluíu Miguel Cid.

Alfonso Fernández de Demos+ “cando me enterei deste proxecto hai meses pensei que era algo que a xente necesitabamos algo en que poder crer, para que a política collese sentido. Agora falta que o xesto da cidadanía nos axudedes co voso voto para poder cambiar a forma de facer política no Concello de Ourense”.

E rematou a militante de Anova, Rita González, explicando a súa implicación con Ourense en Común malia que a formación política liderada polo histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras decidise presentar candidatura propia e rachar a confluencia que tiñan con Ourense en Común. “Unha ducia de militantes de Anova, veciñas e veciños de Ourense estamos a apoiar Ourense en Común,  ben coa nosa implicación e traballo na campaña ben coa nosa presenza testemuñal na candidatura, estamos apoiando unha plataforma veciñal, como Anova Irmandade Nacionalista vén facendo ao longo do territorio nacional”, explicou Rita González.

“Consideramos que cumprimos cos documentos cos que nos dotamos na última Asemblea Nacional, que coinciden coas teses políticas da segunda Asemblea Nacional”.

Anova entende que esquerda e competición por espazos políticos son termos contradictorios, que socialismo e esquerda son sinónimos de colaboración, de acumulación de forzas, de ocupación de amplos espazos sociais, de expansión. Anova non ten vontade de ser organización de transición nin marca electoral”, di unha das teses de Anova, expostas pola militante Rita González, que lembrou o apoio explícito dado a Ourense en Común nun video por Xosé Luis Méndez Ferrín, militante da formación nacionalista e un referente da cultura e literaturas galegas.

 

Ourense en Común presenta medidas concretas de emerxencia social e recibe o apoio de Yolanda Díaz, coordinadora Nacional de Esquerda Unida Galicia

Ourense en Común presenta medidas concretas de emerxencia social e recibe o apoio de Yolanda Díaz, coordinadora Nacional de Esquerda Unida Galicia

  • Ourense en Común asina o ‘Compromiso coas persoas’ da rede Rede Galega de Loita contra a Pobreza — EAPN Galicia nos apartados 5 a 15, un pacto contra a pobreza e pola inclusión social.
  • Crearase un Servizo de Emerxencia Social que atenda a situacións de necesidade social extrema e urxentes.
  • “A loita contra o desemprego ten que ser un grande reto para a Administración Local”, dixo Carlos Miguélez e por iso “crearemos unha Bolsa Social de Emprego Local”.
  • “Só o pobo pode cambiar esta realidade e por iso hoxe estou aquí apoiando a Ourense en Común”, dixo Yolanda Díaz, coordinadora Nacional de Esquerda Unida Galicia.
  • “A esquerda transformadora está para resolver os problemas da xente e para dicir que hai alternativas e por iso hoxe veño aquí para pedir o voto para Ourense en Común “, destacou Yolanda Díaz.

OURENSE. 20/05/15.Ledicia Piñeiro, número dous da candidatura veciñal Ourense en Común, explicou esta mañá en rolda de prensa ante os medios de comunicación na carpa de OUeC instalada nos Xardíns Padre Feijóo o compromiso firme coa loita contra a pobreza. Pobreza que afecta a un 23% das persoas do Concello de Ourense, máis de 25.000 persoas en risco que non teñen para cubrir as súas necesidades básicas, unha situación de emerxencia social. “Tras estudar as propostas da Rede Galega de Loita contra a Pobreza — EAPN Galicia coa que xa tivemos contacto no noso Programa Participativo decicimos na Asemblea polo Común asinar o Compromiso coas persoas nos apartados 5 a 15, un pacto contra a pobreza e pola inclusión social, que tamén asina o noso candidato á alcaldía Miguel Doval”, explicou Ledi Piñeiro.

“Porque no noso concello pásase fame, pásase frío, neste concello desafiuzase á xente, iso o primeiro, e por iso quixemos facer unha análise desta emerxencia social no noso Programa Participativo”, explicou a número dous de OUeC ao referirse ás medidas concretas sobre Benestar Social.

“Esta situación aféctanos tamén a xente moza coma min, que hoxe teño traballo, un contrato ata decembro, pero non sei que vai pasar comigo en 2016. Sei que a miña irmá emigrou de aquí para buscar un traballo, a miña curmá tamén. E iso é o que nos pasa á xuventude, que non temos expectativas de futuro”, dixo Ledia Piñeiro. “E isto é consecuencia de políticas das elites, para as elites, e cada vez os máis ricos teñen máis e cada vez as traballadoras temos menos e somos máis pobres”, engadiu.

 

Servizo de Emerxencia Social e Fondo de Protección Social

E por iso Ourense en Común presenta medidas concretas de emerxencia social como a creación dentro dun Servizo de Emerxencia Social que atenda a situacións de necesidade social extrema e urxentes, dando unha resposta inmediata que as resolva ou remedie, derivando estes casos posteriormente aos servizos sociais para unha solución estrutural e permanente. “A tramitación de axudas de emerxencia social non pode tardar meses e iso está acontecendo, por iso queremos tamén axilizar a lista de espera para ter cita cunha traballadora social do Concello”, apuntou Ledicia Piñeiro.

Ourense en Común porá en marcha un Plan de Emerxencia Infantil no que os centros (educativos e sociais) poidan identificar, ca colaboración de equipos docentes e educadoras de rúa, casos de pobreza ou exclusión social e actuar canto antes dende a súa detección. Tamén realizará un Programa Educativo de Rúa para articular unha rede preventiva socioeducativa de detección de situacións de exclusión e/ou risco de exclusión. Será xestionado por educadoras de rúa que formarán parte, xunto ás traballadoras sociais e ás educadoras dos equipos, dos Servizos Sociais Comunitarios.

“Crearemos un Fondo de Protección Social, para unificar as diferentes axudas municipais de emerxencia e inclusión que existen para camiñar cara unha renda mínima, xestionada dende o ámbito municipal, para soportar a situación de ausencia de ingresos ou precariedade de cada vez máis persoas no noso concello”, explicou Ledicia Piñeiro. “E tamén queremos que o Concello garanta os subministros básicos, polo menos os dependentes da Corporación Local (auga, recollida de residuos, etc.) a persoas e familias en situación de vulnerabilidade”, engadiu.

Para atender as necesidades das persoas que o precisan hai que dotar de persoal aos Servizos Sociais (traballadoras sociais, educadoras sociais, psicólogas, auxiliares de educador e persoal administrativo) e para garantir a cobertura e calidade dos servizos. “Tamén na liña das propostas do compromiso coas persoas de EAPN—Galicia falamos da creación dun Conselllo de Benestar Social, onde estean representadas todas as entidades que traballan no terceiro sector e que institucionalice a interlocución e a participación na construción das políticas sociais e de inclusión do Concello. Nós fomos quen de recoller no noso Programa Participativo a sensibilidade do terceiro sector social e a súa experiencia e queremos trasladalas ás pollíticas municipais de Benestar Social”, asegurou Ledicia Piñeiro.

E a institución municipal, a máis cercana ás cidadás ten que colaborar e pór a disposición das entidades do terceiro sector que operen no territorio os inmobles, infraestruturas e chan que precisen para desenvolver proxectos de inclusión social.

 

Emprego de calidade. Bolsa local de emprego

“Nós cremos que o Concello si que pode dinamizar o emprego”, dixo Carlos Miguélez, o número cinco da lista, que espuxo as medidas do Programa Participativo de OUeC sobre Emprego. A loita contra o desemprego ten que ser un grande reto para a Administración Local. E o desemprego que temos en Ourense é un desemprego estrutural, tamén culpa do desleixo das institucións públicas que non fixeron nada para evitar que que se destruíse emprego” manifestou Carlos Miguélez.

“Crearemos unha bolsa de traballo social. Temos que estudar as necesidades sociais sen cubrir (coidado de persoas dependentes; conservación e recuperación do medio; rehabilitación do patrimonio, infraestruturas e vivenda; reciclaxe e aproveitamento de residuos; servizos educativos, sanitarios e de benestar social…) e en base a esas necesidades cear emprego nestas actividades. Con base no financiamento público e apoiada tamén pola colaboración privada, a través de empresas públicas ou ben de entidades sen ánimo de lucro, xeraranse proxectos para os cales se vaia contratando de xeito paulatino, tendo en conta os orzamentos municipais”, explicou o número cinco da candidatura de OueC, Carlos Miguélez.

Cómpre dar apoio ás iniciativas sociais e emprego por medio de servizos de información e asesoramento, creación de redes de apoio, dotación de infraestruturas e equipamentos e, cando isto sexa posible, por medio do financiamento directo, o establecemento de axudas e subvencións e/ou a contratación directa de persoas obxecto destas actuacións. “A nosa proposta é unha proposta transversal, cremos que o Concello ten infraestructuras que pode ceder a iniciativas positivas para dinamizar o emprego. Temos que poñer en valor as nosas fortalezas como por exemplo, o sector téxtil, a través de cooperativas ou pequenas empresas de traballo social”, afirmou Miguélez. “E nós imos priorizar as contratacións, concesións e axudas a empresas e entidades que demostren un compromiso coa creación de emprego de calidade, engadiu.

 

Yolanda Díaz con Ourense en Común

Acompañando ás candidatas de Ourense en Común estivo esta mañá Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida en Galicia. “Un pracer estar apoiando a Ourense en Común. Veño de Ferrol en Común, veño de Barcelona en Comú, veño de Ahora Madrid, veño da xente do pobo, de xente coma vós. Só o pobo pode cambiar esta realidade e por iso hoxe estou aquí”, manifestou Yolanda Díaz na súa primeira intervención ante os medios de comunicación. E un agradecemento especial para Manuel Peña Rey, histórico do Partido Comunista galego, que pecha a candidatura de OueC e para o que dixo “sen el non sería o que son”.

 

Están preocupados, e teñen que estalo

“Estou feliz de estar en Ourense, estamos percorrendo todo o país e é normal que Núñez Feijóo, que hoxe vai estar en Ourense, esté preocupado, están preocupados, porque a forza da xente do común é poderosísima, o único que pode tumbar ao fascismo financieiro no que estamos a vivir, é xustamente, a colectividade, a unidade popular. Por iso hoxe mandámoslle unha mensaxe a Alberto Núñez Feijóo que se poñan a temblar, porque irromperemos con forza o 24 de maio e faremos realidade as propostas políticas que Ledi e Carlos estaban explicado”, dixo Yolanda Díaz. “Somos xente do común, xente de abaixo e soamente nós podemos cambiar a nosa realidade”, engadiu. “E estou encantada de estar con xente coma min na rúa, porque dende o 15M, aprendimos que todo ten mudado, que non nos representan, que estamos sendo gobernados por un atallo de corruptos e delincuentes e ademais aprendimos que a corrupción é unha forma de goberno, non é unha mazá que está podrida, a cesta está podre, precisan corruptores FCC e todas as multinacionais para que haxa políticos corruptos que se deixan comprar”, destacou a coordinadora Nacional de Esquerda Unida Galicia.

“Están saqueando o público, os que teorizan que non queren intervención estatal eses mesmos son os que van ás admnitracións locais para empobrecernos e saquear as arcas públicas. É o modelo Esperanza Aqguirre, ela representa ben o modelo do que nós estamos a combater”, manifestou Díaz. “Queremos barrer a toda esa pandilla de corruptos e por iso hoxe estou aquí con Ourense en Común”.

De novo Yolanda Díaz fixo referencia ao 15M, xérmolo tamén de iniciativas como Ourense en Común e que comezou a mudalo todo “O 15M puxo en solfa o que hoxe sabemos, que non hai democracia neste país. Eu que veño do dereito, a democracia é que nun pobo haxa garantía de cumprimento dos dereitos fundamentais de todas as persoas. A democracia, como di Alberto Garzón, non é ir a votar cada catro anos, ou cada cinco anos, nas eleccións europeas, a democracia é que se respecten os dereitos fundamentais, e cando hai xente que está sendo botada das súas casa con crianzas, vulnerando a lexislación vixente, o dereito de acceso á vivenda, cando se bota ás persoas das súas casas, aquí non hai democracia, afirmou Yolanda Díaz. “non hai democracia nun país como Galicia onde hai 18.000 fogares con problemas severos de pobreza e cando 1 de cada cinco nenos é pobre, isto é real”, engadiu.

Racharon o pacto constitucional, dando un golpe de estado á constitución pactando que é máis importante o pago dunha débeda que non é nosa, a atender ás persoas”, asegurou Yolanda Díaz, “o que está en xogo é o modelo social ao que nos teñen sometidas. E o sistema capitalista entre pola porta dos concellos, por exemplo privatizando o servizo da auga nos concellos. Hai un saqueo permante dos recursos naturias. O incremento do recibo da auga dende que se ten privatizados nas vilas e concellos galegos é entre un 40 e un 60% máis caro. Hai familias xa que non poden pagar a factura da auga, ou persoas que se lles corta a electricidade, vulnerando a lexislación vixente porque non poden pagar o recibo da luz. E por iso é vital como di o programa de Ourense en Común, rescatar ás persoas. Non queremos que rescaten autoestradas, non queremos que rescaten a banca, 10 mil millóns de euros para o que foi esa estafa de Novagalicia banco. Queremos programas para rescatar á xente, este é a nosa prioridade”, destacou a coordenadora Nacional de Esquerda Unida Galicia, Yolanda Díaz.

Sobre Ourense en Común dixo ademais que “eu sei que a xente valora que se soubera priorizar a unidade, soubera priorizar cales son as necesidades da xente desta cidade, por riba das patrias partidarias. A xente que non pode darlle de comer ás súas fillas dálles igual se eu son de Esquerda Unida ou se Miguel Doval vén do movemento veciñal, dálle igual se hai compañeiros que son de Anova, de Espazo Ecosocialista, de Podemos, dálle igual, queremos estar á altura das circunstancias, e a esquerda transformadora está para resolver os problemas e para dicir que hai alternativas e por iso hoxe veño aquí para pedir o voto para Ourense en Común, concluíu Yolanda Díaz a súa intervención ante os medios.

E rematou a rolda de intervencións o cabeza de lista da candidatura de Ourense en Común, Miguel Doval “agradezo o apoio de todas as miñas compañeiras, grazas Yolanda é un luxo terte aquí”, dixo. “Pero o luxo é encabezar esta candidatura, un privilexio para min, porque Ourense é a miña cidade, á que lle quero. E os datos están aí, un 23% de pobreza nun Concello que presume de superávit, e esquécense da xente que o está a pasar mal, algo está a fallar e algo temos que cambiar, manifestou Miguel Doval. “Cando nos pomos detrás de pancartas defendendo o feminismo e creamos unha casa de acollida e a xestiona unha entidade relixiosa, aludindo falta de recursos, algo está a fallar, algo se está a facer mal”.

“En Ourense en Común practicamos a participación e a transparencia de verdade, as nosas asembleas son abertas e quen quera pode vir e opinar, a nosa campaña, xa vedes, caixas de cartón… Non hai outra opción máis transparente e máis clara que Ourense en Común e por iso tedes que votar Ourense en Común, manifestou Miguel Doval.

 

CONCELLO DE OURENSE

% Poboación en Risco Pobreza / Exclusión (AROPE) 2012 (3) 23.24
PERSOAS en Risco Pobreza / Exclusión (AROPE) 2012 (1) 25.006
COMPROMISO ¿Cantas persoas fora de pobreza e exclusión ao fin do 2016? -3.751
COMPROMISO ¿Cantas persoas fora de pobreza e exclusión ao fin do 2019? -6.251
Investimento real en Actuacións de protección e promoción social 2013 9.221.368
Total Gastos Concello 2013 95.715.562
Investimento por persoa 2013 85.75
Investimento por persoa en pobreza ou exclusión 2013 368.77
COMPROMISO Aumento orzamento Social no 2016 (110 € por persoa/ano) (2) 2.608.252
COMPROMISO Aumento orzamento Social no 2019 (160 € por persoa/ano) 7.985.352
Taxa Ocupación 2014 48.60%
Taxa Desemprego 2014 18.50%
Indicador Transparencia (máximo 100) 90.0%
[metaslider id=2936]
Innovación e Educación

Innovación e Educación

O Centro de Coñecemento compartido A Molinera: un centro de referencia de tecnoloxías creativas e un servizo de asesoramento de iniciativas empresarias innovadoras

Ourense conta cun espazo municipal que non está á disposición das súas cidadás. Un lugar que preserva a memoria do traballo da cidade dende finais do s. XIX, una edificación que naceu coma fábrica da luz e aspira a ser un referente na cidade, que afronta un futuro que pode ser innovador.

A historia ten varios comenzos. No último deles o barrio do Polvorín toma a iniciativa para recuperar o uso dun lugar abandonado. O colectivo Anacos da Cidade recuperou a memoria fotográfica do lugar, nunha acción á que se foron incorporando máis colectivos veciñais. Despois, a administración se encargou, nun proceso cheo de incertezas, de rehabilitar o edificio e de equipalo.

 

Fotografía propiedade de Dona Lourdes González Rodicio, cedida por Miguel Doval.
Fotografía propiedade de Dona Lourdes Glez Rodicio, cedida por Miguel Doval.

Fotografía de Óscar Pinal.

 

 

 

O próximo comezo para A Molinera estase por escribir, dende o momento en que abra as súas portas á cidadanía. Cando o faga, farase cargo do Laboratorio para a recuperación e posta en valor da memoria e o patrimonio oral, gardando así a memoria viva da súa historia.

Como contorna de aprendizaxe e innovación A Molinera debe contar cunha metodoloxía de traballo aberta, transparente e colaborativa. Un ecosistema de aprendizaxe que basee o seu funcionamento en laboratorios onde se aprende traballando en equipo a través de proxectos. Baixo a coordinación e tutela dos mediadores, desenvólvense os proxectos de aprendizaxe mediante un proceso experimental e de investigación no que se aprende a traballar coas tecnoloxías dende a práctica cotiá.

 

Tecnoloxías abertas á creatividade

A clave do proceso está en que o traballo se leva a cabo con tecnoloxías abertas, é dicir, que permiten aprender como é o seu funcionamento, ao mesmo tempo que se adaptan aos diferentes empregos que se lle queiran dar. Permiten e fomentan a creatividade das súas usuarias, que as empregan como ferramentas que poden fabricar e modificar. Durante todas as fases documéntanse os procesos e se publican na rede para que a comunidade comparta os descubrimentos, deseños e melloras.

A historia do dispositivo Arduino é ben significativa de como funciona todo o proceso. A creatividade xoga un papel esencial na aprendizaxe STEAM no que é pioneiro o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). A mesma metodoloxía aberta emprégase nos laboratorios de deseño e fabricación dixital, de electrónica, de programación ou de medios audiovisuais. A filosofía do software libre foi o xérmolo moderno deste xeito de traballar, aprender e espallar o coñecemento.

 

Servizo de asesoramento e diálogo interxeracional

Coma en todo proceso educativo cómpre dotar A Molinera dun equipo de mediadores que poidan facer as tarefas de mentores nos laboratorios, guiar os procesos, facer o seguimento e a coordinación dos mesmos.

Dende Ourense en Común, tamén consideramos que A Molinera ten que ser un espazo de diálogo xeracional e por iso consideramos que se debería promover un Servizo de Mentoring, para asesorar ás iniciativas empresariais e aos novos profesionais, no que persoas con experiencia poidan valorar e apoiar aquelas iniciativas innovadoras con capacidade para xerar emprego.

O cambio de modelo educativo que estamos a vivir nos últimos anos tende a resaltar os aspectos máis conectivistas da pedagoxía constructivista: a construción de significados por parte dos alumnos no seu camiño de aprendizaxe fundaméntase mellor no traballo cooperativo, tecendo redes descentralizadas, para a adquisición de competencias. A implantación desta metodoloxía nas contornas escolares xa é unha realidade.

 

Laboratorios de tecnoloxías creativas

Se atendemos á Impresión 3D, por exemplo, o Informe Horizon 2013 Primaria e Secundaria xa a considera coma unha das tecnoloxías emerxentes que se están a aplicar. O departamento Británico de Educación publicou en 2013 o informe: “Impresoras 3D nas escolas: o seu uso no currículo” que recolle a experiencia piloto de 21 centros educativos na introdución das Impresoras 3D no currículo oficial dos alumnos de primaria e secundaria.

O Centro de Coñecemento Compartido A Molinera pode contribuír, na fase actual, á formación do profesorado dos centros educativos, e á gradual implantación dos laboratorios de tecnoloxías creativas nos currículos oficias dos alumnos como centro de referencia para as escolas, para a Formación profesional e para xerar emprego.

Ao mesmo tempo pode ser o centro de referencia para o programa de Aprendizaxe en común (Learning commons) no que as bibliotecas municipais, e os puntos de lectura, se transforman en centros de recursos, adaptando os seus espazos para engadir os servizos dun centro de novas tecnoloxías, onde a principal actividade é adquirir autonomía para usar Internet como recurso para aprender e investigar.

Impresión 3D alumnos de primaria e secundaria. Fonte Educalab.
Impresión 3D alumnos de primaria e secundaria. Fonte Educalab.

Ligazóns para saber máis:

Informe Horizon 2013
http://blog.educalab.es/intef/2013/06/24/informe-horizon-2013-primaria-y-secundaria-tecnologias-1-a-5-anos

Departamento Británico de Educación sobre o uso de impresoras 3D na educación:
https://www.gov.uk/government/uploads/system/uploads/attachment_data/file/251439/3D_printers_in_schools.pdf

Arduino [Arduino: O documental 28 min.] https://archive.org/details/Arduino.TheDocumentary.Spanish

Software Libre (segundo a definición da Fundación para o Software Libre, creadora do proxecto GNU)
http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

photo_2015-05-20_16-30-51

Ourense en Común consegue financiar a totalidade da súa campaña electoral, 5.500 euros coas achegas de 73 mecenas

Ourense en Común consegue financiar a totalidade da súa campaña electoral, 5.500 euros coas achegas de 73 mecenas

  • A campaña de achegas é todo un éxito. OUeC ten máis sementes das que agardaba, as doazóns xa superan os 2.500 euros, grazas á colaboración de 55 persoas e a campaña segue aberta.
  • Para axudar a través de microcréditos rematou o prazo ao dispor xa dos 3.000 euros de obxectivo, acadado grazas a 18 mecenas.
  • A xestión económica de OUeC depende das persoas e non das entidades financeiras e baséase na rendición de contas e na transparencia.

Ourense 19/05/2015.– Hoxe Ourense en Común quere dicir: Graciñas!. Polo voso xeneroso apoio, OUeC non tivo que pedir ningún crédito bancario nin depender de ningunha empresa nin asociación para financiar a totalidade dos actos da súa campaña electoral.

Conseguimos o noso obxectivo e grazas á colaboración das veciñas e veciños do noso concello podemos custear as actividades culturais e de lecer que OUeC organizou para as dúas fins de semana do tempo de campaña e os actos e encontros que estamos a desenvolver todos os díaslaborais. Aquí un desglose de tódolos gastos:

http://ourenseencomun.gal/as-contas-da-campana

As doazóns continúan abertas despois de superar o noso obxectivo, 2.590 euros, mesmo antes de chegar ao 18 de maio. 55 persoas polo de agora puxeron a súa semente. Si se pechou xa a posibilidade de achegar microcréditos, ao ter acadados os 3.000 euros que tiñamos marcados como límite. Para as 18 persoas que empregaron esta fórmula para custear a creativa e austera campaña de Ourense en Común, que saiban que lle devolveremos o cento por cen do seu empréstito unha vez recibida a subvención por gastos electorais.

“Esta campaña de doazóns permítenos facer unha campaña independente e manter a nosa total autonomía das institucións financeiras. O obxectivo de Ourense en común é a autoxestión e contar coa implicación da xente, das persoas”, explicou Montse Malvar, candidata número oito na lista de OUeC.

Dende Ourense en Común falamos de transparencia e apostamos pola transparencia, unha palabra que ao mesmo que participación está en boca xa dos candidatos e candidatas de tódolos partidos debido á urxente necesidade de facelas chegar ás institucións… Pero, que partido ten as súas contas abertas?.

 

40 anos de goberno de PP-PSOE, para que?

“O Partido Socialista e o Partido Popular están negociando o Tratado de Libre comercio en Bruxelas que o que fai é quitar poder ás administracións locais, e ás administracións públicas e darllo ás multinacionais, e abren o campo para que sexan as multinacionais as que controlen todo o mercado. E isto prexudica ao comercio local, aos produtos locais, á nosa agricultura e á nosa gandeiría”, asegurou o noso candidato Carlos García Martel, número once da candidatura veciñal de OUeC.

“Falan de escoitar ás veciñas, pero isto fano antes das eleccións. Falan do interese xeral pero reforman a Constitución para favorecer aos bancos. Falan de progreso e emprego e tras 40 anos de goberno de uns e outros o que temos hoxe é precariedade desafiuzamentos e emigración”, engadiu García Martell, o noso candidato de OUeC.

O Partido Popular fala de defender Ourense, pero imos deixarnos enganar unha vez máis ou por fin as ourensás e ourensáns imos facer algo para mudar as cousas?” interpelou Carlos Carcía Martell.

Sementando xuntas, recolleremos xuntas!

Por un Concello para as persoas!

 [metaslider id=2840]

Ourense en Común aposta pola remunicipalización de servizos como a auga ou a recollida de lixo como garante dunha xestión responsable e sustentable

Ourense en Común aposta pola remunicipalización de servizos como a auga ou a recollida de lixo como garante dunha xestión responsable e sustentable

  • “A xestion pública da auga é máis barata e eficiente. A súa privatización só lle fixo ben aos corruptos”, asegurou Ángeles Faraldo, candidata de OUeC.
  • “O sistema Sogama non funciona e está a hipotecar o noso futuro”, afirmou María Durán, candidata de OUeC. “Temos que pór en valor o 50% do noso lixo orgánico para compostaxe”.
  • Incentivar a produción local e promover redes curtas de distribución fronte ao consumo masivo de importacións non só é coherente con este legado, senón que fortalece a economía local, crea emprego e conserva a paisaxe e a biodiversidade.

OURENSE. 13/05/15.– Ourense en Común continúa esta semana cos actos da campaña electoral cos Encontro de Barrio. Hoxe luns o acto desenvolveuse na praza da Lexión, no Barrio da Carballeira. Alí as candidatas de de Ourense en Común para estas Municipais 2015, Xosé Dorrío, María Durán, Ánxeles Faraldo e Montse Valencia, número catro da candidatura, mantiveron un diálogo cas veciñas do barrio e escoitaron as súas inquedanzas. Dinamizando o acto estivo o candidato Carlos García e como invitado o encontro contou con Victor Barro, activista no ecoloxismo ourensán dende hai 15 anos.

As candidatas de OUeC trasladáronlles ás veciñas da Carballeira as propostas recollidas no Programa Participativo en materia de Sustentabilidade: xestión da auga, residuos e enerxía.

 

Sen auga non hai vida

Desde a Nova Cultura da Auga, entendemos este recurso como ben finito indispensable para a vida que precisa ser xestionado con eficiencia e solidariedade. Garantir o acceso universal á auga como dereito básico humano obríganos a posicionarnos fronte á mercantilización da que vén sendo obxecto nos últimos anos, con incremento nas tarifas, falta de responsabilidade no impacto ambiental, escandalosas marxes de beneficios e mesmo cortes na subministración.

Ao igual que outros servizos municipais básicos, OueC apela á remunicipalización da auga como garante de xestión responsable. Mentres non sexa posible, o Concello deberá protexer a titularidade pública do recurso, exercer unha vixilancia estrita e transparente da concesionaria e poñer o foco na demanda, garantindo unha dotación mínima e de calidade por persoa. A xestion pública da auga é máis barata e eficiente. A súa privatización só lle fixo ben aos corruptos, asegurou Ángeles Faraldo.

Coa construción da nova depuradora xa en marcha, velaremos por unha correcta execución con impacto ambiental mínimo. O noso compromiso coa auga o é tamén cos seus ecosistemas; en Ourense o dos ríos, auténticas arterias do territorio.

 

Reducir, descentralizar, compostar

A xestión do lixo é unha das competencias ambientais de maior impacto nun Concello e máis susceptible de xestión directa. Así a todo, a área continúa a estar en mans privadas, pagar e esquecer o problema. Ata que se converte en algo insostible. “O sistema Sogama non funciona e está a hipotecar o noso futuro”, afirmou María Durán. “Temos que pór en valor o 50% do noso lixo orgánico para compostaxe”, engadiu.

É posible recobrar progresivamente as competencias na xestión do lixo comezando polas estratexias de recollida: sistema de retorno de envases e recollida selectiva en orixe. A recuperación da planta de compostaxe municipal pode dar solución ao lixo orgánico, o que máis pesa na nosa bolsa. E hai que actuar na orixe do problema, concienciando na redución de residuos e a reutilización. “Comprometernos co obxectivo residuos cero.

 

Somos o que comemos

As políticas alimentarias apenas tiveron oco nos programas electorais. Sorprende que nunca se levase ao debate público o que comemos cada día. O control sobre a produción e consumo de alimentos non só é garantía de saúde: ten consecuencias no medio e na economía.

Cunha gran superficie de chan municipal aínda verde e rural, Ourense é un concello privilexiado para construír a súa soberanía alimentaria. Aínda existe cultura do alimento de proximidade, e prácticas comerciais, coma o rianxo, que son parte indiscutible do noso patrimonio inmaterial.

Incentivar a produción local e promover redes curtas de distribución fronte ao consumo masivo de importacións non só é coherente con este legado, senón que fortalece a economía local, crea emprego e conserva a paisaxe e a biodiversidade. Mudar hábitos para mudar a realidade. OueC quere para Ourense un sistema propio de produción e consumo agroecolóxico e de proximidade, libre de transxénicos e rico en oportunidades para o noso perímetro rural.

Neste sentido, María Durán manifestou que “o Concello ten que ser mediador entre as propietarias das terras e as persoas dispostas a cultivalas”.

 

Espazos verdes, garantía dun futuro mellor

Urxe protexer, regulamento en man, os espazos naturais que aínda conservamos, bosques, ribeiras fluviais, do urbanismo descontrolado. Ou mudar o concepto de zonas verdes urbanas, revalorizándoas como espazos de encontro social e co medio, que fomenten modelos de ocio saudable. Ou mesmo recuperar para a cidadanía lugares que non se souberon incorporaren ao tecido urbano, coma son os camiños abandonados ou grandes áreas do anel rururbán. Neste sentido Victor Barro sinalou “os espazos verdes garanten aire puro e o lugar onde atoparnos e relacionarnos como sociedade”.

Pero a estratexia non pode pasar só por actuar no territorio, cómpre avanzar tamén na transformación social. OueC cre na Educación Ambiental Permanente como poderosa ferramenta de cambio. Hai que educar no uso responsable dos recursos pero tamén no coñecemento da paisaxe e, sobre todo, no respecto aos seres vivos, condenando calquera clase de maltrato animal e preservando a biodiversidade.

Carlos García, candidata número 11 de OUeC subliñou que Ourense ten un gran potencial para xerar riqueza e asegurar un futuro próspero para as vindeiras xeracións.

“Hai quen di que o concello non pode crear emprego. Nós apostamos por apoio á economía social, ás cooperativas, o emprego público”, dixo Xosé Dorrío, candidata de OUeC.

[metaslider id=2780]
GASTAR MENOS, VIVIR MELLOR

GASTAR MENOS, VIVIR MELLOR

Unha aposta pola Sustentabilidade e o Medio Ambiente no noso Programa Participativo

Plantexámonos como meta camiñar nos vindeiros catro anos cara o desenvolvemento sustentable. Ou sexa, facer de Ourense unha cidade na que os seus habitantes “vivan mellor” sen comprometer a calidade de vida das xeracións futuras. Non podemos facer propostas para unha lexislatura porque na política, como na vida, as cousas importantes de verdade tardan moito máis en xermolar. Pero si podemos sinalar polo que traballaremos nos vindeiros catro anos e dende o minuto un en materia de Sustentabilidade e Medio Ambiente, baixo catro principios:

ÉTICA:
Administración que dá exemplo.
SOBERANÍA:
As grandes decisións sobre a auga, a enerxía e o territorio teñen que estaren mans da xente.
AFORRO:
Vivir mellor consumindo menos e desperdiciando menos.
BO VIVIR:
Unha cidade máis segura, menos ruidosa e contaminada. Ríos limpos e alimentos sans.

Pode ser difícil de imaxinar un Ourense no que todo o que propoñemos suceda, pero resúltanos moito máis difícil pensar en que nada de todo isto se leve a cabo. Porque:

  • É viable técnica e economicamente, se non todo a curto prazo, si a medio prazo.
  • É preciso para garantir os recursos naturais e polo tanto o “bo vivir” da xente de Ourense: O aire respirable, os alimentos sans e a auga limpa.
  • É xusto, xa que queremos ser donos e tomar as decisións da enerxía que producimos ou dos alimentos que comemos.
  • É sustentable porque garantizan a calidade de vida das xeracións futuras mellorando a nosa propia.

ÉTICA

Unha administración que sexas quen de construír unha cidade sustentable deben facelo dando exemplo:

  • Implantando a compra pública verde nos gastos da administracións. Convertindo o respeto aos recursos que nos permiten vivir ben (menor contaminación e impacto ambiental) como un criterio de compra.
  • Faremos que o 100% do consumo do concello sexa renovable gracias as novas cooperativas comercializadoras do mercado libre que xa operan en Galicia. Implantando enerxías renovables e impulsando a eficiencia nos edificios municipais como xa se fai en moitos paises do noso entorno.
  • A través dunha fiscalidade que premie as actividades económicas respetuosas co medio e grave a aquelas que non o son. Xerando un efecto contaxio en todo o tecito produtivo da cidade e en particular no pequeno comercio, local e respetuoso co medio.

SOBERANÍA E AFORRO

Consumimos recursos naturais que non son infinitos como a auga ou a enerxía. Ao mesmo tempo que producimos residuos como se a a capacidade de xestión fora infinita. Permitimos así que os cidadáns de Ourense sigan a pagar taxas abusivas por unha mala xestión privatizada. Por iso propoñémonos:

  • Velar pola correcta execución da nova depuradora xa en marcha que permita resolver esta débeda histórica da cidade. Ademais, propoñémonos implantar un plan de aforro de auga comezando polos xardíns municipais, o aproveitamento de augas de depuración e pluviais.
  • Avanzar cara outro modelo de recollida do lixo. Xusto e sustentable. No que a parte orgánica poida ser separada para compostar. Aproveitanto a planta municipal de compostaxe que xa existe e implantando a compostaxe doméstica na area rural.
  • É preciso abaratar a factura do lixo, da auga e da luz para aquelas familias que usan estos servicios de forma responsable e eficiente e grabar a aqueles que a malgastan

BO VIVIR

Cando falamos de arterias dunha cidade con frecuencia se pensa no tráfico. Aquelas rúas de maior densidade de coches. En cambio, en Ourense en Común creemos que a xente o que dá vida ás nosas rúas e as prazas e zonas verdes son os pulmóns e os grandes órganos que fan destaunha boa cidade para vivir.

Para iso propoñemos:

  • Desprazarnos con seguridade, sen ruidos e sen contaminación. Sinónimo de poder facelo a pé, en bicicleta ou en transporte público. Eso faremos dende o concello a partir do día 24 a través dun urbanismo pensado para a xente.
  • Converter os espacios públicos en lugares de encontro, intercambio, xogo, ocio e no que poder desenvolver actividades deportivas e culturais.
  • Mellorando as zonas verdes xa existentes a baixo custe, coa participación das persoas e con moita imaxinación.

Este é o teu proxecto para “camiñar cara unha cidade sustentable” a longo prazo, moito máis alá desta lexislatura. Pero nesta lexislatura cómpre comezar. Trátase simplemente de recuperar o poder sobre o noso “ben común”.